Búsqueda de Editorial : XERAIS / Colección : MERLIN 9 ANOS

20 resultados

  • A MIÑA AMIGA INVISIBLE
    SANTIAGO, EDUARDO
    Cando a súa familia abandona a cidade para vivir nunha aldea preto do bosque, Uxía descobre un mundo descoñecido onde nada é o que parece. O veciño máis próximo é un apicultor rabudo que non quere que ninguén se achegue ás súas colmeas; a nova escola tampouco é como esperaba: está farta de soportar o acoso e as burlas dos máis brutáns simplemente polo seu aspecto e por ser máis...
    Disponible

    12,95 €

  • NEREA. A INVASIÓN DOS TRASTOS
    PRADO, PABLO / ROJO, MIGUEL
    Tes mensaxes de no móbil pendentes de ler Algún capítulo da túa serie favorita sen ver Pasaches esa fase tan difícil do videoxogo de Súper Cario ... Que tal se miras o que está a acontecer ao teu redor A invasión dos trastos comezou! Nerea regresa cunha nova aventura chea de humor sobre os excesos no uso das novas tecnoloxías. ...
    Disponible

    13,95 €

  • RINGO. MEMORIAS DUN COELLO FEDELLO
    NOGUEIRA, PABLO
    Ringo é un coello que forma parte dun impresionante número de maxia do mago Leo. A causa dun erro na execución do truco, un día aparece nun lugar descoñecido, lonxe do circo. En compañía de Brétema, que o atopa perdido, e dos amigos Gada e Aldán, vivirá aventuras e enfrontarase a perigos mentres tenta regresar ao Circo Fantabuloso: unha comunidade de artistas onde cadaquén expr...
    Disponible

    12,95 €

  • MURIEL. CAOS NO LABORATORIO LÁCTEO
    CANOSA, MARÍA
    Muriel e o inseparable raposo Blim viven unha calma apracible no seu castelo. Apenas reciben cartas e botan en falta os atafegos doutra época. Mais todo muda logo dun lixeiro estrondo no laboratorio. A maxia e a ilusión envólveos por completo e involúcraos nunha misión fermosa e entrañable que, ademais, lles abrirá as portas da sospeita. Serán quen, os dous compañeiros, de dese...
    Disponible

    12,50 €

  • ÁNXELA E SPENCER
    MEIXIDE, CARLOS
    Na aldea onde vive Ánxela, os muíños do parque eólico deixaron de xirar coma todos os días. A xente di que houbo un accidente, que unha avioneta se estrelou contra eles, que o exército anda a facer pescudas pola contorna... As preguntas aumentan cando Ánxela atopa, no galiñeiro da súa casa, un peluchiño adorable con aspecto de toupa. Di que se chama Spencer. Pero... Quen é De o...
    Disponible

    12,95 €

  • UNHA VECIÑA DE PELÍCULA
    MISA, IRIA
    O verán preséntase longo e aburrido para os xemelgos Elsie e Simón, mais todo dá un xiro inesperado cando chega unha nova inquilina á casa do lado. Entre os obxectos do máis curioso que Alice leva ao novo fogar, destaca un vello reprodutor de cine que axiña chama a atención dos irmáns. Grazas a el, e guiados pola estrafalaria veciña, os rapaces vivirán aventuras só imaxinables ...
    Disponible

    12,95 €

  • UNHA NOVA DIMENSIÓN
    IGLESIAS, ANXO
    A partir do concepto xeométrico de dimensión artéllase este delicioso libro de poemas onde prima a compoñente lúdica e imaxinativa que conecta directamente co mundo da infancia. A poesía entendida como xogo. A poesía entendida como fonte de diversión. A poesía reivindicada, ademais, como unha dimensión con entidade propia. Ler «Unha nova dimensión» é asistir a un festival de cr...
    Disponible

    13,50 €

  • DEMETRIO DEMOSCOPIO
    DÁVILA, BERTA
    Nun edificio de cinco andares viven Afonsa Sosón e o seu neto André, o señor Demetrio Demoscopio, as irmás Carmelina e Laudina Flan, e o mago Ciro. No edificio todos son vellos, menos André, e todos son bastante felices. Ata que unha noite Demetrio Demoscopio perde a chispa e André decide que fará todo o posible para que o seu amigo a recupere: mesmo atravesar as follas dun lib...
    Disponible

    12,50 €

  • CATRO PLUMAS DE DINOSAURO
    ANEIROS, ROSA
    Xoel é un apaixonado dos dinosauros. Durante a excursión do cole ás Fragas do Eume está convencido de que ha atopar unha porta secreta que lle permitirá coñecer restos do Cretáceo. Trabúcase. Si, a porta secreta da que lle falou a vella Monegunda existe, mais do outro lado non hai fósiles senón dinosauros de carne e óso! Aí dará comezo unha extraordinaria aventura na que deberá...
    Disponible

    12,95 €

  • AS POMBAS DE BASTIÁN
    CANOSA, MARÍA
    Desde a fiestra da súa casa, Minia observa todos os días como un home lles dá de comer ás pombas da rúa. As aves semellan ser as súas únicas amigas, mais a rapaza intúe que aquel home agocha unha maxia especial tras a soidade en que semella vivir. Por iso a nena toma unha decisión: achegarse a el. A partir do primeiro encontro prenderá neles a ilusión que vai alumear unha fermo...
    Disponible

