Búsqueda de Editorial : XERAIS / Colección : MERLIN

72 resultados

  • CHOVE!
    VEIGA, RAMON D.
    Miñoca adora a choiva, pero ningún dos seus amigos está disposto a mollarse para xogar con ela. Ben, se cadra hai alguén a quen non lle molesta que chova... Adiviñas quen é? Prepara o chuvasqueiro e mergúllate nesta nova aventura dos teus personaxes favoritos! ...
    Disponible

    12,95 €

  • REFUGALLO O ESPANTALLO
    ALONSO GASALLA, IRENE
    Comba é unha nena moi espelida e moi peculiar. Acompañada do seu gato Chosquiño, gústalle recoller materiais de refugallo para darlles unha nova vida: fai lapiseiros cos frascos de mel, xoieiros con caixas de ovos e casas de bonecas con cartóns de leite. O seu desexo é recompoñer o vello espantallo que o pai ten na horta da casa, pero non vai ser sinxelo, xa que os «bocapodres»...
    Disponible

    12,50 €

  • WOMBO COMBO
    CARBALLEIRA, PAULA
    Sara odia a súa vida, ou polo menos a súa vida real: non ten case amigas e moito menos amigos; búrlanse do seu aspecto; non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre... Sara ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Pero Sara ten outra vida, unha vida virtual onde xoga en liña con ducias de persoas e é imbatible nas loitas facendo «Wombo Combo». Sar...
    Disponible

    12,95 €

  • CANDO SOA A BUGUINA
    RIDABULLA CORCON, XOSE HENRIQU
    Para Carme, o son da buguina trae do mar a voz do seu pai. Carme ten oito anos e vive en Muxía coa súa familia. O seu pai é mariñeiro e todas as tardes cando regresa do mar xoga con ela. Pero unha tarde o pai de Carme non volve. O seu barco perdeuse no mar. ...
    Disponible

    12,50 €

  • CONEXIÓN MACARRÓN
    COSTAS, LEDICIA
    A Espe e a Rino non lles gustan os paraugas, por iso agardaban debaixo dun tobogán a que parase de chover cando un señor fúnebre, con roupa, chapeu e paraugas negros, lles preguntou se querían que os acompañase á casa. Díxolles que era Expósito e que vivía no seu mesmo edificio, no noveno andar. Todo nel lles pareceu sospeitoso: o sombreiro dáballe voltas sobre a cabeza, os seu...
    Disponible

    12,50 €

  • ANIMALIA 1. VERDE
    XOSÉ TOMÁS
    Na calma da selva, una sucesión de golpes alerta a todos: "Bum, Bum". O león sobresáltase, a xirafa mira con sorpresa, os paxaros asústanse e entón apareceu facendo footing Sara, unha elefanta cunha cinta na cabeza. " Animalia " é un proxecto de banda deseñada protagonizado por animais de diversos hábitats. Historias autoconclusivas dunha páxina reunidas en tres entregas: a p...
    Disponible

    13,50 €

  • A CAZADORA DE ESTRELAS
    CANOSA, MARÍA
    Megumi era unha das mellores cazadoras de estrelas da súa comunidade. As súas frechas trazaban no ceo o debuxo dun arco até cravarse xusto no medio das estrelas pequeniñas e moi brillantes para crear, entón, unha neboeira de luz. Contaba coa magnífica axuda de Turrón, unha egua que galopaba lixeira coma o vento. Sobraban os dedos dunha man para contar as veces que errara no seu...
    Disponible

    12,50 €

  • MARCOPOLA 4. AVOA POWER
    FERNÁNDEZ SERRANO, JACOBO
    O temible ladrón Blake the Tiger anda facendo das súas na Costa das Patacas. Alí chegan Marcopola, Libro e Dragoneta para axudar a Seara, a avoa de Libro, a resolver a desfeita. Seara, como todas as avoas, é quen de facer cousas incribles, mais só ela é coñecida na vila como Avoa Power. Por que será? ...
    Disponible

    13,50 €

  • POEMAR O MAR
    GARCIA TEIJEIRO, ANTONIO
    ?Poemar o mar? é un libro de poemas que forma parte da triloxía que se completa con ?En la cuna del mar? e ?Palabras do mar?. Nestas tres obras o mar é o gran protagonista, un mar que ronca, que molla con poemas, que ten trenzas, que anda murcho, que chora por dentro e cala por fóra. Mares con ondas amarelas, con illas coma estrelas, mares de plumas que son de auga e mel, mares...
    Disponible

    13,50 €

  • ESMERALDINA, A PEQUENA DEFUNTA
    COSTAS ÁLVAREZ, LEDICIA
    O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial. A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena. A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes do alén, e empezan a chegar...
    Disponible

