Búsqueda de Editorial : XERAIS / Colección : FORA DE XOGO

77 resultados

  • ADELINE
    SOLAR, MARIA
    Adeline é unha homenaxe a Carmilla, a primeira vampira literaria, escrita vinte e cinco anos antes de Drácula. Laura vive desde nena agoniada por un estraño don que posúe: ve mortos. Durante anos leva unha vida solitaria no pazo familiar da contorna de Verín. Cando medra, a ansiada vida universitaria en Madrid tampouco é o que esperaba. No regreso estival ao pazo, Laura atopa u...
    Disponible

    12,95 €

  • AQUELES CORPOS NOSOS
    GOMEZ RAMOS, ADRIAN
    Todos os actos teñen consecuencias. Fernán e Xandre Malvís buscan recuperar a normalidade nas súas vidas e sandar as cicatrices inflixidas polo enfrontamento cos irmáns Garrido. A cidade, pola contra, non esquecerá con tanta facilidade o conflito entre as dúas familias, e as fauces de Compostela escolleron unha nova vítima. Os Malvís terán que facer uso de todo o seu coñecement...
    Disponible

    12,95 €

  • A TRIBO DO MAR
    PÉREZ, LOIS
    Alexandra mira o mar de Burela e soña con goles imposíbeis; cando virá súa nai de Cabo Verde? Namentres, a miles de quilómetros ao outro lado do océano, o señor Abdallahi non sabe de Tihani; onde se metería o rapaz? Terá problemas co vello Mahmoud? Samba estraña moito o seu pai, pois Souleymane marchou hai xa un mes. Libia non era o que pensaba. O Mediterráneo parece agora infr...
    Disponible

    12,95 €

  • FURIA
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    Tras a morte da súa nai, Cecilia, unha adolescente de dezaseis anos, non sabe como convivir coa dor. Por se non fose pouco, unha pandemia, un cambio de casa, a precariedade e a incomunicación coa súa tía avoa énchena de rabia ante o mundo que a rodea. Cando a cousa parece que xa non podería empeorar máis, atópase co boxeo. Grazas a este deporte e a unha serie de persoas que a a...
    Disponible

    12,95 €

  • CICUTA PARA DOUS
    LEIRA, ROCÍO
    «Búscase persoa curiosa para resolver crime que aínda non se cometeu.» A aparición desta mensaxe na sección de anuncios por palabras dun xornal esperta a atención de Erundino Terrón, un filósofo solitario e rosmón. Xunto coa súa secretaria Irma, verase inmerso nunha investigación contra o reloxo que o levará a desentrañar as mensaxes cifradas que chegan cada mañá nas páxinas do...
    Disponible

    12,95 €

  • A LEBRE MECÁNICA
    COSTAS, LEDICIA
    As cousas entre Nana e Corvo ultimamente non van nada ben. Conseguiran construír un mundo onde compartían todo: películas, música, manga, videoxogos... Non querían separarse nunca. Mais iso era antes. Agora Corvo desaparece durante horas e non conta onde vai. Cando Nana lle pregunta que lle pasa, enfádase. No seu grupo de amigos ninguén comprende que lle sucede. Desde que empez...
    Disponible

    12,95 €

  • QUE ME PARE O CORAZÓN SE TE ESQUEZO
    MACEIRAS, ANDREA
    Blue Shiva é a deusa das redes sociais. Na súa popular canle aparecen os retos virais máis arriscados. Pero tamén é unha deusa fráxil. A noite en que decide camiñar polo bordo dun edificio de dez andares, só desexa que a chuvia deteña a súa ousadía. Porén, Nordestal é unha cidade ventosa, e Blue Shiva precipítase ao seu propio abismo. Axiña as redes sociais difunden a nova da s...
    Disponible

    13,50 €

  • A LADROA DA BIBLIOTECA DE MEIRÁS
    MEJUTO, EVA
    O prohibido era excitante e aterrador ao tempo. O perigo de ser vista, o medo de que desen con ela, formaba parte dun xogo ao que Mariña estaba prendida. Coábase na mellor biblioteca do mundo, co universo enteiro para ela arrombado nos andeis. Ata que non puidese saír da aldea, ese era, sen dúbida, o único paraíso posible. Ás veces a felicidade era tal que esquecía onde estaba ...
    Disponible

