HANSEL E GRETEL (CON CD)

HANSEL E GRETEL (CON CD)

TINA MEROTO ,IRATXE LOPEZ

16,00 €
IVA incluido
Consultar disponibilidad
Editorial:
OQO EDITORA
Año de edición:
2014
Materia
Ybc - albumes ilustrados
ISBN:
978-84-9871-487-6
Páginas:
1
16,00 €
IVA incluido
Consultar disponibilidad
Añadir a favoritos

Era unha vez unha parella de labregos moi pobres,
que tiñan dous fillos:
un neno, que se chamaba Hansel,
e unha nena, que se chamaba Gretel.
Unha terrible seca arruinara as súas colleitas
e, como non tiñan comida para pasar o inverno,
decidiron abandonar os nenos no bosque.


E así foi... abandonados polos seus pais, Hansel e Gretel pérdense no bosque e atopan unha casa co tellado de chocolate, paredes de mazapán e fiestras de caramelo. Mentres gozan dos marabillosos manxares, unha malvada bruxa espreita e os arrastra cara o interior da casa...


En varias versións deste conto, un dos máis coñecidos dos irmáns Grimm, a situación inicial está composta por dous elementos: a pobreza da familia e a crueldade da madrastra, o primeiro elemento servindo de pretexto ao segundo. Na súa primeira versión de 1812, os irmáns Grimm falaban de nai, pero, en versións posteriores como a de 1819, introduciron o personaxe da madrastra, á que non lle unían lazos de sangue cos fillos do seu marido.

Esta adaptación, baseada na primeira versión do conto, aporta elementos orixinais, diferenciándose doutras interpretacións. A verdadeira causa do abandono, neste caso, é a extrema pobreza dos pais.
Tanto o texto como a imaxe buscan comunicar a unión da familia. Non estamos diante duns pais desalmados, pola contra, senten pena e remordimiento por verse na obriga de tomar unha decisión drástica que resulta ser errónea.

Neste conto, aparecen tamén os conceptos de perdón e de xenerosidade. Os nenos non gardan rancor aos seus proxenitores e, ao seu retorno, todo volve á normalidade e comparten os tesouros non só cos Hansel e Gretel seus pais senón con todos os habitantes da rexión.

Grazas á astucia de Hansel e aos coñecementos que Gretel ten das propiedades das prantas, sen desfalecer diante da adversidade, son quen de superar os problemas e acabar coa bruxa.
En certo modo, Hansel e Gretel son os auxiliadores, como apunta a ilustradora Iratxe López de Munáin: “Trátase dunha viaxe iniciático no que os dous irmáns vense obrigados a enfrontarse a situacións hostís que lles fan medrar para converterse en salvadores da situación de miseria na que
vive a familia.”

Nas ilustracións, combina a técnica do gouache, que aporta planos de cor uniformes, cos lápices de cores, que ofrecen masas de textura. Ademais, utiliza unha paleta de cores concreta para recrear dous ambientes ben separados: os azuis, grises e amarelos para o bosque e os morados, vermellos e rosas para a bruxa. O branco xoga un papel importante para crear distintos planos nos que se desenvolve a escena, dentro dunha mesma imaxe.


Así, consegue plasmar dous mundos nos que calquera cousa pode acontecer, onde viven seres de todo tipo; algúns, agachados no bosque, acompañan os protagonistas na súa viaxe; outros, pola contra, observan todo o que pasa na casa da bruxa.

Precisamente, este personaxe foi o que máis chamou a atención da ilustradora: “Quería que tivese unha gran presenza e que contrastase coa aparencia doce dos nenos.” Ademais, engade outro personaxe: un can negro, o seu álter ego, que a acompaña nas súas emocións.


Iratxe López de Munáin é a ganadora do Premio Europeo Cociña de contos á mellor proposta de ilustración para o álbum ilustrado Hansel e Gretel, no marco do proxecto europeo: Europa á carta. Este libro é o resultado deste premio, que tamén vai acompañado dun CD de música gravado pola Orquesta Filharmónica Cidade de Pontevedra, que recolle unha selección instrumental de distintos fragmentos da ópera Hansel e Gretel. Esta ópera foi composta en 1891 e 1892 por Engelbert Humperdinck, con libreto da súa irmá Adelheide Wette, baseada no conto dos irmáns Grimm.

Artículos relacionados

  • OSITO TITO. UN DIA EN EL JARDIN
    DAVIES, BENJI
    Cinco mecanismos aptos para pequeñas garras, una historia rimada y muchísimo que ver, señalar y comentar en esta colección de cuentos interactivos que tiene como protagonista a Osito Tito.Osito Tito es un jardinero de primera. ¿Lo ayudas a regar las flores Acompáñalo a preparar la tierra, plantar semillas y cuidar las plantas con este divertidísimo libro con mecanismos para est...
    Disponible

    8,95 €

  • ZOZO GLOTON
    DOUIN, BRUNO
    A Zozó le encanta comer. Con esos enormes dientes se zampa un conejo de peluche, un dedito del pie ¡y sigue hambriento, el muy glotón! ¡Entonces toca merendar! Un librito de tela muy blandito, achuchable, y hasta un poquito crujiente cuando se manipula. Realmente dan ganas de comérselo Es especial para bebés tragoncetes y también para los más tiquismiquis ¡Un librito delicioso!...
    Disponible

    17,50 €

  • OSITO TITO. ¡SIGUEME! EL ZOO
    DAVIES, BENJI
    ¡Un nuevo título de cartón con 6 fichas deslizantes de la colección de Osito Tito!¡Con Osito Tito en el zoo pásatelo genial, y con las fichas del interior sigue los caminos hasta el final! Osito Tito hoy trabaja en el zoo. Saludará a un cocodrilo que acaba de nacer, e irá a dar una vuelta por el parque a ver lo que hay que hacer.¡Qué día tan emocionante! Descubrirás que trabaja...
    Disponible

    10,95 €

  • OSITO TITO. ¡SIGUEME! LA OBRA
    DAVIES, BENJI
    ¡Un nuevo título de cartón con 6 fichas deslizables de la colección de Osito Tito!¡Con Osito Tito en la obra pásatelo genial, y con las fichas del interior sigue los caminos hasta el final! Osito Tito hoy trabaja como jefe de obra. Subirá al buldócer y realizará su primera maniobra. Luego vaciará el volquete, ¡que se vuelve a llenar en un periquete! Tras un descanso, el equipo ...
    Disponible

    10,95 €

  • SOLO UNA NOCHE
    ANTINORI, ANDREA
    Un hombre sale de su casa y emprende una excursión a la montaña. Sube hasta la cima y luego desciende y acampa para pasar la noche en un bosque. Se mete en su tienda y, a partir de ese momento, comienzan a suceder muchas cosas a su alrededor. ¿Es el bosque un lugar mágico cuando llega la noche, o todos estos personajes y seres fantásticos están en los sueños y la imaginación de...
    Disponible

    16,00 €

  • UN LUGAR PERFECTO
    COUSINS, LUCY
    En Un lugar perfecto acompañamos a cuatro insectos que buscan el lugar ideal para vivir. La abeja necesita flores y la libélula, un pequeño charco. La mariquita quiere hojas verdes y el escarabajo, un árbol en el que poner huevos. Juntos emprenden la búsqueda, pero cada sitio en el que prueban suerte está contaminado o repleto de peligros: un montón de basura, restos de aerosol...
    Disponible

    14,50 €