    13,50 €

  • O LÁPIS DE ROSALÍA
    CORTIZAS, ANTÓN
    Rosalía ten seis anos. Cando fala, da súa boca saen bolboretas que pairan no ar moi alegres, dicindo palabras moi bonitas. E as súas mans tocan as cousas con seis caricias, e seis suspiros salaian á vez. Rosalía vai á escola, onde aprende a ler e a escribir. Un día acabóuselle o lapis, chegou á casa e díxolle ao pai: -Papá, tesme que mercar outro lapis. O novo lapis resultou se...
    Disponible

    11,95 €

  • MARCOPOLA 3. DRAGONETA!
    FERNÁNDEZ SERRANO, JACOBO
    POR FIN O AL BEBERAXE QU E DE CUSPIRNINGU‚N NO M VAI SER AGO ...
    Disponible

    13,50 €

  • ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA
    COSTAS, LEDICIA
    Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que...
    Disponible

    12,95 €

  • MARCOPOLA 2. OS PIRATAS DA LÚA
    FERNÁNDEZ SERRANO, JACOBO
    Nesta nova aventura MARCOPOLA e LIBRO coñecen os Piratas da Lúa, unha estrafalaria banda de mariños nocturnos moi amigos da festa rachada. Xuntos pasarano de marabilla, mais tamén haberán de enfrontarse ao malvado Almirante Cobreguiña e á súa desapiadada tripulación. ...
    Disponible

    13,50 €

  • MARCOPOLA 1. A ILLA REMEIRA
    FERNÁNDEZ SERRANO, JACOBO
    MARCOPOLA, antes de chamarse Marcopola, era unha illa illada no medio do océano, e aburríase moito. Todo cambiou aquela mañá en que un estraño obxecto apareceu na súa praia. Que sería esa cousa tan rara? Para que serviría? Marcopola. A illa remeira é o inicio dunha serie de cómic para os primeiros lectores que seguirá coa publicación de Marcopola e os piratas da Lúa! ...
    Disponible

    13,50 €

  • PALABRAS DE AUGA
    CALVEIRO, MARCOS
    O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o alimento agochado nos formigueiros, mais tamé...
    Disponible

    12,50 €

  • OS VAGALUMES DE MARI
    MIGUEZ, ALBA / GOMEZ, DAMIAN
    Marí é unha nena de dez anos que vive feliz ata que o seu pai ten que embarcar por motivos de traballo. Cando o barco está a piques de regresar, o faro da vila estrágase. Marí nunca imaxinaría que o conto que lle contaba o pai sobre monstros e vagalumes poida ter algo que ver coa posibilidade de que o faro volva iluminarse antes de que o seu pai chegue a porto. ...
    Disponible

    12,95 €

  • O MONSTRO DAS PALABRAS
    REIMÓNDEZ MEILÁN, MARÍA
    Alba e Lela chegan unha miga máis tarde á escola e atópanse con que xa están sentados todos os nenos e nenas, mais ninguén fala; están como aparavados, só tatexan unhas palabras sinxelas. Nese momento chega a mestra, que axiña entende que ocorre e lles di que todo indica a chegada do monstro, un monstro que ela xa coñece porque estivo outras veces no seu lugar. Ante o abraio da...
    Disponible

    11,95 €

  • CATRO CARTAS
    DOCAMPPO, XABIER P.
    Enfiadas nas súas vivencias, estas cartas son mensaxes de amor arredor da lectura. Cinco pretextos para compartir ese mundo marabilloso da literatura, a palabra, a ficción... ...
    Consultar disponibilidad

    11,50 €

  • O MUNDO MÁXICO DE LÍA
    SANTIAGO, EDUARDO
    Lía ten dez anos e a súa nai cre que é moi madura para a súa idade. Claro que o resto da xente pensa todo o contrario, sobre todo o pai, que se burla dela porque se nega a falar. Unha noite, Lía foxe da casa e agóchase detrás duns arbustos esquivando a persecución do seu pai. Na compañía de Glok, un trasno imaxinario, emprende unha aventura fantástica por un mundo máxico, soter...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,50 €

  • OS CAMIÑOS DO VENTO
    ESTÉVEZ, XAVIER
    Lucas e Sara comezan o novo curso xuntos no instituto. O cambio á ESO non será doado, e menos cando un novo misterio peta nas súas portas. Unha pequena ladroa de peixe aparece no peirao onde adoitan ir pasear. Na súa pescuda por descubrir quen é esa rapaza, aprenderán a ver o mundo con outros ollos e coñecerán dous novos amigos e a odisea que viviron ata chegar á vila: unha via...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,50 €

