Referencia del editor

Xosé Alexandre Cribeiro Rodríguez (Pontevedra, 1936-1995), desenvolveu unha actividade feraz no xornalismo audiovisual e sempre se sentiu abraiado polo cine. Ademais, foi un afervoado militante cultural que se iniciou no grupo Brais Pinto, e tamén político, na procura dunha díficil síntese entre o PCE e o nacionalismo galego de esquerdas. A súa obra poética encádrase na denominada Xeración das Festas Minervais. A presente edición da súa obra poética en galego, preparada por Miro Villar, recolle os libros ?Indo pra máis perto? (1979), onde reedita o esgotado ?Acoitelado na espera? (1960) e o premiado e inédito ?Doente na espranza? (1962), xunto a novos textos; e o póstumo ?A señardade no puño? (1996). Os primeiros poemas están percorridos e vertebrados pola influencia do existencialismo, para logo derivar a unha poética máis vitalista e comprometida coa transformación social, mentres que a súa obra testamentaria progresa cara a unha madureza no alento lírico.

Comparte este producto

INDO PRA MAIS PERTO

A CRIBEIRO

Librería

XERAIS

EAN: 9788497820998

ISBN: 978-84-9782-099-8

Disponible

18,95 € IVA incluido
Unidades

Referencia del editor

Xosé Alexandre Cribeiro Rodríguez (Pontevedra, 1936-1995), desenvolveu unha actividade feraz no xornalismo audiovisual e sempre se sentiu abraiado polo cine. Ademais, foi un afervoado militante cultural que se iniciou no grupo Brais Pinto, e tamén político, na procura dunha díficil síntese entre o PCE e o nacionalismo galego de esquerdas. A súa obra poética encádrase na denominada Xeración das Festas Minervais. A presente edición da súa obra poética en galego, preparada por Miro Villar, recolle os libros ?Indo pra máis perto? (1979), onde reedita o esgotado ?Acoitelado na espera? (1960) e o premiado e inédito ?Doente na espranza? (1962), xunto a novos textos; e o póstumo ?A señardade no puño? (1996). Os primeiros poemas están percorridos e vertebrados pola influencia do existencialismo, para logo derivar a unha poética máis vitalista e comprometida coa transformación social, mentres que a súa obra testamentaria progresa cara a unha madureza no alento lírico.

Comparte este producto

Esta página web únicamente utiliza cookies propias con finalidades técnicas. No se llevan a cabo recopilaciones o tratamientos de datos personales mediante cookies que requieran su consentimiento. Conozca más sobre las cookies que usamos en nuestra Política de cookies.