Greguería, haiku, caligrama, poesía concreta, soneto visual, poesía tipográfica, experimentación... Cousas... Con permiso de Castelao. É do que se compón G, título que fai referencia a Greguería, pero tamén a Galego, a materia coa que está feita a obra. A expresión concreta do idioma representada por unha letra que se converte en homenaxe ao dicionario, ese libro escrito sen Grandes palabras, sen maiúsculas, pero que dá entrada a todas as voces, ao H mudo e aos sons excluídos pero non inexistentes na lingua: Y, J, K, W. Un ?G? con ou sen G?H?eada e o seu séquito alfabético que aquí se ordena a modo de particular abecedario para enumerar as seis partes do libro: ?G? de Greguería, de Galego e de Ghaliza. ?H? de Haiku e de Horizonte. ?Y? de Yin-Yang e Ye-Yé ou viceversa. ?J? de Jaiku Jam sessión Jazzzzzzzz. ?K? de Kú de Hai-Kú, de Kamikace e de Kamiño. ?W? de VVisual ou Wisky, unha invitación a ver dobre.

Esta página web únicamente utiliza cookies propias con finalidades técnicas. No se llevan a cabo recopilaciones o tratamientos de datos personales mediante cookies que requieran su consentimiento. Conozca más sobre las cookies que usamos en nuestra Política de cookies.