Unha nova edición dunha das obras máis comprometidas e feministas da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024. No ano 2001, o barrio coruñés do Papagaio, espazo tradicionalmente dedicado á prostitución, foi derrubado vítima da especulación inmobiliaria. Durante o proceso de demolición, a fotógrafa Maribel Longueira captou coa súa cámara as máquinas, as paredes dos edificios e os cascallos, así como algúns obxectos, testemuñas do que aquelas vivendas acolleran durante anos. Convidada por Maribel, a escritora Luísa Villalta puxo voz a estas imaxes con 19 poemas. Neles móstrase reivindicativa, directa, rotunda e ao mesmo tempo solidaria ao proxectar unha ollada que deixa en evidencia a violencia patriarcal e o estigma sufrido polas mulleres que exercen a prostitución. A hipocrisía, o oprobio, o abuso, a deshumanización ou o anticlericalismo son outros temas presentes nesta obra escrita pouco tempo antes do inesperado falecemento da autora, que se converteu nunha sorte de testamento literario que revela a singularidade dun pulso poético único; dunha ollada crítica e reivindicativa moldeada pola autoesix

Esta página web únicamente utiliza cookies propias con finalidades técnicas. No se llevan a cabo recopilaciones o tratamientos de datos personales mediante cookies que requieran su consentimiento. Conozca más sobre las cookies que usamos en nuestra Política de cookies.