RÍO DE SON E VENTO

RÍO DE SON E VENTO

ANTOLOXÍA DE POESÍA GALEGA

MORÁN, CÉSAR

23,60 €
IVA incluido
Descatalogado
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
1999
Materia
Dc - poesia
ISBN:
978-84-8302-372-3
Páginas:
472
23,60 €
IVA incluido
Descatalogado
Añadir a favoritos

Río de son e vento pretende ser ese libro que o lector procura, un libro onde poida ollar o todo desde a parte, e onde poida encontrar os camiños para se mergullar no pormenor da parte desde a perspectiva global do todo. A este obxecto contribúen algúns criterios levados á práctica polo autor e promotor do proxecto, César Morán, músico e catedrático de lingua e literatura galegas.

Tentouse desde o inicio que a antoloxía contivese a máis ampla representación poética, mais dentro dunha especial preferencia pola poesía contemporánea, e de maneira especial a das últimas décadas, levando este extremo cronolóxico á creación máis actual.

A inclusión dalgunhas voces pode deberse a gustos persoais, a necesidades impostas pola totalidade deste traballo ou sinxelamente á consciencia de se tratar de voces ben (re)coñecidas. Á inversa, a non inclusión de certas voces non significa que desmerezan con respecto a outras que si están incluídas, mais tamén aquí os criterios poden obedecer a gustos persoais ou a razóns atinentes aos obxectivos do traballo. Dada a amplitude do campo, o número de autores e autoras, os diferentes períodos, contextos socioeconómicos, estéticas, etc., non se fai análise literaria en cada caso, non se achegan autopoéticas nin se fornecen datos biográficos nin noticias da producción bibliográfica non poética dos creadores.

Cada un dos principais apartados ábrese cunha breve explicación teórica que se propón a abordaxe dos textos seguintes desde criterios estéticos e socioculturais, de xeito que os lectores e lectoras posúan referencias nesa sempre navegación que é a lectura poética.

O libro compleméntase co CD, Río de son e vento, onde César Morán Fraga musicou textos de dezasete dos poetas antologados. Un proxecto imprescindible para mellor coñecer a nosa lírica toda.

Artículos relacionados

  • A TETA SOBRE O SOL
    NOVO, OLGA
    Desde todos os confíns da terra e dos tempos se sabe onde residen a beleza e a verdade, aínda que todo se cale e todo se tema porque a paixón se controla furiosamente baixo o disfrace do decoro, baixo a presión da conveniencia, baixo as sete chaves do inferno da mentira e do desamor. Por iso onde escribamos lugar entenderán patria e onde digamos desexo entenderán provocación: t...
    Disponible

    12,95 €

  • LA LUNA EN VERSO
    FERNANDEZ, PATRICIA
    En este corazón, como en estos versos, todo acaba en agua salada: ya sea de tinta o de Mar Patricia Fernández inaugura en este poemario una mitología en la que la poesía brota y se transmite bajo la mirada de la Luna. Una Luna lorquiana testigo de las pérdidas, el duelo y las ausencias. Pero también una Luna erótica que atesora el renacer, el regreso a las raíces y la aceptació...
    Disponible

    19,90 €

  • ALMUDENA
    GARCÍA MONTERO, LUIS
    El capítulo final de una bella y larga historia de amor.Cuando Luis García Montero escribió Un año y tres meses («Una conmovedora lección de duelo» Luis Bagué Quílez, El País; «Una tabla de salvación ante el naufragio» Josep Cuní, El Periódico) para contar la convalecencia y la despedida de su mujer, la escritora Almudena Grandes, en realidad había compuesto el capítulo final d...
    Disponible

    19,90 €

  • OS EOAS
    PONDAL, EDUARDO
    Nunca publicados en vida do seu autor, Os Eoas –cuxa versión derradeira data de 1913-1914– veñen conformar o gran proxecto épico concibido por Eduardo Pondal. A figura de Cristovo Colón –a quen o autor bergantiñán, segundo as teses de García de la Riega e Constantino Horta, presenta como galego de nación– e mais a descuberta de América constitúen, daquela, o eixe temático do te...
    Disponible

    19,50 €

  • AMANECER
    DEFREDS
    Continúa el camino de Sempiterno, un acercamiento personal y afectivo a cada día que nos toca en suerte.Una preciosa continuación a Sempiterno, su cautivador libro objeto, tras la que Defreds nos propone su prolongación bajo el signo del Amanecer. Organizado por partes tituladas como los libros que ha ido publicando el autor hasta la fecha, Defreds rinde un particular homenaje ...
    Disponible

    15,90 €

  • METAFORA DA METAFORA
    QUEIZAN, MARIA XOSE
    «Metáfora da metáfora» é unha reflexión sobre a palabra literaria como forma de poder e, en última instancia, sobre o poder da palabra nunha meditación sobre o amor sancionado pola tradición literaria masculina e sobre a necesidade de inventar novos paradigmas. ...
    Disponible

    12,95 €

Otros libros del autor

  • HABERA PRIMAVERA (CON CD).CATORCE POEMAS CARTORCE CANCIONS
    MORAN, CESAR
    Neste ano 2011, e coincidindo co centenario do nacemento do poeta Álvaro Cunqueiro, Editorial Galaxia edita un libro de poemas do autor de Mondoñedo, acompañado de dous CDs, un cos poemas musicados por César Morán, e outro coa gravación da derradeira conversa concedida por Cunqueiro, precisamente a César Morán, días antes de morrer. Estamos a falar dun libro-disco que ademais d...
    Disponible

    29,75 €