Figura clave da literatura galega de tódolos tempos, Ramón Cabanillas (1876-1959) ?de quen nesta mesma colección xa están editadas obras fundamentais como Na noite estrelecida, Da Terra asoballada ou Vento mareiro, na Habana, en 1915. Vento mareiro ?no texto que hoxe presentamos na Biblioteca das Letras Galegas aparecen tódolos poemas que nalgunha ocasión se editaron baixo este título común- constitúe un poemario central do primeiro Cabanillas. Trátase, pois, dun libro-encrucillada no que están presentes tódalas direccións que se prolongan ao longo da obra do noso poeta. Pluralidade temática e compositiva, entón, neste Cabanillas capaz da dicción contida, da chamada á loita agraria, pero tamén da sentimentalidade tardorromántica e idealista. Poeta cívico e, ao tempo, lírico e culturalista, Ramón Cabanillas é, finalmente, unha das voces imprescindibles da nosa mellor poesía de sempre.

Esta página web únicamente utiliza cookies propias con finalidades técnicas. No se llevan a cabo recopilaciones o tratamientos de datos personales mediante cookies que requieran su consentimiento. Conozca más sobre las cookies que usamos en nuestra Política de cookies.