Referencia del editor

A industria da información ten en Internet o aliado perfecto contra o que nun pasado recente facía dos medios de comunicación un contrapoder ao servizo da verdade. E da democracia. Os xigantes tecnolóxicos que dominan o espazo da información pública, como é o caso de Google, Facebook, Amazon ou Twitter, fan circular ininterrompidamente información como se dunha simple mercadoría se tratase. Sen que os poderes institucionais e políticos fixeran nada por regular esa nova orde global sostida polos contravalores da desinformación e a mentira. En medio dese tsunami, os medios tradicionais e o xornalismo son ao tempo vítimas -desactivan a súa función política de intermediarios- e cómplices -réndense ao sensacionalismo e deixan de preocuparse por interpretar o mundo.
O autor deste libro seguiu con mirada crítica ese proceso de progresiva degradación do noso máis próximo sistema de comunicación, e articulou un trazado de causas, efectos e responsabilidades que teñen no acontecer político, social e cultural dos últimos 32 anos a súa bagaxe contextual.

?O autor, no seu novo libro, establece de modo definitivo, cun catálogo abafador de feitos, datos e exemplos, a proba por ADN de que a relación dos medios e os políticos é tóxica?. Ignacio Ramonet

?A farturenta manchea de textos recollidos neste volume son a testemuña viva e a irrebatíbel proba da insubornábel afouteza e diáfana visión de Luís Álvarez Pousa no exercicio do labor dun xornalista auténtico na sociedade na que lle cadrou vivir: o do xornalismo de combate democrático?. Xosé Manuel Beiras

Comparte este producto

MEDIOS E POLÍTICOS, BAIXO SOSPEITA (1990-2023)

ÁLVAREZ POUSA,LUÍS

Librería

LAIOVENTO EDICIONS

2023

EAN: 9788484876397

ISBN: 978-84-8487-639-7

Disponible (24/48h)

34,95 € IVA incluido
Unidades

Referencia del editor

A industria da información ten en Internet o aliado perfecto contra o que nun pasado recente facía dos medios de comunicación un contrapoder ao servizo da verdade. E da democracia. Os xigantes tecnolóxicos que dominan o espazo da información pública, como é o caso de Google, Facebook, Amazon ou Twitter, fan circular ininterrompidamente información como se dunha simple mercadoría se tratase. Sen que os poderes institucionais e políticos fixeran nada por regular esa nova orde global sostida polos contravalores da desinformación e a mentira. En medio dese tsunami, os medios tradicionais e o xornalismo son ao tempo vítimas -desactivan a súa función política de intermediarios- e cómplices -réndense ao sensacionalismo e deixan de preocuparse por interpretar o mundo.
O autor deste libro seguiu con mirada crítica ese proceso de progresiva degradación do noso máis próximo sistema de comunicación, e articulou un trazado de causas, efectos e responsabilidades que teñen no acontecer político, social e cultural dos últimos 32 anos a súa bagaxe contextual.

?O autor, no seu novo libro, establece de modo definitivo, cun catálogo abafador de feitos, datos e exemplos, a proba por ADN de que a relación dos medios e os políticos é tóxica?. Ignacio Ramonet

?A farturenta manchea de textos recollidos neste volume son a testemuña viva e a irrebatíbel proba da insubornábel afouteza e diáfana visión de Luís Álvarez Pousa no exercicio do labor dun xornalista auténtico na sociedade na que lle cadrou vivir: o do xornalismo de combate democrático?. Xosé Manuel Beiras

Comparte este producto

Esta página web únicamente utiliza cookies propias con finalidades técnicas. No se llevan a cabo recopilaciones o tratamientos de datos personales mediante cookies que requieran su consentimiento. Conozca más sobre las cookies que usamos en nuestra Política de cookies.