    12,50 €

  • PLAN DE RESCATE
    YAÑEZ, ANTÍA
    Xeila, Heitor, Aldán e Noela están traballando na aula de apoio da súa escola cando algo raro acontece. Oen un estrondo e a profe Xoana, que vai comprobar que pasou, desaparece. Onde estará? E o resto do colexio? Por que anda a policía fóra? Como di Noela: prepárate para vivir unha aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e ata un plan de rescate, pero tamén un chisco ...
    Disponible

    13,50 €

  • A FORMIGA DESTEMIDA
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    Unha formiga curiosa e valente decide afastarse do seu formigueiro para vivir novas experiencias. Polo camiño vaise atopar con animais que nunca vira e aprenderá a facer cousas que xamais imaxinara: tocar música, flotar na auga, voar... Tamén saberá da existencia dos humanos: serán tan malvados como contan? Sen temor ao descoñecido, está disposta a descubrilo por ela mesma. Un...
    Disponible

    12,50 €

  • MEDIOMETRÓPOLE E OS SUPERHEROES
    LÓPEZ, CARLOS
    Perturbando a tranquilidade da apracible urbe de Mediometrópole irrompe un aterrador monstro, un xigantesco saurio mutante chamado Morzilla que se dedica, entre outras cousas, a papar edificios enteiros, coma se fosen pasteis de cemento recheos de aceiro, e a ceibar lume pola boca sen considerar que é agosto e a xente xa está a pasar calor dabondo. As máximas autoridades da cid...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    12,95 €

  • O DÍA QUE CHOVERON GATOS
    MEJUTO, EVA
    Catarina múdase desde a gran cidade a unha pequena, gris e aburrida vila, ou iso pensaba ela. Aínda por riba, o propietario da vivenda onde se instala coa súa familia é Ovidio Lema, un personaxe desprezable que se presenta ás eleccións municipais polo PAI: a plataforma antianimalista que pretende acabar cos gatos da rúa. Catarina ponse a traballar pola súa conta para boicotear ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    11,95 €

  • SOMOS OS MONSTROS
    CARBALLEIRA, PAULA
    Unha nena e un neno pérdense cando saen a xogar no bosque arrasado polo último incendio. Un monstro grande e un mostro pequeno habitan nese bosque. Nenos e monstros vanse atopar. O medo dá paso á curiosidade e comezan a interrogarse. Quen son os nenos e quen os monstros Unha historia divertida e profunda sobre o medo ao descoñecido, que esculca na propia natureza humana, coa qu...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    12,95 €

  • PAPÁ CANÍBAL
    FRAGA, MANUEL ANTONIO
    Fedora está farta de que o abusón do cole se meta con ela, así que decide asustalo contándolle que o seu pai é un caníbal. O Efebeí, un policía fóra de servizo por non facer nada ao dereito, inicia unha investigación pola súa conta sobre o suposto caníbal para tentar recuperar o prestixio perdido e poder reincorporarse ao traballo. A partir de aquí iníciase un atolado enredo qu...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,50 €

  • VAMPIRA DE BIBLIOTECA
    COSTAS, LEDICIA
    Esta non é unha historia calquera. É a miña historia. Preguntarás quen son eu. Chámome Eleonora, son unha vampira e dedícome a papar os insectos que queren roer as páxinas dos libros da biblioteca onde vivo. Así que se es desas persoas que non cre na existencia de criaturas coma min, é mellor que non abras este libro, que o coloques nun andel e te esquezas de todo isto para sem...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,50 €

  • KUSUMA
    CAJARAVILLE, HECTOR
    Kusuma é unha faisán femia procedente da remota selva de Kaltim, que se ve obrigada a marchar do lugar en que sempre viviu debido á acción destrutiva do ser humano. Co obxectivo de buscar un futuro mellor para ela e mais a rolada de pitiños que agarda, cruza medio mundo ata chegar a Galicia. Pero alí as cousas non van ser doadas: a desconfianza da maior parte dos animais da fra...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,50 €

  • QUEN DÁ A QUENDA?
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    Agochada nunha mesta fraga está a cabana na que desde hai máis dun século ten o seu consultorio a meiga Divina. Ata aquí veñen clientes das máis diversas procedencias. Pero non pensedes que só as persoas se achegan ata o consultorio de Divina; un día calquera, na porta da cabana podemos ver un barco que se marea ou unha fervenza que quere vivir onda o mar; e no interior, unha b...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,50 €

  • VOUVOS PAPAR
    TOBARUELA MARTÍNEZ, PERE
    Vouvos papar de Luz Méndez e Pere Tobaruela é a historia de Tucho e Mucha, dous nenos que conectados polo correo electrónico e o programa de chat, cando xogaban ao ?Buscaminas?, ao seu xogo preferido, viven unha aventura na Internet cando os chucha o seu ordenador coma se os prendese unha aspiradora. ¿Quen é que os quere papar? E ben raro todo isto, ¿non si? Daniel Xove ilustro...
    Consultar disponibilidad

    9,95 €