MANS

MANS

DOCAMPO, XABIER P.

7,25 €
IVA incluido
Descatalogado
Editorial:
EVEREST
Año de edición:
2011
Materia
Yf - ficcion e historias reales
ISBN:
978-84-403-1183-2
Páginas:
48
7,25 €
IVA incluido
Descatalogado
Añadir a favoritos

Os Dereitos de Autor desta obra están destinados integramente a Tierra de hombres, fundación que ten como obxectivos prioritarios os seguintes:
- Desenvolver unha estratexia de intervención en saúde materno-infantil.
- Protexer a infancia coas medidas axeitadas que lles permitan aos nenos unha supervivencia e un desenvolvemento normal.
- Sensibilizar e Educar para o Desenvolvemento. Stop Infancia sen Dereitos pretende ofrecer unha visión completa sobre a situación e as dificultades da infancia no mundo.
O nome Tierra de hombres, elixido polo seu fundador Edmond Kaiser está inspirado no libro Terre des hommes do escritor francés Antoine de Saint-Exupéry, autor tamén da obra O principiño. O pensamento do autor na redacción do libro contrapón os excesos políticos e ideolóxicos da moderna sociedade industrial aos valores "eternos" do ser humano, que el cifraba principalmente no espírito de sacrificio, na xustiza, na amizade e no honor.
As nosas mans din de nós e do mundo. Hai mans xenerosas e mans avarentas; mans que acarician e mans que ameazan; mans que chaman e mans que condenan. O noso destino está nas nosas mans ou deixámolo nas mans de Deus. Pero as mans tamén voan e aman, e soben e baixan como tamén din e calan. E as mans dos amantes procúranse, achéganse e tócanse. As mans dos máis pequenos érguense cara a nós para pedir o que non acadan como as mans enfraquecidas e feridas dunha grande parte da humanidade sinalan e avergoñan as nosas mans farturentas e delicadas.
Mans é un libro nacido dunha idea narrativa feita de imaxes; as do moito que din e calan as mans humanas. Un libro para que, ao pé de cada neno e de cada nena que o vaia ler, haxa un adulto que dialogue con el e que lle axude a inventar novos camiños narrativos para as súas mans.

Artículos relacionados

  • LOS BICHOS VAN AL COLE, 2. ¡ATENTOS, CONCURSO DE TALENTOS!
    ISERN, SUSANNA
    "Los bichos van al cole" es una colección llena de humor y aventuras.Con letra mayúscula y texto rimado, es ideal para que los niñosaprendan a leer. ...
    Disponible

    6,95 €

  • A MÁQUINA DE FACER CONTOS
    GÓMEZ, RICARDO
    Á cidade chegou unha máquina capaz de escribir e ilustrar contos adaptados aos gustos e necesidades de pequenos e maiores. Pero non todo o mundo parece contento co invento. Celeste, a protagonista, non tarda en anticipar algúns problemas e pronto descubrirá que a máquina esconde unha conspiración que ameaza con estenderse polo país e o mundo enteiro. Terá que botar man dos seus...
    Disponible

    15,95 €

  • LOS BICHOS VAN AL COLE, 3. ¡CARAMBA! ¿DE QUIÉN SON LAS GAFAS?
    ISERN, SUSANNA
    "Los bichos van al cole" es una colección llena de humor y aventuras.Con letra mayúscula y texto rimado, es ideal para que los niñosaprendan a leer. ...
    Disponible

    6,95 €

  • OUTEIRO DO AMIEIRO, O
    LERTXUNDI, ANJEL
    O protagonista desta novela quere coñecer o mundo, viaxar dun lado cara a outro, gozar das paisaxes e cidades máis fermosas, e non é que sexa moi raro, moitos libros falan disto. Pero o protagonista desta novela non é unha persoa coma ti ou coma min. Non é nin sequera un rato ou un golfiño. Trátase dun amieiro, unha simple árbore. E unha árbore teno moi complicado para ir polo ...
    Disponible

    14,70 €

  • SOLO PARA NINGJAS 07 LA REUNION SECRETA
    PUÑO
    ¡Todos los gatos del barrio han desaparecido!Ocurrió la noche del cine de verano, mientras todo el mundo estaba en la plaza viendo la película.Pero ¿a quién le puede interesar que no haya gatos ...
    Disponible

    10,95 €

  • CORAZON DAS CASAS, O
    ALFAYA, AN
    Todas as casas teñen corazón e cada corazón agocha un segredo, sabíalo? Eli lembra a súa infancia cos seus pais, Marga e Telmo, que reformaban casas vellas, e vivían nelas mentres as reconstruían. Nunha delas, na casa da cerdeira, atopa un obxecto que a leva a descubrir a Mencía, unha misteriosa nena que se acanea nun bambán no xardín, cuxa presenza lle provoca sensacións que n...
    Disponible

    14,00 €

Otros libros del autor

  • A CHAVE DAS NOCES
    DOCAMPO, XABIER P.
    Mauro coñece a cidade por arriba e por abaixo. Traballa na axencia de detectives Nacho, que acepta todo tipo de casos que lle propoñen para investigar. A aparición dun cadáver nas augas do porto virá interromper as súas actividades de investigador a comisión para verse metido nos turbios manexos dun grupo de «prestixiosos industriais da nosa cidade», como lles chaman os xornais...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,50 €

  • A NENA DO ABRIGO DE ASTRACÁN
    DOCAMPO, XABIER P.
    A vila de Ribadaínsua é narradora e protagonista dos acontecementos dramáticos dos últimos meses de 1947, que algúns quixeron agochar, para amosar aos seus habitantes como aniñara o mal entre eles e como os abranguera dunha forma asfixiante. Don Amancio, o crego que todo o controla; Agustina, a muller que pretende trazar o destino dos que a rodean; Isidoro, o alfaiate mártir; ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    21,95 €

  • A ILLA DE TODAS AS ILLAS
    DOCAMPO, XABIER P.
    A illa de todas as illas narra a aventura de tres rapaces, nunha illa deserta que non ten nome, pero a que todos chaman Navalleira. Puxéranlle ese nome os mariñeiros, porque nela había moitas navallas; pero agora, segundo lles conta o patrón do barco que os leva alí, só quedan brétemas mestas e espíritos. Algúns mariñeiros que chegaran á illa buscando navallas volveran a terra ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    16,95 €

  • A NENA DE AUGA E O PRÍNCIPE DE LUME
    DOCAMPO, XABIER P.
    ¿Como se fai un conto? Primeiro tes que ter a quen llo contar e, logo inventalo.¿Ti cres que coa auga e o lume pode facerse un conto? Proba a ver se es capaz. Verás que non é tan fácil xuntar a auga e o lume.Esta nova edición de A nena de auga e o príncipe de lume,integramente correxida polo autor ofrece dous contos inéditos e presenta finais adicionais en cada un deles.Así mes...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    9,95 €

  • O MISTERIO DAS BADALADAS
    DOCAMPO, XABIER P.
    No campanario da igrexa de Eiranova acaban de instalar un reloxo. Comezan a soar por primeira vez as badaladas que anunciarán a todos os habitantes que son as doce da noite. Unha, dúas, tres..., dez, once... Entón sucede algo que haberá dar nun aconteceme ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,50 €