Búsqueda de Editorial : GALAXIA / Colección : COSTA OESTE

72 resultados

  • OUTEIRO DO AMIEIRO, O
    LERTXUNDI, ANJEL
    O protagonista desta novela quere coñecer o mundo, viaxar dun lado cara a outro, gozar das paisaxes e cidades máis fermosas, e non é que sexa moi raro, moitos libros falan disto. Pero o protagonista desta novela non é unha persoa coma ti ou coma min. Non é nin sequera un rato ou un golfiño. Trátase dun amieiro, unha simple árbore. E unha árbore teno moi complicado para ir polo ...
    Disponible

    14,70 €

  • A LISTA DAS COUSAS IMPOSIBLES
    GONZALVO, LAURA
    Di Clara que cando Guim a deixou, só pouco antes do seu aniversario dos dezaoito anos, fíxoo porque tiña ganas de “facer cousas”. De vivir a vida. Que non sabía, que non podía saber, que só seis meses despois un accidente de moto o ía deixar en cadeira de rodas e que sería ela quen viviría a vida que el imaxinara. Di que a de Guim terminou sendo unha vida totalmente distinta. U...
    Disponible

    17,40 €

  • ATRANCO NO BANCO
    NÚÑEZ SINGALA, MANUEL
    Hai atracos e hai atracadores, pero poucos tan zoupóns, trapalleiros e inútiles como os que tentan roubar o banco nesta divertida comedia que tes nas mans, como non podía ser doutra maneira se o autor é Manuel Núñez Singala. Un dúo de ladróns sen vocación, un director de banco máis delincuente que os propios atracadores, unha secretaria que parece inxenua pero que non o é tant...
    Disponible

    12,60 €

  • IRIDIUM
    CASTRO, FRANCISCO
    Iridium é unha historia de amor. Ou é unha historia de discriminacións e inxustizas. Ou é unha historia sobre a amizade máis aló das dificultades. Ou é unha historia sobre unha raíña do Instagram e un malote moi malo. Esta novela conta a historia de Iris, unha rapaza que cursa primeiro de bacharelato e que, coma tantas e tantos do seu tempo, quere vivir a vida con intensidade. ...
    Disponible

    12,60 €

  • BOCA DO MONTE,A
    DÍAZ NÚÑEZ, CELIA
    E hai épocas pensadas para ese tipo de momentos heroicos. Nesta novela, a autora repasa un momento da nosa historia que é moito máis ca a construción dun túnel ou o furado brutal dunha montaña brutal. Sobre todo, é unha historia sobre a nosa historia, sobre os nosos devanceiros que foron esmagados por un imperio, o romano, ao que pouco lle importaban as xentes de Galicia máis q...
    Disponible

    14,50 €

  • ACHADO DO CASTRO, O
    NUÑEZ SINGALA, MANUEL
    O autor lévanos á Roma antiga, mais faino xogando coa lingua obrigando a que os personaxes falen coma nós, con termos de hoxe en día, o que nos leva a situacións moi cómicas dende un "latín" un chisco especial. Como boa historia romana, hai un emperador, que é de todo agás espelido, soldados, filósofos barbudos e sabios, e... unha historia de amor. Humor, situacións inauditas e...
    Disponible

    12,60 €

  • DIARIO VIOLETA DE CARLOTA, O
    LIENAS, GEMMA
    Un día, Carlota recibe da súa avoa a encomenda de observar o mundo cunhas lentes de cor violeta, é dicir, dende unha óptica feminista e igualitaria. Axiña vai entender, e nós con ela, que hai moitísima situacións do noso día a día que tomamos como normais cando, en realidade, son todo un exercicio de discriminación e inxustiza. ...
    Disponible

    13,00 €

  • MENU DE ENGANOS
    NU¥EZ SINGALA, MANUEL
    Velaquí un dos libros máis sorprendentes de todos cantos se teñen publicado na nosa lingua nos últimos anos. Literatura á carta. Unha carta literaria. Literatura con sabor. Historias gorentosas para darlle gusto ao noso padal. Contos para comer, para mastigar de vagar, para gozar e repetir. Un menú completísimo. Dieta de palabras absolutamente perfecta. ...
    Disponible

    13,90 €

  • (G).CONTAS DO BUXO.(COSTA OESTE)
    FERNANDEZ FERNANDEZ, RAQUEL
    Lara é unha adolescente que saca boas notas e que nunca dá problemas, pero iso muda cando abandona Gondomar e sobe a un autobús sen lle dicir a ninguén a onde vai. Tras dela, un desengano amoroso, os silencios da súa familia e un León que, sen descanso, a persegue nos seus pesadelos. Sen saber moi ben como, remata en Ribadeo, unha vila unida estreitamente a aquel último verán q...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,70 €

