TRES OBRAS TEATRAIS

TRES OBRAS TEATRAIS

MEDEA EN CAMARIÑAS. UNHA TARDE EN MITILENE. ANTÍGONA ANTE OS XUÍCES

ANDRÉS POCIÑA

14,00 €
IVA incluido
Consultar disponibilidad
Editorial:
LAIOVENTO EDICIONS
Año de edición:
2018
Materia
Dd - obras teatro. textos teatrales
ISBN:
978-84-8487-415-7
Páginas:
115
14,00 €
IVA incluido
Consultar disponibilidad
Añadir a favoritos

Edítanse por fin en galego, a lingua na que foron escritas, as tres primeiras obras teatrais de Andrés Pociña, todas elas xa publicadas en español, italiano, e portugués. As tres foron representadas en España, Italia e Portugal, mais ningunha probou fortuna deica agora en terras galegas.
Medea en Camariñas, estreada en 2005, vai camiño das cen representacións, en cinco montaxes distintos. Consiste no monólogo dunha Medea xa vella, que explica por si mesma os feitos da súa existencia ás mulleres de Camariñas que están lavando nun daqueles lavadoiros de antes.
Unha tardiña en Mitilene, que principia o seu andar escénico co título Atardecer en Mitilene en 2010, lévanos ás conversas da poeta Safo coas discípulas que viven con ela, e ouvimos o que falan sobre poesía, música, política, amizade, amor, é dicir, a vida. Cousas e ideas doutros tempos, sempre vixentes hoxe en día.
Antígona ante os xuíces foi estreada en 2017, en italiano, nun lugar excepcional, o Mausoleo de Cicerón en Formia (Italia). Trátase dunha visión nova, da mais exemplar rapaza da mitoloxía antiga, enfrontándose a un tribunal e ao pobo de Tebas, para defender con enerxía o seu comportamento.
A preparación desta primeira edición galega conxunta foi posible grazas á amizade e xenerosidade da Dra. María Teresa Amado Rodríguez, prestixiosa helenista da Universidade de Santiago de Compostela, ben coñecida polos seus traballos de todo tipo sobre as literaturas grega e galega

Artículos relacionados

  • (G).UBASUTE.(TEATRO)
    CARBALLEIRA, PAULA
    Hai linguas que só teñen unha palabra para o abandono, pero iso non quere dicir que non haxa diferentes maneiras de deixar para sempre algo, a alguén. Pouco importa que intentes cambiar de espazo, que creas que indo ao Xapón conseguirás afastar a culpa. Non existe un lugar no mundo onde fuxir de ti, e mesmo as pantasmas acoden cando as chamas, con poesía ou cos recordos. Ademai...
    Disponible

    12,00 €

  • TERNURA Y DERROTA
    MIGUEL, LUNA
    Se llama Ternura y está cansada de definir las esquinas de su consentimiento. Lo sabemos por las cartas sin destinatario que escribe desde la soledad de su cama, y que ha decidido recitar en voz alta, ante un auditorio que unas veces la insulta y otras la abraza. Cercada, cada vez más oprimida, Ternura se pregunta por la importancia de la cura a través de la palabra, y por la e...
    Disponible

    11,90 €

  • CINCO PSEUDOCOMEDIAS
    PRIETO, JOSE
    «Cinco pseudocomedias» contén cinco dos meus textos preferidos. Todos eles están emparentados polo humor, pero en cada un a comedia mestúrase con outros xéneros para transitar por camiños diferentes. Do costumismo ao absurdo, do musical á traxedia ou do drama ao documental. A comedia exerce nestes textos de elemento transversal, ás veces de aliño e ás veces de alivio, pero non ...
    Disponible

    13,95 €

  • MAMBRÚ VOLVEU DA GUERRA
    LABRAÑA, CARLOS
    Unha nena está desexando explorar o parque infantil que abriron ás aforas da vila. Mentres xoga, encontra por casualidade un boneco enterrado. É un soldado de porcelana que lle conta que viviu na vila hai moitos anos, pero non é quen de lembrar o seu nome nin como acabou nese lugar. Coa axuda da súa familia, a nena intentará recompoñer o crebacabezas para que o boneco poida ato...
    Disponible

    12,95 €

  • SÍBARIS
    VILLAR, DOMINGO
    LA COMEDIA NEGRA DE UNO DE LOS MÁS QUERIDOS AUTORES DE LA NOVELA POLICIACA EN ESPAÑOL «No me ofrezcan vivir en un gran velero, o en un palacio romano, o en un ático de Manhattan: yo quiero vivir en una novela de Domingo Villar».Enric González «Domingo Villar definió su obra teatral como una comedia. El espacio, perfectamente detallado en una acotación ad hoc al principio de la ...
    Disponible

    15,95 €

  • O VALO
    LABRAÑA, CARLOS
    No medio do deserto, o Soldadiño de Chumbo, un neno soldado, chanta unha bandeira e coloca un valo de arame xusto onde o mapa marca a fronteira. Do outro lado do valo, Sahara, unha rapaza que foxe da guerra, trata de convencelo de que a deixe pasar, xa que está procurando un pozo onde saciar a súa sede. Peza dun único lance para dous personaxes coa guerra de Siria como pano de ...
    Disponible

    11,50 €