    13,50 €

  • O CONSERXE
    VAZQUEZ SOMOZA, XOSE LUIS
    A vida nun IES de nova creación vese alterada por un acontecemento dramático: aparece o cadáver de Iria García, unha alumna de 1º de Bacharelato, colgado no aro dunha canastra. As protocolarias investigacións policiais e xudiciais conclúen, segundo o criterio do conserxe, cun desacertado informe de posible suicidio. A partir de aquí comezan as indagacións oficiosas do propio co...
    Disponible

    13,50 €

  • 48 HORAS
    PANIAGUA POUSA, CÁNDIDO
    Ninguén imaxinaba que a gravación dun documental para a materia de Historia remataría de forma tráxica coa enigmática desaparición de Lois Figueirido. Familia, amizades e veciñanza mobilizaranse e achegarán todos os seus esforzos para dar con el. Mais, para avanzar na investigación, deberán someterse a unha introspección, botar man da historia local e axudarse das redes sociais...
    Disponible

    13,50 €

  • MEMORIA DO SILENCIO
    MEJUTO, EVA
    Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en Améri...
    Disponible

    13,50 €

  • FÓRA DO NORMAL
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    André, igual ca os heroes da Banda Deseñada como Superman, Batman e A muller marabilla que tanto admira, vive en conflito co seu corpo e coa súa identidade. Un conflito que lle parece irresoluble ata que ao seu instituto de Teis chega Mucha das Anzas, unha rapaza de Ribadeo que, contra todo prognóstico, non se sente fóra de lugar malia a súa orixe rural e a súa forma de entende...
    Disponible

    13,50 €

  • O QUE SEI DO SILENCIO
    MACEIRAS, ANDREA
    «Chámome Delia e son unha covarde. Esta é a historia de como acosamos a Silke durante os meses que estudou no noso instituto. E de como todo se nos foi das mans. Das miñas mans inútiles. E das manipuladoras mans de Xulia, Lara e Daniela. Das mans indiferentes de Marcos. Das sucias e miserables mans de Vítor. Das indecisas mans do meu irmán Iago. Diso vai este blog que acabo de ...
    Disponible

    13,50 €

  • CARTAS DE INVERNO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que...
    Disponible

    13,50 €

  • 22 SEGUNDOS
    MEJUTO, EVA
    O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase. " Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá...
    Disponible

    13,50 €

  • CORREDORA
    REIMONDEZ MEILAN, MARIA
    Genet Mullugueta naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía. Dende noviña o que máis lle gustaba era correr e correr polo ventre da montaña. Mais a fame, a guerra e a figura do pai obrígana a acompañar a súa nai e a pedir esmola polas rúas inseguras e caóticas de Addis Abeba. Alí, vendendo panos nos cruzamentos, Genet coñeceu a Abebe, un médico e voluntario da federación de a...
    Disponible

    13,50 €

  • XA NON ESTOU AQUÍ
    MISA, IRIA
    Ánxela repite 1º de Bacharelato obrigada polos seus pais. A súa vida sofre un cambio rotundo cando, a comezo de curso, meses antes da súa misteriosa desaparición, coincide con María, que a seduce para integrala nos Murnios, un grupo de hábitos diferentes ao resto de compañeiros e compañeiras. Fascinada pola acollida destas novas amizades, aceptará asumir as arriscadas probas a ...
    Disponible

    13,50 €

  • JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA
    COSTAS ÁLVAREZ, LEDICIA
    O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía? Na botica do vello Philipot custódiase un importante segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta, dúas mulleres rodeada...
    Disponible

    13,50 €

  • A NEVE INTERMINABLE
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Un equipo dede escribir As fronteirreclu¡rse nuno hostal s¢h¢spedes. Aonon rematarel‚ctrico, ehistorias daaparenta servidas. A nevlugar centratam‚n aquelo libro esencdespois dial ...
    Disponible