  • MURUROA
    MARTÍN, MIGUEL
    1.1YF 01.1 10000000000000000 ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    17,00 €

  • MEIGAS
    FOLGAR BREA, ESTEBAN
    1.1YF 01.1 10000000000000000 ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,65 €

  • PODER NON E QUERER
    RIVAS CANTELAR, NOELA
    1.1 01.1 10000000000000000 ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    16,40 €

  • BERTA MIR DETECTIVE. O CASO DO ASASINO INVISIBLE
    SIERRA I FABRA, JORDI
    Desde que Berta se tivo que facer cargo da axencia de detectives de seu pai e se enfrontou a unha chea de casos e problemas, xa non é a mesma. E o último ano converteuse nunha espiral de tensións, sucesos e cambios na súa vida. Agora está piques de saír o primeiro disco do seu grupo, que a enche de ilusión; pero ten que decidir se continúa a súa relación con Néstor, se segue co...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    16,80 €

  • VALDEMULLER
    NEIRA CRUZ, XOSÉ A.
    Valdemuller é unha historia de iniciación onde Mina, unha rapaza que acaba de facer quince anos, se interna no mundo dos coñecementos ancestrais das mulleres que saben, que sempre souberon ao longo dos séculos, malia as invisibilidades e os silencios impostos. Tamén é o nome dunha fraga frondosa e enigmática situada no corazón da provincia de Lugo, ademais do título desta nove...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,50 €

  • DONA DE AURIA, A
    POMBO GRAÑA, ANDRES
    A novela é a continuación de O segredo das Burgas de 2018, seguindo as aventuras do medio-demo Ciprianiño, Cip para os amigos, a meiga Landelina e a súa mestra, dona Ádega. A historia comeza cando a meiga de meigas é chamada ao Edificio Simeón para tratar cunha invasión de trasnos. O que semella un simple caso de falcatruadas sobrenaturais pronto desvela ser unha conspiración p...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    15,50 €

  • LUME (V CERTAME DE TEXTOS TEATRAIS ROBERTO VIDAL B
    BAÑOS DE COS, J.L.
    Roi, un rapaz de dezaseis anos, cunha vida igual á doutros rapaces da súa idade, toma unha serie de decisións que o levarán a cometer un horrible crime. Cal é a causa pola que isto sucede? A verdadeira protagonista de Lume é a violencia, cada vez máis presente na nosa sociedade, con múltiples formas e, en moitos casos, agochada tralo anonimato da masa grupal. Contada de xeito n...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    10,20 €

  • MISS ANTROPÍA
    CASTRO PAREDES, FERNANDO
    Noe está anoxada co mundo. Non encaixa. Todo se esboroou tras a morte do pai e séntese atrapada e sen horizontes. Odia a súa nai. Odia canto a rodea. A súa furia interior acaba envorcándose na creación dun perfil falso nas redes sociais: “Miss Antropía”, no que inventa a vida dunha rapaza que está morrendo de cancro. A nai de Noe decide mudarse. Un cambio radical. Un novo comez...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    17,75 €

  • CABALGAREMOS TODA A NOITE
    GURT, CARLOTA
    PREMIO MERCÈ RODOREDA 2019 Carlota Gurt debuta na literatura con Cabalgaremos toda a noite (Premio Mercè Rodoreda 2019), un talentoso libro que nos achega á liberdade, un abismo de desexos e medos ao que nos asomamos transitando por unha corda frouxa, con personaxes próximos, que poderían ser calquera de nós, cos seus amores e medos. Un avanzar ás escuras cara a metas aparentem...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,70 €

  • NA CERNA DA SELVA
    TOBARUELA, PERE
    Xiao, un rapaz de dezaseis anos, escribe un traballo sobre xabarís co que gaña un premio convocado polo Zoolóxico de Barcelona: unha estadía de cinco semanas en Ruanda en compaña de Dian Fossey, investigadora famosa polos seus traballos de protección e divulgación dos gorilas de montaña. Unha oportunidade única que permitirá que viva en primeira persoa o encontro entre dúas civ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,40 €

  • HOSHI. A VOZ DA PEDRA FÓSIL
    BABARRO FERNÁNDEZ, BRAIS
    Dai Saeki leva meses sen saír do seu pequeno apartamento en Gunshu. Con dezasete anos decide autoexiliarse da sociedade. Mais, en pleno desterro cara a ningures, unha chamada irrompe na súa rutina de videoxogos e comida lixo. No armario, baixo unha morea de roupa, soa un teléfono. O cabo Isozaki, un nonaxenario que se nega a admitir o final da Segunda Guerra Mundial, segue a pr...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,50 €

