A autora, especializada en estudos sobre memoria e identidade en contextos de desprazamento forzado e exilio político, achéganos, ademais de reflexións teóricas sobre os seus dous principais obxectos de estudo, unha aproximación ao exilio republicano en México e a súa institucionalización, así como ás condicións nas que se produciu a denominada ?transición española?, ollada dende a distancia dun exilio permanente no país de acollida. Guiomar Acevedo López, neta de exiliados republicanos, de Xoán López Durá, importante dirixente galeguista, e máis da socialista Caridad Martín Fernández, apórtanos a visión, no só académica, senón tamén humana, da terceira xeración, a dos netos e netas do exilio, e en especial daquel que nunca regresou, ou, en palabras do filósofo Adolfo Sánchez Vázquez, do aterrado, sen raiceiras nin asentamento, esgazado da súa terra, dos seus, aferrollado ao presente, entre un pasado que non se vai e un futuro que non vén, ata virar nun transterrado, o que atopou despois do perdido, isto é, do desterro.

Esta página web únicamente utiliza cookies propias con finalidades técnicas. No se llevan a cabo recopilaciones o tratamientos de datos personales mediante cookies que requieran su consentimiento. Conozca más sobre las cookies que usamos en nuestra Política de cookies.