Á hora de escribir este traballo tiven que rexeitar, cousa non doada, numerosas tentacións. E a meirande destas foi a de deborcar nas presentes páxinas centos de anécdotas que circulan por aí, algunhas mesmo en letra impresa, sobre un Cunqueiro máis de fábula e lenda que de carne e óso. De non rexeitala afastaríame da miña angueira, non sei se levada a ramo, de che ofrecer, querido lector, fundamentalmente unha aproximación biográfica. Ademais, a miña admiración por Cunqueiro -fun e sigo a ser devoto seu- tamén me colocaba en disposición de escorregar pola pendente do panexírico, non recomendable nestes casos. A que tes nas túas mans quizabes non sexa unha biografía ó uso. Quebra moldes tradicionais, pecando, é posible, de certa desorde; mais, de existir, é unha desorde consciente, asumida de antemán en tódolos seus termos.

Esta página web únicamente utiliza cookies propias con finalidades técnicas. No se llevan a cabo recopilaciones o tratamientos de datos personales mediante cookies que requieran su consentimiento. Conozca más sobre las cookies que usamos en nuestra Política de cookies.