A MIN NON ME COMAS!

A MIN NON ME COMAS!

MARGARITA DEL MAZO VITALI KONSTANTINOV

14,90 €
IVA incluido
Disponible
Editorial:
OQO EDITORA
Año de edición:
2011
Materia
Ybc - albumes ilustrados
ISBN:
978-84-9871-323-7
Páginas:
1
Colección:
O
14,90 €
IVA incluido
Disponible
Añadir a favoritos

Era unha noite sen lúa...

O reloxo daba a UNHA... DONG!

De pronto,
Mateo espertou asustado.
Escoitara un ruído detrás da porta,
onde estaban colgados os abrigos.
Mirou cara a alí,
pero só viu unha sombra...
Abriu moito os ollos, sen pestanexar,
e a sombra transformouse nun... MONSTRO!

En A min non me comas!, Margarita del Mazo inspirouse nas súas propias vivencias, concretamente no desacougo que lle producía a escuridade cando era pequena. Neste álbum, os nenos amedrentados por este ou outros temores poderán comprobar, aliviados, que non son os únicos para quen as sombras se converten en famentos monstros, tal e como lle sucede ao protagonista.

"Foi sinxelo escribir esta historia. Só tiven que recordarme escondida baixo as sabas, chamando pola miña nai, heroica espantadora de monstros e doce gardiá dos meus soños", admite con cariño a tamén autora dos textos de Mosquito e A máscara do león.

Os medos infantís forman parte da evolución e, consecuentemente, adoitan desaparecer a medida que os nenos medran. Nesta superación xogan un papel importante os contos protagonizados por monstros, bruxas ou seres terribles. Deste xeito, os temores toman forma e personalízanse, o que axuda a vencelos. En todo caso, nesta vitoria, os pais sempre teñen unha función relevante.

Mateo só se atreve a confesarlle a súa nai o que lle ocorre, xa que, ata o momento, recorreu a artimañas e convenceu con elas o seu can, o seu irmán e a súa tía para que durmisen con el. Un recurso habitual entre os pequenos, ante o temor a sentirse ridiculizados.

-Teño medo, mamá.
Detrás da porta hai un monstro vermello
que me quere comer.

-Acouga, Mateo. Quedarei contigo,
pero os monstros non existen.

Tanto a protección excesiva como facer que os fillos se sintan covardes son actitudes que poden enquistar o problema e acentuar o medo. A nai de Mateo no se burla del: dálle confianza e comprensión. Así, finalmente, atreverase a encarar o monstro terrible e vermello, do que lograra liberarse durante toda a noite, ofrecéndolle astutamente a todos os seus acompañantes para evitar que o comeran.

Margarita del Mazo crea un personaxe descarado e astuto, que xera no lector simpatía e complicidade, que se transformará en tenrura e admiración ante a mostra final de valentía.

Non che teño medo, e non es terrible...
Non che teño medo, e non es terrible...
Es un... porcallón!
Devólveme agora mesmo a toda a miña familia...
E non te esquezas do meu osiño!

Vitali Konstantinov deulle forma, a través da imaxe, á angustia do protagonista. Para iso, tivo en conta tres premisas básicas: manter o ritmo da narración; respectar a abstracción do texto no referente ao espazo, para no limitar a imaxinación do lector, e contribuír desde a imaxe a crear un álbum de "medo".

As ilustracións están realizadas con lapis de grafito e lapis de cores claras (branco, marfil e crema) sobre papel vermello.
"Gústame porque constitúe un medio de debuxo espontáneo e inmediato", afirma este artista ucraíno, residente en Alemaña. "Esta técnica tradicional -lémbranos Vitali K.- foi empregada, entre outros, por Durero e Leonardo Da Vinci".

Tras varias probas e experimentos técnicos, o ilustrador decidiu utilizar a cor do monstro como fondo para todo o libro. Con esta elección, salienta a súa aposta por crear un álbum de medo; pero, aínda que o vermello se asocia ao perigo, tamén simboliza paixón, enerxía, fortaleza .... E nada disto lle falta a Mateo para lograr vencer o monstro!

Artículos relacionados

  • OSITO TITO. UN DIA EN EL JARDIN
    DAVIES, BENJI
    Cinco mecanismos aptos para pequeñas garras, una historia rimada y muchísimo que ver, señalar y comentar en esta colección de cuentos interactivos que tiene como protagonista a Osito Tito.Osito Tito es un jardinero de primera. ¿Lo ayudas a regar las flores Acompáñalo a preparar la tierra, plantar semillas y cuidar las plantas con este divertidísimo libro con mecanismos para est...
    Disponible

    8,95 €

  • ZOZO GLOTON
    DOUIN, BRUNO
    A Zozó le encanta comer. Con esos enormes dientes se zampa un conejo de peluche, un dedito del pie ¡y sigue hambriento, el muy glotón! ¡Entonces toca merendar! Un librito de tela muy blandito, achuchable, y hasta un poquito crujiente cuando se manipula. Realmente dan ganas de comérselo Es especial para bebés tragoncetes y también para los más tiquismiquis ¡Un librito delicioso!...
    Disponible

    17,50 €

  • OSITO TITO. ¡SIGUEME! EL ZOO
    DAVIES, BENJI
    ¡Un nuevo título de cartón con 6 fichas deslizantes de la colección de Osito Tito!¡Con Osito Tito en el zoo pásatelo genial, y con las fichas del interior sigue los caminos hasta el final! Osito Tito hoy trabaja en el zoo. Saludará a un cocodrilo que acaba de nacer, e irá a dar una vuelta por el parque a ver lo que hay que hacer.¡Qué día tan emocionante! Descubrirás que trabaja...
    Disponible

    10,95 €

  • OSITO TITO. ¡SIGUEME! LA OBRA
    DAVIES, BENJI
    ¡Un nuevo título de cartón con 6 fichas deslizables de la colección de Osito Tito!¡Con Osito Tito en la obra pásatelo genial, y con las fichas del interior sigue los caminos hasta el final! Osito Tito hoy trabaja como jefe de obra. Subirá al buldócer y realizará su primera maniobra. Luego vaciará el volquete, ¡que se vuelve a llenar en un periquete! Tras un descanso, el equipo ...
    Disponible

    10,95 €

  • SOLO UNA NOCHE
    ANTINORI, ANDREA
    Un hombre sale de su casa y emprende una excursión a la montaña. Sube hasta la cima y luego desciende y acampa para pasar la noche en un bosque. Se mete en su tienda y, a partir de ese momento, comienzan a suceder muchas cosas a su alrededor. ¿Es el bosque un lugar mágico cuando llega la noche, o todos estos personajes y seres fantásticos están en los sueños y la imaginación de...
    Disponible

    16,00 €

  • UN LUGAR PERFECTO
    COUSINS, LUCY
    En Un lugar perfecto acompañamos a cuatro insectos que buscan el lugar ideal para vivir. La abeja necesita flores y la libélula, un pequeño charco. La mariquita quiere hojas verdes y el escarabajo, un árbol en el que poner huevos. Juntos emprenden la búsqueda, pero cada sitio en el que prueban suerte está contaminado o repleto de peligros: un montón de basura, restos de aerosol...
    Disponible

    14,50 €