Referencia del editor

Un novo clásico de Astrid Lindgren en lingua galega protagonizado por un dos seus personaxes máis queridos. Un divertido libro de aventuras ideal para os que comenzan a ler de forma autónoma. 
Emil ten cinco anos, é un neno forte coma un touro, valente e algo testán que vive nunha granxa chea de animais coa súa familia. Cos seus ollos azuis e o pelo loiro e laúdo semella un anxiño, mais as súas trasnadas volven tola a toda a vila.
Unha obra inspirada nos recordos e anécdotas de infancia do pai da autora nunha granxa de Småland, que nos achega a unha infancia feliz, en contacto coa natureza, á que Astrid Lidgren aspiraba para todos os nenos e nenas. Un entorno familiar no que transcorren as aventuras deste atrevido personaxe que aprende coa experiencia do día a día e cuxos actos ás veces teñen consecuencias inesperadas que poñen a proba o seu enxeño. 
Unha edición que conserva as ilustracións orixinais de Björn Berg, agora restauradas e coloreadas, quen, no seu día, viaxou a Småland para estudar con minuciosidade as casas, xardíns, valados, portas e a contorna natural para darlle vida a esta obra.

Comparte este producto

(G).AS AVENTURAS DE EMIL.(SETELEGUAS)

LINDGREN, ASTRID;BERG, BJORN

Librería

KALANDRAKA

2024

EAN: 9788413433424

ISBN: 978-84-1343-342-4

Disponible

17,00 € IVA incluido
Unidades

Referencia del editor

Un novo clásico de Astrid Lindgren en lingua galega protagonizado por un dos seus personaxes máis queridos. Un divertido libro de aventuras ideal para os que comenzan a ler de forma autónoma. 
Emil ten cinco anos, é un neno forte coma un touro, valente e algo testán que vive nunha granxa chea de animais coa súa familia. Cos seus ollos azuis e o pelo loiro e laúdo semella un anxiño, mais as súas trasnadas volven tola a toda a vila.
Unha obra inspirada nos recordos e anécdotas de infancia do pai da autora nunha granxa de Småland, que nos achega a unha infancia feliz, en contacto coa natureza, á que Astrid Lidgren aspiraba para todos os nenos e nenas. Un entorno familiar no que transcorren as aventuras deste atrevido personaxe que aprende coa experiencia do día a día e cuxos actos ás veces teñen consecuencias inesperadas que poñen a proba o seu enxeño. 
Unha edición que conserva as ilustracións orixinais de Björn Berg, agora restauradas e coloreadas, quen, no seu día, viaxou a Småland para estudar con minuciosidade as casas, xardíns, valados, portas e a contorna natural para darlle vida a esta obra.

Comparte este producto

Esta página web únicamente utiliza cookies propias con finalidades técnicas. No se llevan a cabo recopilaciones o tratamientos de datos personales mediante cookies que requieran su consentimiento. Conozca más sobre las cookies que usamos en nuestra Política de cookies.