Búsqueda de Editorial : XERAIS / Colección : SIN COLECCION

38 resultados

  • CANDO LEO
    MEJUTO, EVA
    Todo é posible cando nos poñemos a ler e nos deixamos levar polas páxinas dun libro. Todo é posible, sobre todo o imposible. Eva Mejuto e Bea Gregores unen os seus talentos creativos para render unha intensa e emotiva homenaxe á lectura e ao seu poder para transformar o mundo. ...
    Disponible

    15,50 €

  • CAPITÁN LENTELLA. AVENTURA A TODO GAS
    CAMPOS, JORGE
    Dende o planeta Lentellón, Lalo e Rufino, dous valentes viaxeiros espaciais, queren dar a volta ao universo. A súa primeira parada é a Terra, onde atoparán aventuras, amigos e unha malvada mosca que está a facer das súas agochada baixo a superficie. Como poderán vencela? Parece que o único xeito é espertando o gran poder que todo lentellón leva dentro. ...
    Disponible

    12,95 €

  • DOCES E LAMBETADAS. RECEITAS CON HISTORIA
    FELPETO LAGOA, MATILDE
    Este é un libro para ler, para aprender a elaborar doces e lambetadas e para gozar da cociña con todos os sentidos. Desde que se comezou a empregar o mel para adozar e conservar alimentos, ou desde que empezaron a elaborarse con améndoa, cereais, leite, ovos, azucre, ata o descubrimento do cacao, do chocolate, da vainilla, da canela e de diversas froitas, transcorren séculos no...
    Disponible

    26,95 €

  • A CREBEIRA MARABILLAS
    SENDÓN, OLAIA
    Marabillas é crebeira. Unha crebeira apaña as cousas que o mar trae á praia. Ás veces o mar tamén trae tesouros, por iso ser crebeira é tan fabuloso. ...
    Disponible

    16,95 €

  • VAIA CABUXIÑO!
    O HEMATOCRÍTICO
    O Lobo Feroz é un cidadán respectable e responsable que coida do seu sobriño e rexenta unha xastraría. Iso é agora, antes o Lobo non era así. Non era feliz. Só era feroz. Os habitantes do bosque temíano porque era unha besta parda que comía todo canto se lle puxese diante. Ata que un día un cabuxiño se enfrontou a el co seu enxeño. ...
    Disponible

    13,50 €

  • ABECEDARIO ILUSTRADO
    CANO, CARLES
    27 ilustradores españois e latinoamericanos participan neste abecedario ilustrado.Unha letra por cada dobre páxina, unha palabra que comeza por esa letra e un pequeno texto literario, en ton divertido e asequible para os pequenos lectores, no que aparece esta palabra, escrito en maiúsculas e letra ligada. Con chiscadelas nas ilustracións que fan referencia a palabras que comeza...
    Disponible

    16,50 €

  • MATARÁN A REBOIRAS
    REI NÚÑEZ, LUÍS
    No verán de 1975, no Ferrol que tres anos atrás vivira tráxicas xornadas de insurrección obreira, Moncho Reboiras cae abatido logo dunha asañada persecución da policía franquista. Décadas despois, un comité de emerxencia impulsa a loita contra unha agresión ecolóxica produto da arbitrariedade corrupta e a cobiza. Xa a comezos do século actual, o reporteiro gráfico Nardo Negro d...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    24,95 €

  • NEGRAS
    ASOREY, DANIEL
    A morte é un proxecto político, asegura a cita de Lupe Gómez que abre as páxinas de «Negras». Nestes versos penetrantes escóitase como disparan ás negras detrás dos supermercados e como prenden lume á lingua que avivece a gheada. A cor escura das vítimas hase enfrontar á violencia que o capital exerce sobre elas, pobres, perdedoras, cheirentas, miserables. Son, todas, negras. N...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,50 €

  • BOCADOS MATEMÁTICOS
    GONZÁLEZ OGANDO, PAULO
    As matemáticas están presentes no día a día, aínda que ás veces non nos decatemos. Unha mirada adestrada consegue identificar elementos xeométricos, numéricos, lóxicos ou estatísticos ao seu arredor en multitude de situacións. Desde a forma do balón de fútbol ata o número que nos asignaron no noso DNI, nestas páxinas explícanse exemplos variados de aplicacións das matemáticas. ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    15,50 €

  • FINAL FELIZ
    QUEIPO, XAVIER
    Os de «Final feliz» son relatos en carne viva, un mando de historias para espertar conciencias ou establecer a ponte entre o real e o imaxinario, entre o que non se conta e o que agroma do subconsciente. A través delas sentimos o voo dos estorniños nun ceo de Istanbul envurullado en murmurios do Oriente; abrimos o armario encaixado na súa coiraza de pedra para deixar fuxir os f...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    17,95 €

  • Á VOLTA DO TEMPO
    ARTIAGA REGO, AURORA / BALBOA LÓPEZ, XESÚS L. / FE
    Este libro ten unha razón de ser tan simple como esencial: a de reunir contribuíntes que, sendo profesores e profesoras nas universidades, presentaron no seu momento teses de doutoramento dirixidas por Ramón Villares. Co seu maxisterio, dende aquel tempo da transición da ditadura á democracia, o da súa xeración, Villares liberou a explicación do pasado das servidumes políticas ...
    Consultar disponibilidad

