O esquío estaba marabillado. Correu dun lado para outro no céspede mol, gabeou polas árbores rozándose cos gromos e, dende o máis alto, chamou os demais esquíos: «Saíde, axiña, chegou a primavera»... ?As catro estacións?, de Antonio Vivaldi (Venecia, 1678-Viena, 1741), é unha das mellores composicións da música barroca. Precoz mestre de violín, o seu virtuoso creador chegou a compoñer 600 concertos, 100 óperas e numerosas pezas para instrumentos. Inspirándose nesta obra, José Antonio Abad presenta un relato bucólico ambientado nun bosque, onde describe os cambios estacionais: a primavera co seu traxe de flores, o sofocante calor do verán, a chegada do outono cando as árbores lle regalan ao vento a súa follaxe, e a choiva de confeti branco do inverno.

Esta página web únicamente utiliza cookies propias con finalidades técnicas. No se llevan a cabo recopilaciones o tratamientos de datos personales mediante cookies que requieran su consentimiento. Conozca más sobre las cookies que usamos en nuestra Política de cookies.