Búsqueda de Editorial : XERAIS / Colección : POESIA

48 resultados

  • A TETA SOBRE O SOL
    NOVO, OLGA
    Desde todos os confíns da terra e dos tempos se sabe onde residen a beleza e a verdade, aínda que todo se cale e todo se tema porque a paixón se controla furiosamente baixo o disfrace do decoro, baixo a presión da conveniencia, baixo as sete chaves do inferno da mentira e do desamor. Por iso onde escribamos lugar entenderán patria e onde digamos desexo entenderán provocación: t...
    Disponible

    12,95 €

  • METAFORA DA METAFORA
    QUEIZAN, MARIA XOSE
    «Metáfora da metáfora» é unha reflexión sobre a palabra literaria como forma de poder e, en última instancia, sobre o poder da palabra nunha meditación sobre o amor sancionado pola tradición literaria masculina e sobre a necesidade de inventar novos paradigmas. ...
    Disponible

    12,95 €

  • 831-URB
    LOPEZ RODRIGUEZ, MANUEL
    «831-urb» é un exercicio arquitectónico de ambiente ciberpunk onde o ser humano cre recoñecerse. Este libro de poesía foi gañador do XXVI Premio Johan Carballeira. ...
    Disponible

    12,95 €

  • ULTRALUZ
    COSTAS, LEDICIA
    «Ultraluz» é un bosque que alberga as criaturas máis escuras. O universo particular da autora estoupa nestes versos onde a infancia se abre paso entre a fantasía, o asombro e a morte. Con esta obra, Ledicia Costas gañou o XX Premio Afundación de poesía. ...
    Disponible

    12,95 €

  • MATERIA
    CASTAÑO, YOLANDA
    Legados, relacións e ata proxeccións familiares: velaí a materia da que estamos feitas. Tanto na súa líquida versión capaz de humectar as raíces antepasadas, coma na solidez do que hoxe nos conforma mesmo se só asoma unha parte, ata a volatilidade gasosa dun futurible familiar. Dende a memoria histórica aos clarescuros da renuncia á maternidade se tratan nesta poderosa proposta...
    Disponible

    13,50 €

  • CANTARES GALLEGOS
    CASTRO, ROSALÍA DE / CEBREIRO, MARÍA DO
    Rosalía de Castro (1837-1885) é a voz emblemática da nosa literatura, símbolo do Rexurdimento cultural no século XIX, e Cantares gallegos, publicado por vez primeira o 17 de maio de 1863, representa o primeiro gran paso cualitativo cara á madurez poética de Galicia. Inspirada nas raíces do seu pobo, nos ritmos e fórmulas tradicionais, na fala viva, nos costumes e nas xentes que...
    Disponible

    16,95 €

  • OS MIL E UN DÍAS
    VILLAR ALONSO, CARMEN
    «Os mil e un días» é unha escolma de fotopoemas, un carreiro trazado a través de anos de feliz coexistencia de imaxes e letras que se miran no espello e ás veces ata discuten. O resultado é unha posible viaxe cara ao centro da poeta e da súa memoria. Nese percorrido, desexos de ser illa malia nacer península e chaves que xa non abren conviven con lembranzas de lobos a distancia...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    12,95 €

  • SALÓN DE TÉ
    GÓMEZ, LUPE
    Lupe é unha garza elegante que nos convida a tomar té no seu «chanoyu» poético. O ritual é inmutable, a auga quente infusiona as follas mentres lemos cartas antigas e sentimos a levidade das montañas. Aniñan bubelas nas pastas de améndoa. Lupe le versos de «Salón de Té» e as paisaxes latexan nas cuncas de delicada porcelana. Nesta cerimonia, a beberaxe deliciosa é unha senda lí...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    12,95 €

  • DO ABRAZO
    ALLEGUE, AZUCENA
    Os abrazos son de cor verde e crían bolboretas. Son simbióticos e soan a ritmo de rock. Veñen sen instrucións de uso, pero teñen uns pasos moi claros e marcados. Son flexibles e adaptables, sempre emocionais. Abrazos vividos e non vividos, apertas pensadas e repensadas, abrazos imaxinados, esquecidos, lembrados, e mesmo abrazos deixados a deber. ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    12,95 €

  • BAIXO TERRA. NO AR
    LÓPEZ RODRÍGUEZ, MANUEL
    O que pode ser e non é garda a esencia mesma do poema. Todo o que está prohibido agocha, en si mesmo, a orixe primeira que ilumina o sendeiro que hai que percorrer, cuxo trazado delictivo queda fóra das normas castradoras da tribo. En «Baixo terra. No ar» un personaxe en estado de ansiedade loita contra a realidade por atopar a porta de fuxida. Só no instinto fica a propia cond...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,50 €

