Búsqueda de Editorial : XERAIS / Colección : NARRATIVA

204 resultados

  • O ESTRANXEIRO
    ALONSO, ÁLEX
    Nun dos seus ires e vires polas rúas de Vigo, Manuel María Pereira Nespereira acaba coa vida dun home nos servizos da estación de autobuses da cidade mediante o infalible método de meterlle a cabeza dentro dunha bolsa de plástico do Mercadona. Tras a súa detención, dá comezo un delirante xuízo no que o acusado trata de xustificar a súa criminosa acción. Unha obra que se move no...
    Disponible

    17,50 €

  • XA VEMOS PALMEIRAS
    CABALEIRO, ANA
    Vinte persoas descoñecidas van pasar unha fin de ano ao deserto de Merzouga, no Sáhara marroquí, nunha unha viaxe organizada que atravesa o país. Non é máis ca unha viaxe ordinaria que calquera podería facer cun todo terreo e cun simple mapa, pero acabará por converterse nunha viaxe singular, liderada por un guía fumado e dous condutores bérberes esquivos. Desa experiencia, unh...
    Disponible

    17,50 €

  • O LIBRO E O TAPIZ
    PAZ, XABIER
    Entre os séculos XI e XII as figuras da raíña Urraca I e do arcebispo Diego Xelmírez enchen un tempo decisivo na nosa historia. Daquela, Galiza foi resgardo seguro da cristiandade ibérica, lugar onde se criaban os fillos dos reis. Nesta novela de Xabier Paz, ademais dos sucesos históricos e dos personaxes creados pola historiografía dominante, asoman os seres humanos que só a l...
    Disponible

    19,50 €

  • UNHA SACA DE PATACAS
    COIMBRA, FRANCISCO
    Unha muller galega desembarca no porto de Macau cunha saca chea de patacas. Vai visitar a súa sobriña e lévallas como agasallo de Galicia, pero o que ela descoñece é que a moeda de curso legal nesa rexión chinesa tamén recibe o nome de pataca. Entre os garduños do lugar, que viven de depenar turistas nos casinos macaenses, axiña comeza a correr o rumor dunha rica estranxeira, a...
    Disponible

    18,50 €

  • O QUE ME QUEDABA POR DICIRCHE
    MANCEBO, ALBERTO
    A vida de Xoán transcorre nunha especie de entresoño que o obriga a manter unha relación dificultosa e estraña co mundo que o rodea. A súa inusitada beleza, na que todos reparan, e as experiencias que percibe cando adormece, convérteno nun mozo tan peculiar coma a súa familia. Ao pouco de coñecer a Paula, decidida, madura e cunha marcada historia, Xoán descobre unha calma que p...
    Disponible

    17,95 €

  • PERDER AS BESTAS
    VEIGA TABOADA, MANUEL
    A acción transcorre nunha comarca preto da fronteira. As partidas de guerrilleiros comezan a reagruparse coa esperanza de que o final do nazismo sexa tamén o final da ditadura. O goberno organiza entón as chamadas contrapartidas, formadas por gardas e exmilitares, que actúan baixo falsa bandeira coa finalidade de sementar o terror e desprestixiar os seus adversarios. Acompañamo...
    Disponible

    16,95 €

  • O ANO DAS MAZÁS
    FERREIRA FERVENZA, MONTSERRAT
    É o tempo da posguerra, tempo de miseria, tempo de desacougo. Os rapaces rabuñaban no lixo das casas ricas para apañar as mondas das patacas, que logo fervían e comían con ansia. Agora, nin iso, xa non hai mondas porque os ricos nos as tiran, gárdanas para cear cun chisco de aceite. Non é así en Vilaveiga -unha aldea morriñenta de montaña-, onde teñen mazás a rego cheo para dar...
    Disponible

    19,50 €

  • COA MAN ESQUERDA
    QUIROGA, XABIER
    En Lisboa, fronte á foz do Texo, un escritor retirado recibe un sobre que contén unha nota e un cartafol cheo de follas atropeladamente manuscritas. Nelas, un vello moribundo que moraba nunha residencia de anciáns asolada pola pandemia conta os desacougantes sucesos que viviu sendo neno na súa casa afastada da aldea e que o marcaron para sempre. Esa especie de confesión ou lega...
    Disponible

    17,95 €

  • MIÑO
    DEL CAÑO, XOSÉ MANUEL
    Na antoloxía «Miño», que xorde dunha iniciativa da asociación Amigos do Libro Galego/Artes e Le-tras, coordinada polo xornalista Xosé Manuel del Caño, recóllense 38 relatos que conforman unha visión xeral do estado da narrativa galega actual. Como escribe Rexina Vega no limiar que dá entrada á obra, os textos achegados polas autoras e autores amosan «a enorme diversidade e cali...
    Disponible

