CHARO PITA E MADALENA MATOSO
De súpeto, o bebé botouse a chorar. Óscar arrolouno, colleuno no colo pero non acougaba. Cantoulle unha nana, paseouno pola casa. Non serviu para nada!
Este conto lémbranos a maxia existente na posibilidade de aleitar, grazas á mirada inocente e divertida dun neno. Deste xeito, tamén se incide na normalización da lactación que aparece contextualizada e normalizada como parte intrínseca da vida dos nenos, das súas familias e da sociedade.