COPPO, MARIANNA
Cruzarse de brazos ou actuar, aburrirse ou procurar diversión:
é cuestión de actitude. Entre os simpáticos personaxes
de Unha historia, só un opta por aproveitar o tempo
cando os demais agardan polo relato que han de protagonizar.
Mentres divagan -como se dun trasunto de Esperando a Godot
se tratara-, non se decatan de que o seu compañeiro está construíndo ao seu arredor todo un mundo de cor e aventuras
coa única axuda duns lapis e da súa ilimitada imaxinación.