A guerra, omnipresente na historia desde Heródoto e Tucídides, foi reivindicada pola historiografía occidental do século XIX, que vía en Grecia e Roma o berce dun ?modelo occidental? da guerra. Na actualidade, politólogos como Hanson, Luttwak e Huntington, asesores dos plans estratéxicos dos EE. UU., seguen defendendo este modelo. Este libro analiza como se ?racionaliza? a guerra, defendendo a existencia dunha vinculación íntima entre a estratexia militar, a democracia, a economía e o desenvolvemento da ciencia e a tecnoloxía, elementos todos eles que terían o seu nacemento na Grecia antiga e que posteriormente serían a columna vertebral do estado-nación. A realidade foi moito máis complexa, porque a guerra vai unida á imposición de réximes políticos, permite consolidar a explotación económica e fomenta a hostilidade constante entre estados, elementos todos eles xa presentes na antigüidade clásica, que intentaría regular a guerra a través do dereito. A partir da I Guerra Mundial, nace a guerra de materiais, que supón un incremento xigantesco da capacidade de destrución. Pero esta ocúltase construíndo a imaxe dunha ?guerra hixiénica?, que nega o sufrimento real dos combatentes e da poboación civil, sobre todo dos nenos e as mulleres, que sofren un tipo de violencia bélica moi específico, tal como se pode ver no último capítulo do libro. Neste libro analízase a ?guerra vivida?, non só a pensada, na perspectiva que defendía Luciano de Samosata no século II da nosa era, cando dicía que o historiador debe ter a capacidade de dicir a verdade, querer contala e non facerlle as beiras aos poderosos.

Esta página web únicamente utiliza cookies propias con finalidades técnicas. No se llevan a cabo recopilaciones o tratamientos de datos personales mediante cookies que requieran su consentimiento. Conozca más sobre las cookies que usamos en nuestra Política de cookies.