Blog

28 FEB

Recomendado febreiro 2021

O noso libro recomendado en febreiro de 2021 foi LUZ DE FEBRERO.
Recomendado febreiro 2021

Este mes de febreiro recomendámosvos a novela LUZ DE FEBRERO da autora norteamericana  Elizabeth Strout editada por Duomo editorial.

Esta é unha desas novelas que fican con nós e nos acompañan durante moito tempo logo de rematada.

Pola novela desfilan unha miríada de personaxes correntes, cunha vida moi normal, que teñen en común vivir en Crosby, unha vila na costa de Maine, e que, coma todos agochan historias fondas e complexas  ás que a autora aplica un bisturí sutil e afiado có que pon ao descuberto as fibras máis ocultas dos seus personaxes, e con elas, as nosas propias. Diferentes actitudes tanto privadas como públicas son pasadas polo tamiz da pluma de Strout que nolas devolve có seu máis fondo sentido humano e polo tanto comprensibles e amables-dignas de ser amadas-.

Unha magnífica novela que, domo decíamos ao principio, ficará con nós moito tempo.

Volver a noticias