ORDÓÑEZ, RAFAEL / TAEGER EGGIMANN, MARC
Na inmensa sabana o león dorme, ronca, soña.
Soña o león cun melocotón
O león esperta coa boca aberta.
Entón lémbrase do melocotón dourado
, saboroso
, delicioso
O león estírase, levántase, despois mexa detrás dunha planta.
Ole o aire e ponse en marcha
Elefante comellón é un divertimento literario protagonizado
por varios animais: o león, a pantera, a gacela, a galiña, a ra...
a cada un antóxaselle unha froita e, percorrendo a sabana,
buscan onde saciar o seu apetito. Trátase dun relato humorístico
de estrutura acumulativa e repetitiva que establece un divertido
xogo de palabras rimadas, polo que resulta especialmente
indicado para ser contado a primeiros lectores.
Rafael Ordóñez enriquece o texto con fragmentos narrativos
e diálogos entre os personaxes, polo que o alcance desta obra
faise extensivo tamén a lectores autónomos.