MCCARTHY / FRUITOS
«A brea de avelaíñas» é unha obra sobre o cambio climático
na que o prestixioso ambientalista Michael McCarthy combina
lembranzas, anécdotas e datos rigorosos enfocados á urxencia
de frear a perda de biodiversidade. A diferenza doutros libros
de temática ambiental centrados na información numérica,
este manifesto bebe directamente da memoria conmovedora
do autor cando, sendo un neno, xurdiu nel a adoración
polos paxaros, as bolboretas