Búsqueda de Editorial : XERAIS / Colección : UNIVERSITARIA

8 resultados

  • O LIBRO NEGRO DA LINGUA GALEGA
    CALLÓN, CARLOS
    Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos. Nas súas páxinas abordamos a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 até 1980: vareadas, de xeonllos sobre garavanzos, pedras nos petos, o méto...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    26,95 €

  • A DEFUNCIÓN DOS SEXOS
    FERRÁNDEZ PÉREZ, DANIELA
    A defunción dos sexos: disidentes sexuais na Galiza contemporánea é un libro divulgativo que recompila historias e memorias de persoas que viviron alén da norma sexual na Galiza dos últimos cento cincuenta anos. A través de fontes de arquivo e xornalísticas reflexiónase sobre algúns dos itinerarios que estas persoas tiveron que percorrer e o seu enfrontamento co xugo dunha sexu...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    19,50 €

  • DE PROVINCIA A NACION
    BERAMENDI, JUSTO
    De Provincia a nación. Historia do galeguismo político é unha investigación sistemática da natureza e evolución dos movementos sociopolíticos de reivindicación de Galicia como suxeito político de seu dende as súas primeiras manifestacións individuais no século XVIII até a actualidade. O tratamento do provincialismo, do rexurdimento e do rexionalismo do século XIX, e máis aínda ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    54,95 €

  • CÓNTAME UN CONTO CUÁNTICO
    LAMELAS, JUANJO
    Neste libro, Juanjo Lamelas explica a física cuántica coma se fose un conto. E para facilitar a comprensión válese dun protagonista chamado Electroncio, unha partícula elemental que aproveita as súas propiedades de ente cuántico para relatar dende dentro o estraño mundo no que vive. Grazas a ela, o autor cóntanos como transcorreron as cousas dende os albores da historia ata o p...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    19,95 €

  • O REINO MEDIEVAL DE GALICIA
    ANDRADE CERNADAS, XOSÉ MIGUEL / LÓPEZ CARREIRA, AN
    Presentado como preocupación dalgúns historiadores galegos, ou como cuestion escura e marxinal propia de especialistas, o certo é que o vello Reino medieval de Galicia tivo unha entidade histórica real entre o século V e os comezos do século XIII. Chegou a estenderse dende o Atlántico até as terras da actual Cantabria e dende o Cantábrico até as beiras do río Douro. Así o recoñ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    18,95 €

  • REXURDIMENTO, A PALABRA E A IDEA
    ANGUEIRA, ANXO
    «Rexurdimento: a palabra e a idea» repensa e cuestiona o modelo historiográfico vixente que se lle vén aplicando tanto á literatura do XIX como en xeral á historia cultural e política galega contemporánea. Para iso estúdase a xénese do modelo historiográfico que está detrás do concepto (a «Renaissance» de Jules Michelet), así como a evolución e cronoloxía da palabra «rexurdimen...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    26,95 €

  • XEOGRAFÍA DE GALICIA
    PIÑEIRA MANTIÑÁN, MARÍA JOSÉ / SANTOS SOLLA, XOSÉ MANUEL
    Xeografía de Galicia afonda nunha ampla visión do país desde a perspectiva da análise territorial, partindo dun enfoque integral no que se investiga a complexa realidade que caracteriza as sociedades actuais cunha óptica xeográfica. Nesta obra abórdanse cuestións clásicas como as que fan referencia aos sectores da pesca, da agricultura, da poboación ou do comercio... pero tamén...
    Consultar disponibilidad

    41,95 €

  • UXÍO NOVONEYRA, REVISITADO
    GARCÍA FERNÁNDEZ, XOSÉ LOIS
    Uxío Novoneyra. Revisitado constitúe un testemuño excepcional sobre a vida, a obra e o pensamento de Uxío Novoneyra escrito por un dos que foron os seus mellores amigos e un dos máis destacados especialistas na súa obra: Xosé Lois García. Desde unha ollada privilexiada arredor do poeta do Courel e o seu contexto, o autor vai pasando revista á concepción do universo poético de ...
    Descatalogado

    17,60 €