    21,95 €

  • QUE SABES DA GUERRA CIVIL E O FRANQUISMO
    VEIGA TABOADA, MANUEL
    Que sabes da guerra civil E do franquismo Son acontecementos da nosa historia recente que aínda provocan fortes polémicas pero, ao mesmo tempo, son etapas bastante descoñecidas para as novas xeracións. Coñecer o pasado axúdanos a entender o presente. Este libro trata de explicar o que sucedeu de xeito ameno e obxectivo, contándonos tamén como era a sociedade e a vida diaria daq...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,95 €

  • SOAMENTE UNHA VEZ
    MONDELO, JOSÉ
    Unha cadela que acompaña a dous cazadores descobre un cadáver no monte. É o cadáver dunha muller desaparecida, que obriga o singular inspector Paiana a centrarse no caso. Axiña aparecen algúns sospeitosos. Pero nesta novela, ao contrario do que acostuma a suceder neste tipo de relatos, o asasinato non o invade todo, senón que queda inserido no traballo habitual e cotián dos fun...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    19,95 €

  • DICIONARIO DA NOVA LITERATURA GALEGA
    ALONSO MONTERO, XESÚS / NICOLÁS, RAMÓN
    Este Dicionario da nova literatura comezou a fraguarse a finais da década dos anos sesenta do pasado século a través dunha enquisa que o profesor Xesús Alonso Montero deu en distribuír entre as persoas do mundo literario galego que non tivesen obra publicada antes do ano 1936. Velaquí hoxe, máis de cincuenta anos despois, aquel proxecto en forma de libro. Oitenta e seis persoas...
    Consultar disponibilidad

    18,95 €

  • O INFINITO NUN XUNCO
    VALLEJO, IRENE
    «O infinito nun xunco» é un libro sobre os libros. Os libros e a súa historia, os libros e o seu nacemento, os libros e o seu impacto social. Irene Vallejo condúcenos a través dunha fascinante viaxe pola historia dos libros, ese asombroso artefacto que atravesou o espazo e o tempo. Ao longo de trinta séculos, a fabricación dos libros botou man do fume, da pedra, do barro, dos x...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    26,95 €

  • CALENDARIO XERAIS 2021. MULLERES. LLANOS
    EQUIPO XERAIS
    Calendario Xerais 2021. Mulleres. Llanos. Calendario fotográfico de parede (30 cm de ancho por 60 cm de alto que inclúe festivos e fases da lúa) con doce fotografías pertencentes ao Arquivo Llanos. O Arquivo Llanos, depositado no Museo Etnolóxico de Ribadavia, está conformado por imaxes captadas por tres xeracións de fotógrafos da mesma familia que, en conxunto, documentan as t...
    Consultar disponibilidad

    12,50 €

  • ABAU 2020 LINGUA E LITERATURA GAL
    MOSTEIRO GARCÍA, MANUEL ANTÓN
    Lingua e literatura. Avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) 2020» é unha obra que pretende servirlle de axuda ao alumnado de Lingua e literatura galega de 2º de bacharelato para preparar a proba de acceso á universidade do ano 2020.Ofrécense, resoltas, as catro probas que se formularon o pasado ano nas convocatorias de xuño e setembro e, seguindo o mesmo ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    12,50 €

  • VINTE MIL LEGUAS BAIXO DOS MARES
    VERNE, JULES
    O profesor de Historia Natural Pierre Aronnax, o seu axudante Conseil e o experto arpoador canadense Ned Land embarcan nunha viaxe fantástica, a bordo da fragata Abraham Lincoln, na procura dun misterioso monstro mariño. Este resulta ser un submarino, o Nautilus, que chega a visitar a ría de Vigo ao mando do capitán Nemo: un sabio desenganado da raza humana que se move guiado p...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    26,95 €

  • APRENDE BANDA DESEÑADA CON FIZ
    DA SILVA, KIKO
    Fiz é o neno máis porco do mundo. Gústalle todo o escatolóxico, como falar coas cacas ou facer cadros abstractos con mocos. De maior quería ser parado de profesión, pero acaba de descubrir que hai un emprego moito máis divertido: Fiz quere ser debuxante de banda deseñada! Así non pasará fame, din que os artistas viven do aire! Neste libro, o popular personaxe de Kiko da Silva ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,50 €

  • MISIÓN CAMIÑO DE SANTIAGO
    TOBARUELA, PERE
    FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. En Misión Camiño de Santiago os FORMIG4S investigan o estraño roubo dos restos do apóstolo Santiago. E para chegar ao fondo do asunto, han facer unha peculiar peregrinación no tempo: viax...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,50 €

