OS SETE IRMÁNS CHINESES

OS SETE IRMÁNS CHINESES

RODOLFO CASTRO ANDRÉ DA LOBA

14,00 €
IVA incluido
Disponible (Entrega en 24/48h)
Editorial:
OQO EDITORA
Año de edición:
2011
ISBN:
978-84-9871-242-1
Páginas:
1
14,00 €
IVA incluido
Disponible (Entrega en 24/48h)
Añadir a favoritos

Os sete irmáns chineses... eran seis.
Aínda que, ao principio desta historia, só había cinco.
Vivían preto do mar.
Ninguén os podía distinguir, porque eran todos iguais.
Para non confundirse,
súa nai chamáballes Li a todos.

Con esta singular exposición dá comezo Os sete irmáns chineses. Esta adaptación de Rodolfo Castro conta coa orixinal proposta plástica de André da Loba, nun estilo afastado -e no por iso menos sorprendente- do amosado no seu primeiro traballo con OQO editora, O oso e o corvo, Premio Visual de Deseño de Libros 2008 na categoría de ilustración.

Ao contrario do que puidese facer pensar o inicio do relato, esta historia da tradición oral chinesa reforza a mensaxe de que, afortunadamente, non hai dúas persoas iguais. Asemade, lémbranos que todos temos capacidades ou habilidades que nos confiren unha personalidade propia e intransferible.

Co tempo, os irmáns Li foron capaces de facer cousas
que permitían diferencialos.
Li, o máis vello, era quen de tragar todo o mar.
O segundo Li tiña un pescozo de ferro.
O terceiro Li tiña pernas elásticas.
Ao cuarto Li, o lume non o queimaba.
O quinto Li podía aguantar a respiración durante moito tempo.

Aínda que todas as persoas teñen capacidades, en diferente grao, estas non son, habitualmente, de carácter sobrenatural. O sexto Li -sen ningún dos dons extraordinarios dos seus irmáns- marchara da casa en busca de fortuna.

É a experiencia ou o devir dos acontecementos o que provoca que se desenvolvan esas aptitudes e habilidades que, quizais, aflorarían con maior dificultade cando alguén está rodeado de individuos con destrezas incribles.

Este relato incide en que todos somos necesarios, pois a acción máis nimia ou espontánea pode ser a achega decisiva que resolva un problema.

Nesta historia, todos os irmáns colaboran -facendo uso do seu tremendo parecido e das súas habilidades- en intentar salvar o maior dos Li, inxustamente condenado pola morte dun rapaz, vítima da súa propia avaricia.

Finalmente, serán as bágoas do sexto Li, inconsolable pola terrible sorte do seu irmán, as que, conseguirán evitar na familia unha morte segura, a pesar do empeño dun emperador que parecía invencible.

O álbum Os sete irmáns chineses fai seu o espírito de David contra Goliat; onde un pequeno pastor vence a un todopoderoso guerreiro xigante. Neste caso, un fracasado e sen fortuna é capaz de derrotar a un emperador, cuxa xustiza era infinita, o seu enfado podía derrubar montañas, a mirada encantar as serpes, os ollos podían ver ata o infinito e co seu silencio impoñía máis que o ruxido unha tempestade.

Este conto amósanos que non hai arma máis poderosa que a empuñada polos nobres sentimentos e destreza máis habilidosa que a proveniente do corazón.

A semellanza do texto, no que se propón un xogo de intercambio entre os irmáns Li para enganar os gardas, André da Loba, nas súas ilustracións, suxírelle outro xogo ao lector: emprazándoo a percorrer -como se dun labirinto se tratase- as liñas coas que constrúe os personaxes e as súas accións, nun desenvolvemento narrativo e visual que crece ao longo das páxinas.

Tendo en conta a orixe do conto, inspirouse no Tangram, puzzle antigo chinés que consta de sete pezas (cinco triángulos de diferentes formas, un cadrado e un trapecio).

Neste caso, o crebacabezas constrúese de liñas que, ao longo do libro, se cruzan e se descruzan; unhas veces seguen paralelas en estuario; outras enfróntanse entre elas e van por camiños opostos, para despois superpoñerse nun encontro estratéxico.

