Blog

01 ENE

Recomendado decembro 2021

O noso libro recomendado para este mes de decembro é DIGNOS DE SER HUMANOS, DE Rutger Bregman. Editado por Anagrama.
Recomendado decembro 2021

Rutger Bregman -Países Baixos-  é historiador e xornalista. Autor de varios libros de non ficción para os que foi nomeado a diferentes premios.

Destacamos de este ensaio que publica Anagrama, a escritura: fluida, áxil e chea de historias e a súa capacidade para captar a atención da lectora que demostra dominio de técnicas narrativas máis próximas á novela, o que fai que da súa lectura unha experiencia moi pracenteira. E destacamos, claro está, o seu contido. Trátase dunha aposta por unha visión do mundo humano oposto á que máis habitualmente nos chega desde diversos medios. Na disxuntiva entre o ser humano como lobo para os seus conxéneres -Hobbes- ou o ser humano como colaborador e solidario por natureza -Rousseau- o autor defende a segunda tese e nos trae un montón de exemplos que a refrendan á vez que desmonta mitos e  supostas evidencias científicas que sostiveron a primeira. Ademáis, agradécese a última parte na que propón experiencias concretas que se están levando xa adiante en distintos ámbitos, acordes a este visión da humanidade.

Un libro, por tanto, de lectura agradecida e a día de hoxe revolucionario nos seus postulados, aínda que estos non sexan novos, sí o é a maneira de defendelos e sobre todo, a investigación que os sustenta.

 

Volver a noticias