ARNAL, TXABI
Por fin, os seus esforzos tiñan recompensa: Mago Rosa conseguira facer unha bolsa de coiro que tragaba todo. Abondaba con dicir: OEMOC!
Logo de moitos experimentos, este mago monocromático atopa unha fórmula para satisfacer a súa ilimitada avaricia e maldade gratuíta. A partir de aí empeza a encher a súa bolsa á orde de Cómeo!, ao revés.
No entanto, o seu periplo de cobiza incontrolable vese interrompido cando se atopa cunha bondadosa e xenerosa maceira.