  • A ÁRBORE QUE DÁ AS LÁGRIMAS DE SHIVA
    SÁNCHEZ IGLESIAS, CESÁREO
    «A árbore que dá as lágrimas de Shiva» nace da desposesión, de desaprender. Na visión do sagrado é templo a árbore, a pedra pintada, a máis delicada alfaia mogol. O poeta vive dentro de si o intemporal humano. Sente o desamparo dos «invisíbeis», vulnerado pola súa mirada até ferilo e facelo sangrar. Desde o interior da linguaxe que lle nace do propio idioma, nomea o que perman...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    18,95 €

  • INTIMIDACIÓN
    COLECTIVO MAIAKOVSKI
    Que nos intimida ante o que vai acontecer? Que medo acirra os latexos dos nosos corazóns? Que alento xélido lambe as nosas calugas? Que parálise eiva os nosos espíritos para que non se desanoen en liberdade? Que veleno empezoña o fluír axitado do noso sangue? Que nos detén, arrepiados, diante dos espellos? Que ameaza o futuro, cada intre do futuro? A intimidación converteuse no...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    12,95 €

  • INTEMPÉRIOME
    ARIAS, XELA
    «Intempériome», o derradeiro libro de poemas publicado por Xela Arias en 2003, racha, desde o propio título, as convencións lingüísticas para facer un uso libre, exploratorio e rebelde da sintaxe e da voz, examinando o territorio da existencia, do amor e da morte. A través dos versos flúe a sinceridade dunha poeta aberta, espida, que rompe a palabra para inxectarlle significado...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    15,50 €

  • LIXEIRO
    RAMOS, ISMAEL
    «Lixeiro», o terceiro libro de Ismael Ramos, é unha reflexión sobre os desencantos do presente e a procura dunha transcendencia que non chega. A precariedade, a amizade no transo á idade adulta, unha parella que se desintegra, unha irmá que medra, lebres que cruzan a estrada sen mirar, traballadores en barco, tren, autobús... Todos eles atravesan este poemario, que foxe coma un...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    12,95 €

  • OS PAXAROS E OUTROS POEMAS
    SALGADO, DANIEL
    «Os paxaros e outros poemas» é unha indagación e un dó, unha elexía e un axuste de contas, un pasmo e unha luz ferida. A escrita detense na materia. Trata da lama e do dereito á beleza. Investiga a textura interna da castaña e a absurda variación da morte. Hai política, sempre hai política, e un catálogo de paxaros, porque así se comprende mellor o delicado transo en que nos at...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,50 €

  • NINGUÉN MORREU DE LER POESÍA
    ALDAOLADO
    Ninguén morreu de ler poesía é unha instantánea do país da poesía, unha postal, unha guía de viaxes, un souvenir, un «estiven en Aldaolado e acordeime de ti». Pégao na porta do frigorífico. Técelle un tapete de fío e pono derriba da tele. ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,50 €

  • A GUERRA ERA CONTRA NÓS
    DA AIRA, CARLOS
    «A guerra era contra nós» é unha visión metafórica, poética e mítica da humanidade que se constrúe como un compendio de premonicións, relatos e lendas que explique o porqué, o como, o para que do pasado, presente e futuro da nosa condición humana. Por que a humanidade aínda non vive libre e feliz despois de milenios de historia? Que acontecería se a única linguaxe posible fose ...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • DENTE DE LEITE
    NOGUEIRA, ARANCHA
    dente de leite é ante todo un libro nostálxico, sobre a inocencia perdida, que parte do recordo dun verán na infancia. O cotián, desde a tenrura e a lucidez dunha nena, vai amparado na figura totémica da nai, omnipresente no proceso de aprendizaxe da cativa, malia que no futuro a lembranza converte a nai nunha estraña, como case todo o que poboaba a nenez. En dente de leite, am...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • ÓRBITA
    DO AR, LARA
    " Órbita " recolle as voltas da intimidade contra o Universo, o baile que non se deixa guiar, implacable. As viraxes dunha década peneirando a luz ata o punto certo. Afiando a lixa para queimar o veo. Nunha orde inversa, móstranos a translación da identidade, a dixestión das estacións para liquidar as estrelas. ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,50 €

  • ONDE NACEN AS HEDRAS
    VARELA, ANA
    " Onde nacen as hedras " é un libro que agroma dun derrubamento e constrúe a cartografía dunha caída, do proceso de perda e abandono. Os poemas sitúannos no lugar do oráculo que todo o ve, desde os sinais que anuncian a primeira fenda até que nos asomamos ao oco, a ruína mesma. Alí, onde nacen as hedras que cosen a memoria e terman da palabra, fica só o poema como testemuño d...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,50 €

