Blog

12 ENE

Recomendado xaneiro 2021

A nosa novela recomendada de xaneiro 2021 foi ILLA DECEPCION
Recomendado xaneiro 2021

Illa Decepción de Berta Dávila, editado por Galaxia, último libro polo momento da autora, foi merecente este ano que ven de rematar do premio Narrativa Breve Repsol.

A autora continúa nesta novela a exploración na auto-ficción que comezara na súa anterior novela, Carrusel.  Nesta ocasión, o campo de indagación no que se mergulla é o da casa e o territorio máis persoal. A autora déixase levar por intuicións e curiosidades pouco convencionais, e neste percorrido, baixo a súa ollada poética,  xorde o novo e sorprendente que se agocha no ordinario e que nos mostra a modo de refachos reveladores, de asociacións e de imaxes.

Na escrita da novela irrumpeu, coma na vida de todas nós, o confinamento, e desta situación  xorde outra serie de exploracións que se entrecruzan coas anteriores.

Escollemos unha breve cita que atoparedes na páxina 20, das moitas que nos engaiolaron nesta novela: "As rúas constrúen as rutinas e as rutinas constrúen a vida".

Convidámosvos a disfrutar da súa lectura.

Volver a noticias