REI BALLESTEROS, ANXO A.
Publicado por primeiro vez en 1998, A sombra dos teus soños marcou un xiro na obra de Anxo A. Rei Ballesteros. Escritos despois da súa novela Loaira, estes relatos sitúanse en "tempos de triunfante nihilismo", cando o único valor indiscutible seica é o diñeiro. Tempos de soños idos nos que soamente cómpre escribir sobre a súa sombra.