CADERNO DO NILO

CADERNO DO NILO

SÁNCHEZ IGLESIAS, CESÁREO

19,50 €
IVA incluido
Consultar disponibilidad
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
2013
Materia
Dc - poesia
ISBN:
978-84-9914-539-6
Páginas:
144
19,50 €
IVA incluido
Consultar disponibilidad
Añadir a favoritos

En Caderno do Nilo o poema adéntrase na historia da humanidade, nacida do río, a través dunha viaxe sen meta que é unha viaxe ao tempo, a constatación de como se habitou a natureza nun deserto abafado de luz.
Este periplo poético conduce ao centro da soidade, transida pola beleza, e constitúese nun itinerario transformador, que estimula no poeta a interrogación e procura «buscar algo que amar. Facer da viaxe morada».
A través das páxinas de Caderno do Nilo percíbese unha viaxe poética ao tempo e simultaneamente unha estadía fóra do tempo que se relambe na aprendizaxe, na frescura da pedra fría que foi fogar dos deuses, e que permite habitar descoñecidos desertos que agochamos no noso interior.
Só na megápole do Cairo aparece o cotián, convivindo o pasado, o presente e o futuro nun corpo vivo con feridas e cicatrices.
Logo da viaxe, o poeta resulta transformado porque o Nilo que atravesa o deserto sedimenta na súa alma un desexo de nudez.

Artículos relacionados

  • COMPROMISO CO ASOMBRO, UN
    ELSON, REBECA
    1.1 01.1 10000000000000000 ...
    Disponible

    15,90 €

  • (G).ASURAS, AS
    VALLE, LUIS
    1.1 01.1 10000000000000000 ...
    Disponible

    12,00 €

  • ONDE FERVE A MEMORIA
    RODRIGUEZ BAIXEIRAS, XAVIER
    1.1 01.1 10000000000000000 ...
    Disponible

    13,95 €

  • ANTOLOXÍA ESENCIAL
    LÓPEZ-CASANOVA, ARCADIO
    A poesía de Arcadio López-Casanova estivo sempre na vangarda da literatura galega da segunda metade do século xx (versalitas) e do xxi. Combinou o seu dominio da métrica, do ritmo e dos recursos líricos cun profundo coñecemento das posibilidades expresivas da lingua. Esta Antoloxía esencial é tamén unha reivindicación do seu legado. Unha oportunidade para lembrar a súa esencia...
    Disponible

    18,00 €

  • LA FLOR, A MI MADRE, POESÍA DISPERSA E TRADUCIÓNS
    CASTRO, ROSALÍA DE
    Despois de «Cantares gallegos» (1863), «Follas novas» (1880) e «En las orillas del Sar» (1884), esta entrega, que recolle o resto da produción poética de Rosalía de Castro, acaba por completar un conxunto lírico extraordinario que converte a autora nun referente contemporáneo da literatura europea. «La flor» (1857), «A mi madre» (1863) e o conxunto da súa poesía dispersa e trad...
    Disponible

    22,95 €

  • SALÓN DE TÉ
    GÓMEZ, LUPE
    Lupe é unha garza elegante que nos convida a tomar té no seu «chanoyu» poético. O ritual é inmutable, a auga quente infusiona as follas mentres lemos cartas antigas e sentimos a levidade das montañas. Aniñan bubelas nas pastas de améndoa. Lupe le versos de «Salón de Té» e as paisaxes latexan nas cuncas de delicada porcelana. Nesta cerimonia, a beberaxe deliciosa é unha senda lí...
    Disponible

    12,95 €

Otros libros del autor

  • A ÁRBORE QUE DÁ AS LÁGRIMAS DE SHIVA
    SÁNCHEZ IGLESIAS, CESÁREO
    «A árbore que dá as lágrimas de Shiva» nace da desposesión, de desaprender. Na visión do sagrado é templo a árbore, a pedra pintada, a máis delicada alfaia mogol. O poeta vive dentro de si o intemporal humano. Sente o desamparo dos «invisíbeis», vulnerado pola súa mirada até ferilo e facelo sangrar. Desde o interior da linguaxe que lle nace do propio idioma, nomea o que perman...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    17,95 €

  • AS BOLBORETAS DO MEKONG
    SÁNCHEZ IGLESIAS, CESÁREO
    No seu delta, o Mekong é chamado Río dos nove dragóns, porque abre en grandes brazos e milleiros de canles coma veas dun corpo fluvial. Evoca xungla, mantras budistas e fedor xelatinoso e pegañento do mortal napalm. Coas imaxes televisadas dos bombardeos dos B-52 na memoria da adolescencia, e levando no fardel a dor colectiva da Illa de San Simón, o Portiño, Aranga... ou Sabra ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    19,50 €