Búsqueda de Editorial : XERAIS / Colección : ENSAIO

7 resultados

  • DESPOXOS E VÍSCERAS ILUSTRES
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    O corazón de Percy B. Shelley, poeta romántico inglés, é un dos protagonistas deste libro. Despois dunha morte por afogamento e de pasar varios días no mar, as amizades conseguen incinerar o escritor, pero a súa víscera do amor e dos sentimentos, a máis acaída ao romanticismo, resístese á desaparición para regresar a carón da súa amada Mary e do seu fillo Florence. O cerebro de...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    20,95 €

  • UNHA NACIÓN NO MUNDO
    NOGUEIRA, CAMILO
    O texto de «Unha nación no mundo. A razón resistente» abrangue o acontecido en Galiza entre 1480 e 2010. Nunha primeira parte, «Galiza no Absolutismo», considera o tempo anterior a 1810, ano en que se produce a liberación da sociedade das tropas napoleónicas. Na segunda, «A nación política contemporánea», estima o sucedido entre 1810 e 2010, nos inicios do século XXI. Para o au...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    33,50 €

  • MÁIS QUE VER
    BARRO, PEPE
    Sempre hai máis que ver se usamos os ollos e a cabeza ao tempo, se ollamos con toda a nosa bagaxe cultural. As pezas de deseño gráfico reflicten a cultura dun país, mesmo que moitas veces non deamos lido as súas mensaxes, fáltannos as claves históricas, tantas veces negadas, ou o coñecemento da linguaxe visual, moi maltratado no ensino regrado. Velaquí cen historias da historia...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    18,95 €

  • O CANASTRO SEN TORNARRATOS
    RODRÍGUEZ, DAVID
    Este libro pescuda nas orixes políticas, económicas e filosóficas do cada vez maior afastamento dos centros de decisión a respecto da xente e da súa vida cotiá. Afonda na reflexión sobre a elitización dun capitalismo que retoma a súa faciana máis incompatible coa democracia. En «O canastro sen tornarratos» abórdase a dificultade para articular resistencias e hexemonías alternat...
    Consultar disponibilidad

    20,95 €

  • PARA UNHA CRÍTICA DO ESPAÑOLISMO
    NOGUEIRA ROMÁN, CAMILO
    O primeiro ensaio, «O marco europeo da cuestión nacional», trata do proceso de estruturación dos estados e da emerxencia das nacións de Europa, procurando evidenciar que os estados e as fronteiras establecidas son consecuencia de causas históricas e condicionamentos materiais e culturais concretos. O segundo, «O reino de Galiza e as orixes do castelanismo», cuestiona a idea de ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    20,95 €

  • A DERROTA DE GALICIA
    BAAMONDE GARCÍA, ANTON
    A colección de textos que compón este libro, ten dúas caras: intenta rexistrar as formas en que nos últimos trinta anos tivo lugar o proceso de modernización, pero alimenta a sospeita de que este país, inmerso nunha grande transición de múltiples vértices, está fraguando nun sentido equivocado. En realidade, é posible constatar a inexistencia dun proxecto propio que non sexa pa...
    Consultar disponibilidad

    22,95 €

  • GEORGE STEINER EN THE NEW YORKER
    STEINER, GEORGE
    Entre os anos 1967 e 1997, George Steiner escribiu máis de cento cincuenta artigos para o semanario The New Yorker sobre unha grande variedade de cuestións, conseguindo achegar, non só a intelectuais con formación literaria, senón ao que se adoita chamar «o público xeral», libros novos e vellos, ideas complexas e temas inusuais. De entre todos eles, Steiner reuniu neste volume ...
    Consultar disponibilidad

    31,50 €