A COCIÑEIRA DO REI

A COCIÑEIRA DO REI

SOLEDAD FELLOZA SANDRA DE LA PRADA

14,04 €
IVA incluido
Consultar disponibilidad
Editorial:
OQO EDITORA
Año de edición:
2014
ISBN:
978-84-9871-501-9
Páginas:
36
14,04 €
IVA incluido
Consultar disponibilidad
Añadir a favoritos

O rei tiña unha pena como unha nube negra,
que non o deixaba pensar.
E, cando un non pensa, todo sae mal:
as estradas tórcense, as pontes caen,
os barcos perden as mercadorías?
Os secretarios chegaban a palacio,
un día si e outro tamén,
coas carteiras cheas de problemas;
pero, da cabeza do rei,
non saía nada de nada.

A un rei apesarado os problemas chóvenlle por todas partes. Logo de observalo con atención, unha comisión de sabios resolve que lle convén cambiar de hábitos: pasear, facer exercicio pero, ante todo, cambiar de dieta. A falta dun bo chef, optan por convocar o posto e cubrir a vacante.

Coas súas mellores receitas, preséntanse en palacio cociñeiros de todos os lugares. E tamén Mencía, unha cociñeira decidida que, malia ter visto que no bando poñía claramente que buscaban un cociñeirO, non se acovarda e, botando man do recetario da súa avóa, que contén un segredo moi particular, elabora un menú que chega directo ao corazón do rei. Cal pode ser o segredo?, pregúntanse todos...

O ben feito sempre é de proveito, pero se ademais, é aderezado con ilusión, agarimo e alegría, difícilmente pode saír mal.
Este é un dos segredos de Mencía e a mensaxe optimista que nos transmite esta historia, creada por Soledad Felloza. A contadora uruguaia, afincada en Galicia, foi a gañadora do Premio de Narración Oral COCIÑA DE CONTOS, no que participaron contadores de España, Portugal e Polonia.

A cociñeira do rei mergúllanos nun mundo de cores, sabores e olores característicos da cociña tradicional, a que
se fai a lume manso, con amor e produtos frescos, da terra. Pero, da man de Mencía, descubrimos tamén o valor
da pequenas cousas, do cotiá, xa que ela é capaz de elaborar manxares exquisitos baseados na sinxeleza dos
seus ingredientes. Tamén fala dos afectos, de deixar una pegada de nós naquelo facemos. Así, Mencía non pon
só o coñecemento da receita, senón tamén o mimo, o coidado, o seu corazón.

Sandra da Prada intentou coa imaxe plasmar todo un mundo de sabores e aromas, ofrecendo unha proposta plástica chea de frescura e de cor. A través dunhas imaxes limpas e luminosas podemos seguir as andanzas desta pequena roxa que logra converterse, en contra todo pronóstico, en cociñeira do rei.

A ilustradora catalá reforza o caracter desenfadado da moza coa cor da roupa: ?Mencía leva un vestido fucsia porque é unha cor moi alegre e á vez moi gorentosa. A mestura deste co cabelo roxo e a súa pequena estatura pareceume que a facían máis rebuldeira e decidida, que é como a vía. As formas redondeadas do vestido axudáronme a darlle dinamismo e movemento.?

Para enfatizar o ton humorístico do conto, acompañan a Mencía dous gatos que, en palabras da ilustradora, ?aínda que non saen no texto, conseguen facerse case tan protagonistas como ela: axúdana, fan trasnadas, participan da historia...?.

Tanto na narración escrita como na proposta plástica, a natureza cobra un protagonismo especial: vasos con flores, plantas aromáticas... Dase a entender, pois, a importancia da natureza como fonte de inspiración de moitas receitas tradicionais.

Unha historia que desborda optimismo polos catro costados e que nos ensina a valorar a cociña, non só como base da nosa cultura, senon como parte da nosa vida e das nosas emocións.

Artículos relacionados

  • HOGARES DE LOS ANIMALES EN EL BOSQUE
    Ven con nosotros en un viaje por el bosque y aprende sobre lascriaturas que viven ahí y sus hogares. Dondequiera que miresencontrarás animales amistosos. ¿Quién vive en el hueco de un árbol?¿De quién es ese nido escondido entre la hojarasca? ¡Tendrás diversión a raudales con estos fantásticos dibujos tridimensionales! ...
    Disponible

    10,90 €

  • LA INFANCIA DE PERSONAS CELEBRES
    ¿podrías adivinar la identidad de varias personas famosas a partir dealgunas pistas de su infancia? Hay 25 celebridades esperando que lasdescubras: gobernantes, inventores, músicos, científicos,... Cada unade ellas te conducirá a su infancia, cómo rean las cosas de aquelentonces, con qué juguetes se divertían, pero no te relvelaránfácilmente sus nombres. Tendrás que seguir las ...
    Disponible

    13,90 €

  • LA CAJA DE MUSICA. 3. EN BUSCA DE LOS ORIGENES
    COURTNEY CARBONE
    Al volver del colegio, Nola siente una extraña presencia en casa. ¿Qué ocurre? ¿Alguien ha entrado en el Hexomundo? Pero eso es imposible, ínadie puede cruzar el portal! Deben de ser imaginaciones suyasà Sin embargo, la caja de música se ha activado y de ella sale un grupo de Pandorientales con cara de pocos amigos. ¿Por qué buscan un lugar llamado 'Pandoccidente'? ¿Adónde se d...
    Disponible

    16,95 €

  • EL CAMINO DE LA FELICIDAD
    JORGE BUCAY
    Una invitación a plantearse una manera propia de vivir y a centrarse en encontrar la felicidad.La autodependencia, el amor, el dolor y la felicidad son los cuatro caminos que, según Jorge Bucay, conducen a la plenitud del ser humano, cuatro trayectos que cada uno ha de recorrer desde su experiencia personal y a su propio ritmo.En El camino de la felicidad, Bucay nos habla de ...
    Disponible

    9,95 €

  • MONSTER HUNTER EPIC 1
    FUSE
    NUEVA SERIE DEL POPULAR UNIVERSO DE MONSTER HUNTER Desde que era niño, el sueño de Yamato era convertirse en cazador de monstruos como su admirado Kuja, por lo que se entrena día tras día. Cuando por fin se ve preparado abandona su pueblo en busca de aventuras ípara convertirse en el mejor cazador de monstruos de todos los tiempos! ...
    Disponible

    8,50 €

  • THE PROMISED NEVERLAND 9
    SHIRAI, KAIU
    CUANDO CREÍAN QUE HABÍAN ENCONTRADO UN REFUGIO SEGURO... Emma ha sido conducida por Lucas hasta la habitación secreta de Goldy Pond y, una vez allí, consigue abrir la cerradura de la puerta que tantísimo tiempo lleva cerrada. í¿Serán por fin reveladas las verdaderas intenciones de William Minerva?! ...
    Disponible

    8,00 €