    13,50 €

  • PENÚLTIMAS TENDENCIAS
    NEGRO ROMERO, CARLOS
    Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un albúm secreto para todas aquelas mozas que procuran una fenda nos valos, máis alá da gaiola rosa dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa a voz que nunca tivo. Porque medrar é aprender a fuxir da ditadura dos espellos. Non agardes máis: entra nun universo onde non todo vai se...
    Disponible

    13,50 €

  • O CORAZÓN DE XÚPITER
    COSTAS, LEDICIA
    Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de es...
    Disponible

    13,50 €

  • AS MEIGAS DE LUPA
    SOLAR, MARÍA
    María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha vella chave da avoa e tras a pr...
    Disponible

    13,50 €

  • DRAGAL. A HERDANZA DO DRAGÓN
    GALLEGO ABAD, ELENA
    Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego?Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu p...
    Disponible

    14,50 €

  • TODOS FOMOS
    CALVEIRO, MARCOS
    Seis anos despois da desaparición de Natalia, unha chamada do pasado esperta unha mañá á inspectora Lina Souto: a rapaza apareceu espida e viva nunha praia de Teis. Comeza así unha trepidante carreira contra reloxo para descubrir o acontecido durante todo este tempo e, quizais, tamén para salvar a vida dun meniño. Mentres, os medios de comunicación sensacionalistas -coa inefabl...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,50 €

  • IN MEMORIAM
    CARBALLUDE, PEPE
    A chegada dun grupo de voluntarios da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica para escavar o antigo Parque da cidade, onde se cre que están os restos dun fusilado pouco despois da Guerra Civil, desencadeará un lote de sorpresas, que saldarán débedas pasadas e avivecerán vellas historias adormecidas. Novela de plena actualidade, na que se quere facer xustiza e homen...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,50 €

  • SANTOAMARO
    FRAGA, ANTONIO MANUEL
    Finalizado o seu derradeiro ano no instituto, unha cuadrilla de rapaces e rapazas disponse a gozar do verán tras o cal, posiblemente, os seus camiños se afastarán para sempre. Despois dunha noite de festa acaban na praia de Santo Amaro, onde prometen xuntarse nas madrugadas dos sábados para bañarse no mar e conversar. Nese único escenario van agromando as relacións e os segredo...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,50 €

  • CAMIÑO PERIGOSO
    LOUREIRO, ANXELA
    En tempos das revoltas irmandiñas, a vida non era doada para a xente do común. A protagonista decátase da inxusta realidade ao ver en perigo a súa familia e decide emprender un arriscado percorrido na procura da liberdade dos seus seres queridos. A adversidade, a fatiga, os medos e as doenzas non impiden que siga adiante e se mergulle nunha apaixonante aventura. A narración mes...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,50 €

  • A RAÍÑA GALEGA
    DURÁN, XOSÉ
    Nacín hai xa moitos séculos. Son a lingua galega, filla dunha poderosa raíña e duns belicosos reis que moraban no noroeste da Península Ibérica. Fun admirada en Europa e cortexada por reis, nobres e bispos. Os trobadores tanxían os seus instrumentos cantándome nos pazos e castelos, mentres os xograres alegraban as festas comigo. Mesmo os poetas de Castela, Andalucía e a Provenz...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,50 €

  • A MEMORIA DOS PAXAROS
    GONZÁLEZ COSTA, TERESA
    A aparición dun mozo inconsciente nunha reserva de aves a noite do Samaín coincide cunha serie de fenómenos estraños que se empezan a dar na vila. Os despoxos de paxaro aparecen polos camiños, escóitanse chíos arrepiantes e hai cortes de luz inexplicables. A sombra dun terrible ser mitolóxico emerxe das tebras, ao tempo que un especulador de terreos asegura ter a solución a tod...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,50 €

  • TRESCATORCEDEZASEIS
    LEIRA, ROCÍO
    «Xogamos?» Ese é o contido dun correo electrónico que un día recibe o profesor Benavides. O matemático acepta o lance e dende ese intre terá que desentrañar o misterio que se agocha tras os asasinatos que se están a producir no campus universitario. Coa axuda de Silvia, unha enigmática alumna da facultade de Matemáticas, Benavides deberá resolver os desafíos lóxicos que un inte...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,50 €


01 02 03