A LEBRE MECÁNICA

A LEBRE MECÁNICA

COSTAS, LEDICIA

12,95 €
IVA incluido
Disponible
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
2022
Materia
Yf - ficcion e historias reales
ISBN:
978-84-1110-149-3
Páginas:
186
Colección:
FORA DE XOGO
12,95 €
IVA incluido
Disponible
Añadir a favoritos

As cousas entre Nana e Corvo ultimamente non van nada ben. Conseguiran construír un mundo onde compartían todo: películas, música, manga, videoxogos... Non querían separarse nunca. Mais iso era antes. Agora Corvo desaparece durante horas e non conta onde vai. Cando Nana lle pregunta que lle pasa, enfádase. No seu grupo de amigos ninguén comprende que lle sucede. Desde que empezou a ir en serio coas apostas semella outro. O que antes era pura diversión converteuse nun pesadelo. Case sen decatarse, Corvo acaba metido nunha rede de problemas da que semella imposible saír.

Artículos relacionados

  • DILA CROCODILA. SON XENIAL
    ANA GÓMEZ HERNÁNDEZ
    Dila vive xunto aos seus amigos Mapi, Miñoca e as Ovellas en Brañavella, un lugar minúsculo onde teñen lugar aventuras MAIÚSCULAS. En SON XENIAL!, Dila e os seus amigos aprenderán que todos podemos ter un talento, aquilo que se nos dá ben facer e co que se nos pasa o tempo voando. ...
    Disponible

    13,95 €

  • DILA CROCODILA. ESPREMER OS MIOLOS
    ANA GÓMEZ HERNÁNDEZ
    Dila vive xunto aos seus amigos Mapi, Miñoca e as Ovellas en Brañavella, un lugar minúsculo onde teñen lugar aventuras MAIÚSCULAS. En ESPREMER OS MIOLOS (volumen 1), Drila e os seus amigos aprenderán que, para resolver calquera problema, o mellor é pararse a pensar(espremer os miolos) e atopar a mellor solución. E tamén que, pensando en equipo, sempre saen as cousas mellor! ...
    Disponible

    13,95 €

  • OUTEIRO DO AMIEIRO, O
    LERTXUNDI, ANJEL
    O protagonista desta novela quere coñecer o mundo, viaxar dun lado cara a outro, gozar das paisaxes e cidades máis fermosas, e non é que sexa moi raro, moitos libros falan disto. Pero o protagonista desta novela non é unha persoa coma ti ou coma min. Non é nin sequera un rato ou un golfiño. Trátase dun amieiro, unha simple árbore. E unha árbore teno moi complicado para ir polo ...
    Disponible

    14,70 €

  • LOS BICHOS VAN AL COLE, 3. ¡CARAMBA! ¿DE QUIÉN SON LAS GAFAS?
    ISERN, SUSANNA
    "Los bichos van al cole" es una colección llena de humor y aventuras.Con letra mayúscula y texto rimado, es ideal para que los niñosaprendan a leer. ...
    Disponible

    6,95 €

  • ÍCARAS
    LABRAÑA, CARLOS
    Premio O Facho de teatro infantil 2022 Lía garda un segredo, a súa nai fíxolle unhas ás con plumas de cores, pero non lle ensinou a voar. Ana, unha estudante universitaria que traballa na hamburguesaría do barrio, nin sequera ten ás. Nun anoitecer, vanse cruzar os seus camiños e descubrirán que hai máis cousas que as achegan, que aquelas que as separan. Indo xuntas, serán capac...
    Disponible

    11,50 €

  • A MÁQUINA DE FACER CONTOS
    GÓMEZ, RICARDO
    Á cidade chegou unha máquina capaz de escribir e ilustrar contos adaptados aos gustos e necesidades de pequenos e maiores. Pero non todo o mundo parece contento co invento. Celeste, a protagonista, non tarda en anticipar algúns problemas e pronto descubrirá que a máquina esconde unha conspiración que ameaza con estenderse polo país e o mundo enteiro. Terá que botar man dos seus...
    Disponible

    15,95 €

Otros libros del autor

  • PEL DE CORDEIRO
    COSTAS, LEDICIA
    Catarina pertence a unha estirpe de bruxas. Herda da súa avoa o oficio e afonda nos segredos das plantas medicinais. Críase nunha consulta demencial, onde acoden enfermos con todo tipo de doenzas. Nos últimos anos da Inquisición, no medio da fame e a miseria, elas son o máis semellante a un doutor que existe en Merlo, pero cunha diferenza: son necesarias pero tamén odiadas. Lol...
    Disponible

    19,50 €

  • SETE DENTES DE LEÓN
    COSTAS, LEDICIA
    Esta historia sucedeu cando o mundo era gris. A vella tivo sete soños durante sete noites e naceron sete dentes de león que acenderon o mundo. ...
    Disponible

    13,95 €

  • UN ANIMAL CHAMADO NEBOA
    COSTAS, LEDICIA
    A capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se pode medir. Tampouco o grao de maldade que pode chegar a concibir o ser humano. É en situacións límite cando as persoas sacan a relucir comportamentos insólitos, para ben e para mal. No escenario da II Guerra Mundial tiveron lugar episodios tan estarrecedores e crueis que algúns deles resultan imposibles de dixerir....
    Disponible

    19,50 €

  • ULTRALUZ
    COSTAS, LEDICIA
    «Ultraluz» é un bosque que alberga as criaturas máis escuras. O universo particular da autora estoupa nestes versos onde a infancia se abre paso entre a fantasía, o asombro e a morte. Con esta obra, Ledicia Costas gañou o XX Premio Afundación de poesía. ...
    Disponible

    12,95 €

  • A SEÑORITA BUBBLE. DEUS SALVE AS RAÍÑAS
    COSTAS, LEDICIA
    A señorita Bubble recibe unha carta de Isabel II e ten que viaxar de inmediato ao Palacio de Buckingham. A raíña está en problemas: hai unha invasión de ratas na cidade de Londres. Conseguiron entrar no palacio e roubaron unha das pezas máis valiosas da colección de Isabel II. Os roedores actúan baixo as ordes de Jack White, un cazador de ratas que conseguiu adestralas coa inte...
    Disponible

    12,95 €

  • AI, QUE RISA! OS MINIMORTOS
    COSTAS, LEDICIA
    O oso Penoso non está a pasar o seu mellor momento. Nunca foi a alma da festa, pero agora está triste de verdade. Para tentar animalo, os Minimortos deciden multar a todos os habitantes do Outro Barrio que digan cousas que sexan o contrario de alegres. A pesar de todas as multas, Penoso segue sen levantar cabeza. Teñen que facer algo máis. A Pochiña ocórreselle unha idea: organ...
    Disponible

    13,50 €