SENDON, PEPE
Animal Fun! é un divertido primeiro paso para a rapazada que empeza a descubrir a lingua inglesa. Rimas feroces e bestiais ilustracións que convidan a aprender xogando coas palabras. Recita! Imita! Retalla! Visita este fantástico zoo e pásao coma unha mona con Animal Fun! da man de dous artistas inclasificables, o músico e escritor Pepe Sendón e o deseñador Fausto Isorna. Especialmente recomendado para nenas e nenos desde os tres anos. EDICION EN GALLEGO E INGLÉS.