LÓPEZ HORRO, DENÍS / PAYNO, MARCOS / TORRADO BLANCO, VALENTÍN
Este non vai ser un paseo para preguiceiros. Vai ter que esforzarse moito o teu tacto, o teu gusto ?haberá comida a eito?, encherás o teu ouvido con imaxes marabillosas... E sobre todo vai ter que traballar a feito o músculo de pensar, ese sentido que non se ve, que lle chaman imaxinación. Espero que a teñas ben adestrada porque lle imos ofrecer en doses moi altas o alimento que máis a excita: os debuxos, a música e as palabras.
(Xurxo Souto)
Música interpretada pola
Orquestra das Ánimas
Coas voces de:
Antón Reixa - Xurxo Souto - Ugia Pedreira
Pulpiño Viascón - Carcía MC, Ico
Manolo Maseda - Coralie Yap-Chine