PEP BRUNO AMREI FIEDLER
Un dente que se move e nos amola, ao comer, ao falar, pero non hai maneira de que caia: aí segue como se tal cousa! Ás veces, todo resulta moi sinxelo: dáslle un bocado a unha mazá e, de súpeto, zas!, esa moa que se movía, cae. Estás en clase de matemáticas e, ao facer unha multiplicación, zas!, ese dente que abaneaba, cae.