OS METROSIDERAIS

OS METROSIDERAIS

CAJARAVILLE ARAUJO, HECTOR

12,95 €
IVA incluido
Disponible
Editorial:
OBRADOIRO SANTILLANA
Año de edición:
2021
Materia
Yf - ficcion e historias reales
ISBN:
978-84-16834-30-3
Páginas:
160
12,95 €
IVA incluido
Disponible
Añadir a favoritos

Estela, Kofuku, Li, Tomás e a súa cadela Lía conforman a Banda do Cigurat, un grupo de rapaces e rapazas que consolidaron a súa amizade nas clases de reforzo do instituto. Durante as vacacións de verán, os seus integrantes van verse somerxidos nunha emocionante investigación que crava as súas raíces, literalmente, na historia da Coruña, a cidade en que viven. Un astrolabio, unha viaxe en barco que partiu da Coruña hai cincocentos anos, un peculiar ancián envolto en misterio e intriga, un estraño diario e unha árbore que non debería estar aí configuran a trama desta novela; ao longo das súas páxinas, os membros da Banda do Cigurat deberán enfrontarse a un enigma que rodea a cidade herculina, e que foi pasando de xeración en xeración, ampliándose ao longo dos séculos.

Artículos relacionados

  • DILA CROCODILA. ESPREMER OS MIOLOS
    ANA GÓMEZ HERNÁNDEZ
    Dila vive xunto aos seus amigos Mapi, Miñoca e as Ovellas en Brañavella, un lugar minúsculo onde teñen lugar aventuras MAIÚSCULAS. En ESPREMER OS MIOLOS (volumen 1), Drila e os seus amigos aprenderán que, para resolver calquera problema, o mellor é pararse a pensar(espremer os miolos) e atopar a mellor solución. E tamén que, pensando en equipo, sempre saen as cousas mellor! ...
    Disponible

    13,95 €

  • DILA CROCODILA. SON XENIAL
    ANA GÓMEZ HERNÁNDEZ
    Dila vive xunto aos seus amigos Mapi, Miñoca e as Ovellas en Brañavella, un lugar minúsculo onde teñen lugar aventuras MAIÚSCULAS. En SON XENIAL!, Dila e os seus amigos aprenderán que todos podemos ter un talento, aquilo que se nos dá ben facer e co que se nos pasa o tempo voando. ...
    Disponible

    13,95 €

  • ÍCARAS
    LABRAÑA, CARLOS
    Premio O Facho de teatro infantil 2022 Lía garda un segredo, a súa nai fíxolle unhas ás con plumas de cores, pero non lle ensinou a voar. Ana, unha estudante universitaria que traballa na hamburguesaría do barrio, nin sequera ten ás. Nun anoitecer, vanse cruzar os seus camiños e descubrirán que hai máis cousas que as achegan, que aquelas que as separan. Indo xuntas, serán capac...
    Disponible

    11,50 €

  • LOS BICHOS VAN AL COLE, 3. ¡CARAMBA! ¿DE QUIÉN SON LAS GAFAS?
    ISERN, SUSANNA
    "Los bichos van al cole" es una colección llena de humor y aventuras.Con letra mayúscula y texto rimado, es ideal para que los niñosaprendan a leer. ...
    Disponible

    6,95 €

  • A MÁQUINA DE FACER CONTOS
    GÓMEZ, RICARDO
    Á cidade chegou unha máquina capaz de escribir e ilustrar contos adaptados aos gustos e necesidades de pequenos e maiores. Pero non todo o mundo parece contento co invento. Celeste, a protagonista, non tarda en anticipar algúns problemas e pronto descubrirá que a máquina esconde unha conspiración que ameaza con estenderse polo país e o mundo enteiro. Terá que botar man dos seus...
    Disponible

    15,95 €

  • OUTEIRO DO AMIEIRO, O
    LERTXUNDI, ANJEL
    O protagonista desta novela quere coñecer o mundo, viaxar dun lado cara a outro, gozar das paisaxes e cidades máis fermosas, e non é que sexa moi raro, moitos libros falan disto. Pero o protagonista desta novela non é unha persoa coma ti ou coma min. Non é nin sequera un rato ou un golfiño. Trátase dun amieiro, unha simple árbore. E unha árbore teno moi complicado para ir polo ...
    Disponible

    14,70 €

Otros libros del autor

  • FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. O LEGADO SILANDEIRO
    CAJARAVILLE ARAÚJO, HÉCTOR
    Francisco Fernández del Riego (1913-2010) foi o principal dinamizador do galeguismo cultural tras o abrupto corte que supuxeron a Guerra Civil e a posguerra. Ademais de poñer en marcha todo tipo de proxectos encamiñados a recuperar a presenza do galego como lingua de cultura nunha sorte de «segundo Rexurdimento», durante gran parte da súa longa vida foi o alicerce ao redor do q...
    Disponible

    13,50 €

  • O SEGREDO DA CASA DE FORMOSO
    CAJARAVILLE ARAUJO, HECTOR
    David acaba de facer dezaoito anos e é o único fillo dunha parella de emigrantes galegos en Nova Jersey. No verán previo ao seu ingreso na universidade viaxa a Galicia, onde só estivera ao pouco de nacer, co fin de asinar os documentos para a venda da casa que os Formoso, a súa familia materna, herdaron na localidade costeira de Faramontáns. A súa intención inicial é regresar d...
    Disponible

    12,95 €