    24,95 €

  • VIVA A COMUNA!
    MEIXIDE, CARLOS
    «Viva a Comuna!» é a crónica novelada dos sucesos que rodearon a proclamación e a derrota da Comuna de París na primavera de 1871. É a historia dunha revolución, o relato da toma do poder por parte das clases populares dunha cidade que naquela altura era o epicentro da modernidade. Novela de longo alento, ambiciosa e emocionante, nas súas páxinas cobran vida personaxes irrepeti...
    Disponible

    24,50 €

  • A MULLER XABARIL
    CASALDERREY, FINA
    Ninguén sabía os motivos polos que unha moza de refinado encanto e elevada altura, tanto física coma intelectual, se fora convertendo nun repulsivo esperpento, nun animal. A Muller Xabaril percorría o mundo cun saco ao lombo e nel, ademais de quincallas do seu cotián vagabundo, levaba libros. Deambulaba acompañada do Luís, o seu can e fiel escudeiro. O relato de Ramiro, envolto...
    Disponible

    18,95 €

  • VÉMONOS MAÑÁ
    MONTEAGUDO, XOSÉ
    A finais de xuño de 1986 Bibiano sae de México para regresar a Galicia, a súa terra natal, que non pisa desde hai medio século. Ese mesmo día, Josefina, a muller coa que casara en 1929, lembra na súa casa de Pontevedra a felicidade e os dramas da súa xuventude. Agora pretende velo para oír dos seus labios as explicacións que leva demasiado tempo agardando. «Vémonos mañá» é o re...
    Disponible

    18,95 €

  • LOBOS DOENTES
    TIZÓN, ANTONIO
    Ao pé da Torre de Hércules aparece o cadáver dun home que agocha na chaqueta o logotipo dunha bandeira rusa e o enderezo de tres prostíbulos. Este será o primeiro dunha serie de crimes que remiten a diferentes autorías que semellan ter un só punto en común: a aplicación da lei do talión. Esta novela, na que o policía Sánchez Pereiro se transforma noutro dos moitos lobos e lobas...
    Disponible

    19,95 €

  • A CULPA
    SOLAR, MARÍA
    Cada seis meses, coma un cravo, os empregados dunha pequena sucursal bancaria reciben a visita desagradable da señora Gondar, unha muller de aspecto miserable e cun fedor corporal insoportable que controla ata o mínimo detalle as súas contas millonarias. Amanda, unha novísima empregada da oficina, aténdea unha soa vez. Un mes despois do encontro, a señora Gondar falece e Amanda...
    Disponible

    18,50 €

  • ETCETERAMENTE
    DE TORO, XELÍS
    Páxinas en branco, capítulos que faltan, unha lectora que se rebela, un escritor ansioso por escribir unha obra sublime, un periplo polo trasmundo interior, rebeldes contra a especulación urbanística e revolucionarios á busca do escritor, cartas a un escritor morto, a directora dunha editorial a quen non lle dan as contas, un pauto co demo, unha seita literaria que se rexe polo...
    Disponible

    24,50 €

  • A MONTAÑA DO POETA
    REXES, LIONEL
    É pouco coñecido o vínculo do escritor Antonio Noriega Varela, alcumado «O poeta da montaña», cunha vetusta construción situada no Alfoz do Castrodouro. Deste feito real parte unha ficción absolutamente contemporánea, unha trama que recrea o ocaso dun rural onde a mocidade loita por atopar oco e onde os anciáns, acompañados dos seus cans, matan o tempo morto legando a bagaxe da...
    Disponible

    17,50 €

  • O TRADUTOR DE SOMBRAS
    FUENTES, MONCHA
    Con «O tradutor de sombras», volve a narrativa singular da escritora Moncha Fuentes á actualidade para arrastrar o lector nunha novela hipnótica que comeza en Ourense e remata en Vigo pouco antes do inicio da pandemia. Entre a realidade e a desmesura, Roque Corbal procura no alcohol e na tradución un refuxio contra as súas propias pantasmas. Ao longo da súa crise interior, irá ...
    Disponible

    17,50 €

  • 10.000 MILLAS DE ANDAR NA BICI
    CID, XABIER
    Entre 2018 e 2020, a protagonista deste libro repartiu comida polas rúas de Glasgow e outras cidades escocesas enriba dunha bicicleta tradicional (non das eléctricas, vaia). Nestas páxinas conta, brevemente, o que viu e o que cavilou neses 17 000 km enriba da bici, pedaleando polas rúas e biceiras dunha illa que se derruba. ...
    Disponible