  • XELÍS, O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR
    ANEIROS, ROSA
    Cando Xelís descubriu aquela botella de mar na regaña máis agochada da Punta de Bruaboi, decatouse de que algo extraordinario estaba a piques de acontecer. Unha gran mancha de plásticos, que navegaba errática polos océanos, deu en ameazar a illa de Otlic e puxo en perigo os seus habitantes. Os grandes guieiros da natureza non saben como actuar. Xelís inicia entón unha arriscada...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,50 €

  • OS ECOS DO LUME
    FARIÑA, ANXO
    Noa ten doce anos e parece que o único que lle importa é Internet e o que pensan dela os seus compañeiros do instituto. Pero iso vai cambiar. Durante un terrible incendio perderá o seu irmán pequeno nunha mámoa, que en realidade é o acceso ao incrible mundo Introterrestre. E isto é o principio. Irá na procura do cativo e poñerá en risco a súa vida con tal de axudalo. Descub...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,50 €

  • LÚA EN NINGURES
    MACEDA, BEATRIZ
    As casas da rúa que Lúa percorría todos os días para ir ao colexio, á pastelería, á tenda de xoguetes ou ao bar onde o seu avó xogaba ao xadrez empezaron a desaparecer, esnaquizadas. Lúa e a súa familia vense na obriga de fuxir do horror da guerra e instálanse en Ningures, un campo de refuxiados onde semella que xa non queda esperanza. Porén, vai ser nese lugar onde Lúa descubr...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,50 €

  • MÚSICA NO FAIADO
    ALONSO DIZ, MIGUEL ÁNGEL
    Unha tarde de choiva e uns misteriosos ruídos no faiado dan comezo á descuberta da historia familiar de Lucía e Miguel, mantida en silencio durante anos. A represión, a emigración, o racismo, o medo e un evocador percorrido pola música do século XX conforman un libro de gran sensibilidade que, a través dos ollos inocentes de dous irmáns, ispe acontecementos do pasado recente du...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,50 €

  • ULF DE JAKOBSLAND
    VARELA FERREIRO, ALBERTO
    Finais do século XI. Un vello conde danés, antigo xefe viquingo agora convertido ao cristianismo, arriba ás costas de Faro Brigantium, a primeira etapa da súa peregrinación ata Santiago de Compostela, na terra onde se fixo famoso como guerreiro. É o final da súa vida e o final dun tempo; as novas crenzas mestúranse cos deuses ancestrais e as vellas lembranzas, coas novas. Foi n...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    16,50 €

  • CHOIVA DE RAS
    LOUREIRO, ÁNXELA
    Todos os animais da fraga coñecían as extravagancias de RaMona, a ra máis mona do lugar, unha afouta artista da camuflaxe que non quería nin casar nin levar os ovos á lagoa como o resto das ras. RaMona vivía á súa bóla, buscando flores e escoitando as diferentes harmonías que desprendían, o que lle permitía argallar rimas e compoñer cancións coas máis variadas melodías. Porén, ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    11,95 €

  • A NOITE DAS BICICLETAS
    GONZÁLEZ COSTA, TERESA
    Raymond era un apaixonado da bicicleta e experto na apertura de todo tipo de cadeados. Membro dunha familia de saltimbanquis, a súa ilusión era participar nunha gran carreira ciclista, razón pola que era capaz de pedalear todo o día sobre " Vancouver " , a súa bicicleta azul e vermella. Cando chegou á nova vila amigou axiña con Elías Brimarán, que traballaba no estaleiro famil...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,50 €

  • A BIBLIOTECA DE PEDRARCANA
    ÁLVAREZ TABOADA, CARLOS
    Pedrarcana de Leria era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante: a xente non lía, non falaba, non soñaba, non xogaba, non protestaba, deixábase levar. Mais cando chegou Alexandra a traballar na biblioteca as cousas comezaron a mudar e, sobre todo, cando Mauricio, o mestre, atopou no tranvía o libro das tapas vermellas. Falou na cla...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,50 €

  • MARÍA VICTORIA MORENO
    ALEIXANDRE, MARILAR / CASALDERREY, FINA
    Este libro é un acto de cariño, no que Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre ofrecen un fermoso retrato de María Victoria Moreno, a escritora, á que está dedicado o 17 de maio de 2018. Iniciada polo relato apaixonante do que sucedía na libraría Xuntanza de Pontevedra, da que era socia María Victoria, esta biografía segue o fío da vida da autora, dende os seus anos difíciles d...
    Consultar disponibilidad

    13,50 €


01 02 03