"As liñas son a materia corpórea deste xogo", salienta este artista portugués. Do seu universo creativo xorden resultados tan sorprendentes como Os sete irmáns chineses: unha suxestión sintética, aparentemente sinxela, pero que ten detrás unha gran elaboración conceptual. Así, a paleta de cores seleccionada obedece a criterios de coherencia e intencionalidade.

O resultado final: esquemas iconográficos desafiantes para o lector, que xoga ao xogo da lectura nun álbum que esixe outra maneira de mirar e de entender conceptos e abstraccións a través da imaxe.

Artículos relacionados

  • LA INFANCIA DE PERSONAS CELEBRES
    ¿podrías adivinar la identidad de varias personas famosas a partir dealgunas pistas de su infancia? Hay 25 celebridades esperando que lasdescubras: gobernantes, inventores, músicos, científicos,... Cada unade ellas te conducirá a su infancia, cómo rean las cosas de aquelentonces, con qué juguetes se divertían, pero no te relvelaránfácilmente sus nombres. Tendrás que seguir las ...
    Disponible

    13,90 €

  • LA CAJA DE MUSICA. 3. EN BUSCA DE LOS ORIGENES
    COURTNEY CARBONE
    Al volver del colegio, Nola siente una extraña presencia en casa. ¿Qué ocurre? ¿Alguien ha entrado en el Hexomundo? Pero eso es imposible, ínadie puede cruzar el portal! Deben de ser imaginaciones suyasà Sin embargo, la caja de música se ha activado y de ella sale un grupo de Pandorientales con cara de pocos amigos. ¿Por qué buscan un lugar llamado 'Pandoccidente'? ¿Adónde se d...
    Disponible

    16,95 €

  • EL CAMINO DE LA FELICIDAD
    JORGE BUCAY
    Una invitación a plantearse una manera propia de vivir y a centrarse en encontrar la felicidad.La autodependencia, el amor, el dolor y la felicidad son los cuatro caminos que, según Jorge Bucay, conducen a la plenitud del ser humano, cuatro trayectos que cada uno ha de recorrer desde su experiencia personal y a su propio ritmo.En El camino de la felicidad, Bucay nos habla de ...
    Disponible

    9,95 €

  • THE PROMISED NEVERLAND 9
    SHIRAI, KAIU
    CUANDO CREÍAN QUE HABÍAN ENCONTRADO UN REFUGIO SEGURO... Emma ha sido conducida por Lucas hasta la habitación secreta de Goldy Pond y, una vez allí, consigue abrir la cerradura de la puerta que tantísimo tiempo lleva cerrada. í¿Serán por fin reveladas las verdaderas intenciones de William Minerva?! ...
    Disponible

    8,00 €

  • ISSAK 1
    MAKARI, SHINJI
    íAÑADIMOS UN SEINEN HISTÓRICO A NUESTRO CATÁLOGO! La guerra de los Treinta Años enfrentó a las grandes potencias de la época en un conflicto que empezó por motivos religiosos pero acabó derivando en una lucha por el poder. Con tal de hacer frente a los ejércitos enemigos, ambos bandos contaban con la ayuda de mercenarios, y de hecho nuestro protagonista es uno de ellos. Pero ap...
    Disponible

    8,00 €

  • ATAQUE A LOS TITANES ANTES DE LA CAÍDA 15
    EL CUERPO DE EXPLORACIÓN SE VA PROFESIONALIZANDO... Tras superar su miedo a los titanes, Rosa, aliviada, pasa la prueba de aptitud para el dispositivo de maniobras tridimensionales. Pero el día que empieza el entrenamiento con el dispositivo, alguien ha manipulado su equipo y sufre un accidente. Mientras un aire inquietante envuelve el cuerpo de exploración, Kyklo inicia una in...
    Disponible

    8,00 €

Otros libros del autor

  • LOS SIETE HERMANOS CHINOS
    RODOLFO CASTRO ANDRÉ DA LOBA
    Nadie podía diferenciarlos, porque eran todos iguales y, para no confundirse, su madre les llamaba Li a todos. El mayor era capaz de tragarse todo el mar; el segundo tenía un cuello de hierro; el tercero, piernas elásticas... Esta orginal adaptación del cuento tradicional chino nos muestra que solo a través de la cooperación se resuelven los problemas. Así, todos los hermanos ...
    Consultar disponibilidad

    14,00 €