  • ERICA
    VIGO, ANA
    Erica e seu pai chegan á vila da Dormecida tras unha vida de continuas mudanzas. Cansa de ter que facer amigos que perderá invariablemente ao pouco tempo, rexeita intentalo de novo, mais os nenos do lugar insisten en levala á “mansión”. Neste lugar fantástico descubrirá que existe un mundo paralelo, Morfeonía, habitado por espíritos, dende o que estes soños se poden traer á Rea...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,70 €

  • SEGREDO, UN
    PALOMAS PUBILL, ALEJANDRO
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    15,50 €

  • BERTA MIR DETECTIVE. O CASO DO MARTELO BRANCO
    JORDI SIERRA I FABRA
    Berta Mir, preocupada por conseguir a súa parte dos cartos para financiar a produción do primeiro disco do grupo, e por coidar do seu pai prostrado na cama como un vexetal, volve con dous novos casos, aparentemente sinxelos: buscar os pais biolóxicos dunha rapaza de 12 anos e seguir un rapaz de 11 que é acosado por dous compañeiros do colexio. Sinxelos, en aparencia. Pero todo ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    17,20 €

  • O ENIGMA DE SANTIAGO
    NEIRA CRUZ, XOSÉ A.
    Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2020 Coincidindo cunha das moitas viaxes de seu pai, Samuel Ron entra en contacto con Sara Santiso, unha estudante de xornalismo que está a investigar un enigma vencellado coa historia de Compostela. Algo que puxo en perigo a vida de Xoán, un amigo de Sara, quen, tras afondar en documentos descoñecidos, descubriu a existencia d...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    15,00 €

  • O CASTELO ENCANTADO
    NESBIT, EDITH
    Esta obra recibiu unha subvención da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia Jerry, Jimmy e Cathy son tres irmáns que pasan as súas vacacións nunha viliña do suroeste de Inglatera. Mentres exploran a contorna chegan a un castelo cun xardín encantado, onde espertan unha fermosa princesa que ten un anel máxico; pero as cousas non sempre son como parecen, e a princesa...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    16,80 €

  • INCESANTE VAGALUME
    FERNANDEZ, ANA MARIA
    Espertei. Nese intre deixei de abranguer a illa cos meus brazos para saltar ao máis escuro onde os pensamentos eran líquidos e as mans, nerviosas, procuraban un camiño de volta entre as escumas. E vinme noutro espazo. Parecía un xardín azul, sen hortensias. Se me achegaba, descubría que era unha fraude cada planta e que peixes de cores cruzaban polas redes das follas e abrían a...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    12,60 €

  • CEMITERIO DE BARCOS, O
    CASTRO, FRANCISCO
    O cemiterio de barcos é unha historia luminosa de amor e amizade contra a violencia en todas as súas expresións. Unha novela de iniciación, aventuras e misterio que atrapará a lectores de todas as idades. David lembra moi ben canto gozaba das vacacións de verán na vila natal do seu pai, cando era neno. Agora ten dezaseis anos e todo é distinto: foi un curso difícil no instituto...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    17,90 €

  • O XARDÍN SECRETO
    BURNETT, FRANCES HODGSON
    Esta obra recibiu unha subvención da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia Mary Lennox é unha consentida rapaza que, tras a morte dos seus pais na India debido a unha epidemia de cólera, vai vivir co seu tío Archibald Craven, viúvo e cun fillo enfermo, na súa agoniante mansión de Yorkshire, xunto coa estrita ama de chaves Medlock. Pero todo cambia...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    16,80 €

  • ESTA NOITE HEI DE IR A VERTE
    GARCÍA TURNES, BEATRIZ
    Setembro de 1964. Sabela, unha mestra que acaba de sacar as oposicións, chega á parroquia de Brandeira. Alí agárdana a súa primeira escola e moitas outras cousas que non esperaba atopar: unha casa abandonada, luces misteriosas, unha alumna inquietante, uns amores truncados e as feridas do pasado que continúan abertas. Sabela descobre que non todo é o que parece, que a vida semp...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,60 €

  • PINTORA LIBERTARIA, A
    PEPE CARBALLUDE
    Un discurso entre a verdade e a mentira, entre a ética e a estética, entre o teatro da vida e as bambolinas da conciencia.A pintora libertaria fai un percorrido que discorre en paralelo entre o mundo da política municipal, a construción, a falsificación de obras de arte e a educación mentres se fai un repaso dos grandes nomes da nosa pintura arredor da figura da máis libre e gr...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,50 €


01 02 03