  • SANDALIAS VERDES, ZAPATOS AZUIS E CANS NEGROS
    G. REGO, PILAR
    Os versos de Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros flúen do goce do tempo, da luz nas pernas, das cicatrices xusto onde agroma a vida, do niño esfiañado e do adeus. Hai que descalzarse para transitar pola propia vida. Só ti podes arrastrar a túa armadura e acostumarte a vivir cos cans negros pegados ás pernas. Hai que aprender das árbores e pasar ao próximo anel, físgo...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • FORNELOS & FORNELOS: TERCEIRA FUNDACIÓN
    QUINTIÁ, XERARDO
    A través dunha arquitectura sólida e un universo poético enlazado na mellor tradición literaria occidental e galega, Xerardo Quintiá ofrece en Fornelos & Fornelos: terceira fundación un poemario entendido como unha proposta aberta, non pechado en si mesmo, que se revela como o fragmento dun corpo poético concibido como Obra Única. Aquí, a palabra procura redimir os espazos fí...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • ROSALÍA FEMINISTA
    DE CASTRO, ROSALÍA
    A poesía de Rosalía de Castro agroma nun triángulo de furias: a reivindicación das mulleres; a meniña gaiteira que tatexa palabras inaugurais dunha nación non prevista; e a ira contra a precariedade, a compaixón polas persoas inocentes e tristes, a certeza da vulnerabilidade. Nese triángulo de furias afírmase a Rosalía feminista. Dálle voz á moza, á violada, á solteira, á vella...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,50 €

  • TRANSMATRIA
    ASOREY VIDAL, DANIEL ASOREY
    Transmatria é un libro contundente, comprometido, con versos que agroman do corpo e da súa capacidade transformadora. Os seus poemas constrúen unha escrita a favor da dignidade, das identidades sexuais e de xénero, empregando unha lingua que quere renacer, renovarse e ser libre. Este libro de Daniel Asorey Vidal abre un espazo sen muros, pon en valor a sociedade desposuída e ba...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,50 €

  • AS BOLBORETAS DO MEKONG
    SÁNCHEZ IGLESIAS, CESÁREO
    No seu delta, o Mekong é chamado Río dos nove dragóns, porque abre en grandes brazos e milleiros de canles coma veas dun corpo fluvial. Evoca xungla, mantras budistas e fedor xelatinoso e pegañento do mortal napalm. Coas imaxes televisadas dos bombardeos dos B-52 na memoria da adolescencia, e levando no fardel a dor colectiva da Illa de San Simón, o Portiño, Aranga... ou Sabra ...
    Consultar disponibilidad

    20,50 €

  • GALICIA EN BUS
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    " Galicia en bus " é un libro de poemas que traza un percorrido íntimo e, ao tempo, social e colectivo, desde unha perspectiva feminista, articulando un mapa cartográfico que funde o territorial coas lembranzas persoais e o propio corpo. Este libro, co que a escritora María Reimóndez gañou a XX edición do Premio Johan Carballeira do Concello de Bueu, afonda na identidade perso...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • SOÑOS. ARQUIVOS. CARTAS
    CEBREIRO, MARÍA DO
    " Soños. Arquivos. Cartas " é unha obra experimental e aberta que entra en diálogo co diario poético e co xénero epistolar, explorando os puntos de xuntura entre estas dúas modalidades de escrita. Fronte á tradición que ve no poema o reino da expresión subxectiva, o libro sostén que a poesía é un xeito privilexiado de apertura aos outros. " Soños. Arquivos. Cartas " componse...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • CULPABLE
    RÍOS, ELI
    «Declárome culpable: / asasinei o eu lírico». Estás convidada, querida persoa lectora, a participar neste crime e a acumular a ficción da cultura de masas e da " high art " . Avisada quedas desde agora: has ter que tomar decisións: unha corredoira ou a outra. Nunca no medio. Soltarás cancelas (enxértese unha advertencia aquí) e bosquexarás sorrisos neste enredo paranoico dos ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,50 €

  • A CADENCIA DA FRACTURA
    XUBÍN, ISAAC
    O neno acudía sempre á liturxia e chegou a ser consciente da relevancia das contradicións, o seu significado, aprender a desobedecer. O neno nacera, de feito, no lugar en que abrolla a propia execución da cerimonia que cantaba a praxe dunha supervivencia que despois o obrigou a desfacerse de todo aquilo que daba forma ao culto, tivo que aprender a cruzar os ríos. Foi así como p...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,50 €

  • BEIXOS DE LINGUA
    BARREIRO, PACO
    Os fonemas bulen, choutan de palabra en palabra. A palabra préndeos e a propia acción da apropiación ten consecuencias, crea o ser, o significado. E nace o xogo, neste caso o palíndromo «o ser para preso».Este libro é a consecuencia de xogar co xugo dos fonemas, o son da lingua. «Cando apreso fonemas non só teño unha presa, a palabra; tamén aprendo, conformo ideas e recibo o be...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,50 €


01 02