Referencia del editor

Durante décadas, nomearon tendas, guiaron pasos, anunciaron oficios e acolleron historias.
Os rótulos comerciais antigos non son unicamente ferramentas de comunicación: son fragmentos de identidade, testemuños dunha forma de vida que se resiste a desaparecer.

Este libro recolle máis de 600 pezas fotografadas por toda Galicia: letras pintadas, vidros dourados, rótulos corpóreos, madeira, metal, azulexos? Un arquivo visual que convida a mirar con outros ollos o que tantas veces pasa desapercibido.

Cada rótulo fálanos dun tempo, dunha estética, dunha memoria compartida que aínda habita nas nosas rúas. Conservalos é coidar esa parte íntima do patrimonio que non adoita aparecer nos catálogos, pero que define como poucas cousas a alma dunha cidade.

Os rótulos da nosa vida é unha invitación a deter o paso, a mirar, a lembrar. Hai palabras que non só se len, tamén se senten.

Comparte este producto

OS RÓTULOS DA NOSA VIDA

COCHO, ANA ; LENS, JORGE ; WILLEMSE, ROBERT

Librería

GALAXIA

2025

EAN: 9788411765121

ISBN: 978-84-1176-512-1

Disponible

24,40 € IVA incluido
Unidades

Referencia del editor

Durante décadas, nomearon tendas, guiaron pasos, anunciaron oficios e acolleron historias.
Os rótulos comerciais antigos non son unicamente ferramentas de comunicación: son fragmentos de identidade, testemuños dunha forma de vida que se resiste a desaparecer.

Este libro recolle máis de 600 pezas fotografadas por toda Galicia: letras pintadas, vidros dourados, rótulos corpóreos, madeira, metal, azulexos? Un arquivo visual que convida a mirar con outros ollos o que tantas veces pasa desapercibido.

Cada rótulo fálanos dun tempo, dunha estética, dunha memoria compartida que aínda habita nas nosas rúas. Conservalos é coidar esa parte íntima do patrimonio que non adoita aparecer nos catálogos, pero que define como poucas cousas a alma dunha cidade.

Os rótulos da nosa vida é unha invitación a deter o paso, a mirar, a lembrar. Hai palabras que non só se len, tamén se senten.

Comparte este producto

Esta página web únicamente utiliza cookies propias con finalidades técnicas. No se llevan a cabo recopilaciones o tratamientos de datos personales mediante cookies que requieran su consentimiento. Conozca más sobre las cookies que usamos en nuestra Política de cookies.