ROBERTO MALO FRANCISCO JAVIER MATEOS
O novo rexente herdou un reino inmenso, con ducados, marquesados, territorios de ultramar.?Herdou tamén unha débeda de cen mil moedas de ouro cun perigoso cabaleiro da fronteira: o cabaleiro Negro.
A historia dun rei en dificultades non é nova, tampouco que o monarca decida recorrer a un habilidoso espadachín para acabar cos seus problemas. Con todo, esta historia pouco ten de conto tradicional: nin o é no ton, nin na linguaxe, nin tampouco no desenvolvemento da trama.
Un álbum que rende unha divertida e xusta homenaxe a todas as nais.