INTRAMUNDI

INTRAMUNDI

CARLOS G. REIGOSA

24,50 €
IVA incluido
Consultar disponibilidad
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
2002
Materia
F - ficcion y temas afines
ISBN:
978-84-8302-922-0
Páginas:
312
24,50 €
IVA incluido
Consultar disponibilidad
Añadir a favoritos

O pobo de Tras da Corda emerxe en menos de cincuenta anos dende a Idade media ata o século XX, entre as tensións da República, a brutalidade da Guerra Civil e a represión da dictadura. Anxo Xesto vislumbrou a miragre en 1928, cando concebiu unha estrada que puxera remate a tanto illamento e atraso. Unha idea que non sería doado pór en marcha. Tiña na súa contra ao poderoso cacique don Nazario, que non admitía cambio ningún nos seus dominios, e ao mozo comunista Aníbal Coronas, teimudo con facer a revolución. Só Dolores Teixeiro e outros veciños compartían o soño de Anxo Xesto.
O enfrontamento entre todos estes pesonaxes e as súas concepcións do mundo constitúe o eixo argumental de Intramundi, a nova novela de Carlos G. Reigosa, un fermoso mosaico de voces, ambicións e sentimentos. Carlos G. Reigosa desvela así unha parte do noso pasado, agochado nos pregues montañosos de Tras da Corda de irresistible atractivo pola cantidade dos seus tesouros.
Para Alfredo Bryce Echenique:
?Intramundi é sen dúbida a novela de Carlos González Reigosa en que máis profundidade alcanza a gran habilidade deste autor para trasladarnos constantemente máis aló dos feitos e palabras dos que é responsable un personaxe ó longo de toda a súa vida. Chámense Anxo Xesto, o pragmático; Saúl Centeo, o idealista; Dolores Teixeiro, a sensual e paciente amante; Xosé Trabada, o eterno cura, ou Don Nazario, o poderoso cacique, os habitantes de Tras da Corda percorren durante catro décadas da España republicana e franquista o desacougante camiño que os leva da luz ás tebras, da convicción á dúbida e da lóxica ó desatino. Contradictorios, incoherentes, poboados por todos os seres que poden habitar nun mesmo ser, entrelazados fatalmente nas múltiples historias que compoñen esta novela, os personaxes de Intramundi pertencen á saga dos grandes nomes da novela clásica, aqueles que o lector seguirá sempre con profunda inquietude desde o nacemento ata a desembocadura do río das súas vidas. E das nosas?

Artículos relacionados

  • SHOSTAKOVICH CONTRA STALIN
    GUELL, XAVIER
    El 26 de enero de 1936, en el teatro Bolshói de Moscú, Shostakóvich contra Stalin se representaba por enésima vez la ópera de Dmitri Shostakóvich Lady Macbeth de Mtsensk. No era una función cualquiera. Esa noche, oculto tras las cortinas de uno de los palcos, el Camarada Secretario General, Iosif Stalin, vigilaba. Al día siguiente, todo el mundo en Moscú sabía que al dictador n...
    Disponible

    23,00 €

  • PEL DE CORDEIRO
    COSTAS, LEDICIA
    Catarina pertence a unha estirpe de bruxas. Herda da súa avoa o oficio e afonda nos segredos das plantas medicinais. Críase nunha consulta demencial, onde acoden enfermos con todo tipo de doenzas. Nos últimos anos da Inquisición, no medio da fame e a miseria, elas son o máis semellante a un doutor que existe en Merlo, pero cunha diferenza: son necesarias pero tamén odiadas. Lol...
    Disponible

    19,50 €

  • QUIMICA PARA MOSQUITOS
    LUN, ALEKSANDRA
    En el verano de 1977, una niña nace en una población minera de un país bajo el dominio de la Unión Soviética. En el bloque de pisos donde vive con su familia, todos empleados de la planta química del Estado, observa con atención y extrañeza las rutinas de una economía planificada. A veces un tranvía los lleva a las afueras, donde cultivan una parcela asignada por el Gobierno y ...
    Disponible

    17,00 €

  • PEON EN EL TABLERO, EL
    NEMIROVSKY, IRENE
    Una novela intensa y vibrante que retrata de forma magistral las luces y las sombras del París de los años treinta Hijo de un magnate del acero cuyas inversiones se han venido abajo, Christophe Bohun, un hombre sin ambiciones, esperanzas ni deseos trabaja en una Agencia Internacional de Noticias y vive con su padre moribundo, su mujer, su amante y su hijo, rodeado de una grande...
    Disponible

    20,00 €

  • CIUDAD DE MUJERES
    GILBERT, ELIZABETH
    La autora de Come, reza, ama regresa con una deliciosa novela llena de glamur, humor y pasión por la vida. En el verano de 1940 Vivian Morris llega a Manhattan con 19 años y tan solo una maleta y una máquina de coser, empujada por sus desesperados padres. Aunque su especial talento con la aguja y su dedicación a lograr el peinado perfecto no le han servido de gran cosa en la pr...
    Disponible

    12,95 €

  • EL FIN DE UN MUNDO
    ROMERO SALVADOR, CARMELO
    Es esta una novela que nos habla de la desaparición de un mundo —y de quienes lo habitan— a través de las voces de dos de sus protagonistas. Manuela y Antonino relatan a un urbanita de visita en el pueblo los entresijos de la vida rural y campesina al tiempo que este último, escritor, les comparte a ellos su mirada sobre algunos de los episodios más relevantes de la historia de...
    Disponible

    22,50 €

Otros libros del autor

  • O REGRESO DOS MAQUIS
    CARLOS G. REIGOSA
    Tres dirixentes das guerrillas antifranquistas de Asturias, León e Galicia percorren de novo, case corenta anos despois de fuxir de España, os lugares das súas actuacións. Identifican os superviventes, rememoran episodios e botan nova luz sobre uns sucesos arrepiantes e estarrecedores. Carlos G. Reigosa, que os acompaña e conversa con eles, puxo a énfase, sobre todo, no lado hu...
    Consultar disponibilidad

    21,95 €

  • FUXIDOS DE SONA
    CARLOS G. REIGOSA
    Os seus nomes andaban de boca en boca, maldicidos por uns, admirados en secreto por outros, lobos na montaña, entre a furia e a desesperación. Ó Piloto -o derradeiro abatido en España- matárono en 1965 a carón da represa de Belesar, en Lugo. Mario de Langullo aínda seguía daquela polos montes ourensáns. A versión oficial calificábaos de bandidos. Pero eran outra cousa. A memori...
    Descatalogado

    15,50 €