LUIS VALLE
O xoves, día 27 de outubro terá lugar na LIBRERÍA COUCEIRO de Santiago de Compostela a presentación da publicación que recolle o poemario gañador do XXIII Premio Eusebio Lorenzo Baleirón.O acto, que contará coa presenza do autor e de Miro Villar, celebrarase a partir das 20.00 hEste libro gañou o XXIII Premio de Poesía Lorenzo Baleirón, convocado polo Concello de Dodro e coordinado por Helena Villar. O xurado estivo formado por Arturo Díaz (presidente), Victoria Rei Mariño (secretaria) e os vogais Daniel Costas, Modesto Fraga, Ánxeles Penas e Dolores Vilavedra.