Tras Asasinato na Casa Rosa, Arantza Portabales regresa cun novo caso da agora detective Iria Santaclara e o comisario xubilado César Araujo. Volvemos a Loeiro, onde en 1984 acontece unha matanza no muíño do Cura que trae as súas consecuencias ata o presente, cando, unha muller, Alba Mariño, chega á vila na procura de repostas sobre un pasado que lle roubaron e do que descoñece todo, agás a marca indeleble que deixou na súa vida. Santaclara e Araujo, coa inestimable colaboración de Sinda, a Gestapo, axudarán a Alba a desentrañar o sanguento misterio arredor do seu pasado e baterán coas sinistras irmás Freijomil, netas do cura, e coa vella historia da morte da súa sobriña Berta sendo nena, crime que nunca se resolveu. E así, en Loeiro, o pacto de silencio entre os veciños vai rachando ata que, nun final trepidante, faise a luz entre as sombras dun pasado cruento que implica a moitos máis dos que pensabamos.

Esta página web únicamente utiliza cookies propias con finalidades técnicas. No se llevan a cabo recopilaciones o tratamientos de datos personales mediante cookies que requieran su consentimiento. Conozca más sobre las cookies que usamos en nuestra Política de cookies.