  • FONÉTICA E FONOLOXÍA HISTÓRICAS DA LINGUA GALEGA
    MARIÑO PAZ, RAMÓN
    O cambio lingüístico calla cando unha innovación fonética, fonolóxica, morfolóxica, sintáctica, lexical, semántica ou pragmático-discursiva alcanza un suficiente grao de difusión nas distintas variedades dun idioma. Estas innovacións nacen ás veces debido a impulsos que teñen que ver estritamente coa necesidade de que as linguas se manteñan como sistemas ordenados de signos, ma...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    31,95 €

  • REFLEXOS DAS DÚAS GUERRAS MUNDIAIS NA LIX
    RED TEMÁTICA DE INVESTIGACIÓN " LIJMI "
    Os membros da Red Temática de Investigación ?Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano? (LIJMI) achegan neste volume diversas reflexións centradas no tema Reflexos das dúas guerras mundiais na LIX, coa intención de que os profesionais da mediación entre o libro e a lectura atopen nestas páxinas un conxunto de orientacións que os axuden no seu tra...
    Consultar disponibilidad

    25,95 €

  • PLACEBO
    JAUREGUIZAR
    Roi sobreviviu a un accidente horrible. A memoria quedoulle sepultada nun aeroporto de París. De regreso a Galicia debe lembrar quen é, confiar no pasado que lle describen. A súa muller, Beatriz, axúdalle a recompoñer ese tempo, aínda sendo difícil. Roi négase a esquecer o desagradable. Asume que o seu concesionario de coches está na ruína e que ten unha amante, Helena, á que p...
    Consultar disponibilidad

    17,95 €

  • DE PARAUGAS
    MARTIN, PACO
    A imaxe dun ou de varios paraugas, con xente ou sen xente, reclama a nosa atención antes de comezarmos a ler cada unha das historias que encabezan. Non sabemos con seguridade se foi antes a foto ou o relato, pero en realidade tanto ten, porque ambas as dúas cousas se complementan e forman parte dun mesmo acto creador. Ó comezarmos a lectura váisenos desvelando e explicando a im...
    Consultar disponibilidad

    19,95 €

  • RETORNO AOS CLÁSICOS
    RED TEMÁTICA DE INVESTIGACIÓN " LIJMI "
    Os membros da Red Temática de Investigación ?Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano? (LIJMI), achegan un novo volume cargado de ensaios, destinados aos profesionais da mediación entre o libro e a lectura co fin de orientalos nas súas recomendacións lectoras cara á formación literaria. Retorno aos clásicos propón seleccións de obras así conside...
    Consultar disponibilidad

    26,95 €

  • LENDO LENDAS, DIGO VERSOS
    Velaí, en harmoniosa compaña, vinte lendas con cadanseu poema. Lendas extraídas das raiceiras da nosa tradición, a maioría pouco coñecidas, moi variadas tanto na procedencia xeográfica como na temática tratada; poemas que, como fillos da fantasía que son, tiveron que ser arrincados dos «recantos do ... cerebro, anicados e espidos» pois semella que agardaban «en silencio que a a...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    19,95 €

  • ESCRITA DOADA
    DOSIL LÓPEZ, BENXAMÍN
    Escribir ben é unha habilidade que calquera persoa querería para si. En ocasións, pode parecernos fácil expresar por escrito aquilo que temos na cabeza, mais, cando nos poñemos á faena, decatámonos de que quizais non é todo tan achanzado como planearamos. Así e todo, a escribir tamén se aprende.Con este libro Benxamín Dosil farache doado o acto da escrita resolvendo as túas dúb...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    20,95 €

  • OS DEREITOS DA INFANCIA
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN / CANSINO MACÍAS, ELIACER / MOURE TRENOR, GONZALO / Y OTROS
    En 1959 a ONU aprobou a Declaración Universal dos Dereitos do Neno. Dez principios que perseguen garantirlles a todos os nenos e nenas os coidados, a protección e a educación necesarios. Entre outros, o dereito a ser iguais sen distinción de raza ou relixión, a recibir protección especial, a ter un nome e unha nacionalidade, a unha alimentación, vivenda e atención médica adecua...
    Consultar disponibilidad

    12,95 €

  • ÁMOTE LEO A. ESTACIÓN DE TRÁNSITO
    ANEIROS, ROSA
    Abril de 2011. Un autobús percorre lentamente a Anatolia. No seu interior, Leo sente que lle ferve a cabeza nunha dura batalla entre os medos, as esperanzas e as dúbidas. Vai para tres meses que abandonou a súa casa coa intención de facer unha viaxe polo mundo adiante. Dispoñía de seis meses e seis mil euros para cumprir o seu soño de atravesar todas as fronteiras, as visibles ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,90 €

  • LINGUA E LITERATURA. PROBAS DE SELECTIVIDADE 2013
    MOSTEIRO GARCÍA, MANUEL ANTÓN
    Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2013 é unha obra que pretende servirlle de axuda ao alumnado de Lingua e literatura galega de 2º de Bacharelato para preparar a Proba de acceso á universidade do ano 2013. Ofrécense, resoltas, as catro probas que se formularon o pasado ano nas convocatorias de xuño e setembro e, seguindo o mesmo modelo, seis textos máis con propostas...
    Agotado

    12,00 €


01 02