CAMPANARI,JOSE / OLMOS,ROGER
Un elefante gris con lunares morados, que vive nunha selva, namora dunha formiga negra con cintura de avespa. O seu amor é correspondido, pero para estaren xuntos quédalles un longo camiño por percorrer. A formiga convida o elefante a que a siga, e este, sen pensalo dúas veces, vai detrás dela. Percorre unha senda bordeada de árbores, métese ata o fondo dunha cesta de costura, nada dentro dunha botella de auga
Despois de moito andar, o elefante e a formiga atópanse e gozan do seu amor. Un amor con cintura de avespa e lunares morados
que non ten nada de raro!
José Campanari, despois de máis de vinte anos de traxectoria no mundo das artes escénicas e da narración oral, preséntanos neste seu primeiro álbum ilustrado unha historia divertida, delirante e surrealista. Con gran sentido do humor, Campanari crea un personaxe entrañable capaz de percorrer calquera camiño, por difícil que pareza, na procura do amor verdadeiro. Pero unha lectura máis profunda de Sígueme! descubriranos tamén unha historia de amor sen prexuízos, cuns protagonistas capaces de superaren calquera tipo de diferenza ou barreira (tamaños, cores, culturas, hábitats
).
Roger Olmos aproveita o ton surrealista da historia para idear espazos imposibles, cheos de humor e tenrura, pero que o ilustrador converte en verosímiles. Alén diso, enriquece con todo luxo de detalles e trazo destro os distintos escenarios. Pero a empatía do lector non se logra só a través das imaxes, senón que este, en cada nova lectura, será sorprendido con notas de humor que estimularán a súa curiosidade e imaxinación.