Neste libro recóllense as experiencias e sensacións que deixou escritas o artilleiro Ceferino Pereira de la Fuente nos seus diarios de campaña e nas cartas enviadas á familia durante a Guerra Civil española, desde mediados do mes de abril de 1937 até xullo de 1939. Existen poucos diarios coma este que documenten a Guerra Civil desde a perspectiva dun soldado na fronte durante un período de tempo tan longo e de xeito tan ininterrompido. Uns diarios nos cales non hai nada ficticio, xa que gozan da frescura e da valiosa inmediatez de seren achegados desde o mesmo momento en que sucederon os feitos. A través do seu testemuño puntual e verídico, convertémonos en espectadores da realidade da guerra, das emocións e condicións cotiás do combatente (que comían, como vivían, o que cobraban e gastaban, o aburrimento en ocasións, as vivencias cos compañeiros...), un aspecto ao que cada vez se lle presta máis atención. Doutra banda, o libro non é só a transcrición concisa do diario, senón que tamén explica en que condicións se escribiu e como se estrutura. Ademais, ofrece contextualización de interese sobre moitos dos as

Esta página web únicamente utiliza cookies propias con finalidades técnicas. No se llevan a cabo recopilaciones o tratamientos de datos personales mediante cookies que requieran su consentimiento. Conozca más sobre las cookies que usamos en nuestra Política de cookies.