VARIOS
O desenvolvemento en América da música de tradición oral e a música culta galega, a forte presenza da emigración en Portugal, o debate arredor da consideración como patrimonio galego das producións editoriais discográficas en Arxentina e a súa protección e preservación centraron as intervencións e os debates do IV Encontro O Son da Memoria, que agora nos ofrecen estas actas, nun momento de especial interese xerado polas consecuencias da intensificación dos movementos inmigratorios e as súas manifestacións culturais, que perfilan un futuro ben distinto no que agora nos toca o papel de receptores.