Ás veces, a maxia está nas cousas máis sinxelas: na auga, no aire, no lume e na terra mesma. Neste conto descubrirás, coas fadas do lume, a maxia da cerámica. Aprenderás a transformar o barro e convertelo en fermosas pezas, coñecerás as ferramentas, técnicas, procesos e acabados cerámicos con ilustracións para inspirarte e poder facer as túas propias creacións. Para nenas e nenos que queiran iniciarse nas técnicas básicas da cerámica e para docentes e familias que queiran acompañalos. Tamén unha guía das principais olerías existentes no noso país e das súas pezas máis emblemáticas.
***
En definitiva, un conto que recupera a tradición do relato oral e seres máxicos do imaxinario popular, un manual sobre léxico relacionado co traballo da olería e técnicas básicas para iniciarse na arte da cerámica, unha guía de viaxe que percorre o país e facilita o coñecemento dos centros culturais máis significativos para observar, como se di, ?en vivo e directo? traballos das persoas que dedican a súa vida a manter viva unha actividade que conxuga e combina á perfección a utilidade práctica e a expresión singular dunha arte popular que nos identifica tamén como pobo de seu.

Esta página web únicamente utiliza cookies propias con finalidades técnicas. No se llevan a cabo recopilaciones o tratamientos de datos personales mediante cookies que requieran su consentimiento. Conozca más sobre las cookies que usamos en nuestra Política de cookies.