    17,95 €

  • CANDO OS LOBOS ESCOITABAN A RADIO
    BOUZAS, PEMÓN
    En 1950, once anos despois da súa estrea mundial, chegaba aos cines españois a película «Foise co vento». A sociedade española, esfarelada polos desastres da guerra, pola pobreza e pola fame, andaba na procura da supervivencia na nova normalidade implantada polos vencedores, once anos despois de rematada a contenda. Porén, movéndose por un territorio indómito no que a paisaxe ...
    Disponible

    17,95 €

  • UNHA RAPAZA DE PROVINCIAS
    F. SANTOMÉ, CECILIA
    1979. Carrexando unha maleta cargada de entusiasmo, Carmen chega a unha Barcelona vibrante, moderna e chea de contrastes para pasar o verán. Coa súa irmá Pilar e o seu cuñado Gabino como guías, descubrirá os paseos polas Ramblas, os almorzos no ultramarinos do barrio, as expedicións ao SEPU, as tardes dos sábados no parque. Dunha punta a outra da cidade, daranlle a coñecer aque...
    Disponible

    16,50 €

  • O CERVO E A SOMBRA
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Mateo, o protagonista desta vibrante e conmovedora novela de Diego Ameixeiras, tenta saír adiante vendendo cocaína e deixándose enredar polos estraños negocios que lle ofrece Silvio, o seu mellor cliente e un vello amigo co que se sente en débeda. Ao mesmo tempo, mentres se esforza en superar a morte dos pais nun accidente de tráfico, ocúpase de atender a Eulalia, unha mestra x...
    Disponible

    17,95 €

  • A BARCELONESA
    PAZ, XABIER
    En «A Barcelonesa» a morte desencadea a narración. Un edifico notable, que liga a montaña luguesa coa Habana, coa Mariña e coa cidade da Coruña, atravesa tres xeracións como testemuña dos seus avatares e define o espazo vital de avós, pais e fillos. Nesta novela tan persoal, Xabier Paz reconstrúe, coa súa habitual vocación estilística, os case cen anos de tensión entre a vida f...
    Disponible

    18,50 €

  • SIBILA
    ANEIROS, ROSA
    É noite, a marea vai para arriba e chove a esmadrasar cando unha muller penetra ás agochadas nunha illa practicamente inexpugnable na boca da ría. É a neta da Rubia, a tola do argazo. A filla da expulsada. Sibila regresa ao lugar en que foi animal sen domesticar nun tempo en que todo foi seu. Agora nada ten agás a encarga dunha misión que cumprir e a terrible certeza de que lle...
    Disponible

    17,95 €

  • COIDADORA
    MARCO, MARÍA
    A novela «Coidadora», de María Marco, Premio Xerais 2020, descóbrenos unha nova e orixinal autora que aborda un tema de enorme actualidade: o das coidadoras. Os coidados signifícanse como a expresión máis radical da disidencia, como un acto político, revolucionario e antiprodutivista capaz de desconcertar o capitalismo. A través dun relato poliédrico, a personaxe principal coné...
    Disponible

    18,50 €

  • NUS
    GAGO, MANUEL
    Na madurez, Toño Figueroa, descendente da última aristocracia do país, mantén unha dobre vida na intimidade da súa memoria. Lembra a diario as súas primeiras veces e habita sen descanso a pasada mocidade: o sexo, as grandes mentiras familiares, os trens que se foron perdendo. Móvese con cinismo e incredulidade no convulso ambiente político da Galicia do posfranquismo; a súa con...
    Disponible

    20,95 €

  • UN SEÑOR ELEGANTE
    TORO, SUSO DE
    A familia Baltar atesoura un sorprendente patrimonio cultural e humano. Atraído polo insólito perfil dalgún dos seus membros, o escritor Suso de Toro realiza unha indagación para reconstruír a historia dunha familia que, en distintos momentos, protexe a Rosalía de Castro e Murguía e logo á familia Castelao ou a Dieste. Tras manexar materiais froito dun intensísimo traballo de d...
    Disponible

    24,95 €

  • UN LUME AZUL
    FEIJOO, PEDRO
    Esta novela é a historia dos corpos sen vida. Unha trama de suspense que nos arrastra ata posuírnos, da que é preferible non saber nada previamente, mesmo evitando que ninguén nos desvele nada sobre ela, e gardar para nós o pracer de descubrir, de golpe, cal é a verdadeira historia que aquí se agocha. Dura, por veces mesmo violenta, pero tamén emotiva e, sobre todo, imprevisibl...
    Disponible

    24,95 €

  • INFAMIA
    COSTAS, LEDICIA
    Emma Cruz é avogada e profesora de Dereito Penal. Trasládase a Merlo para impartir clases na Universidade, sen saber que ese lugar está marcado pola desgraza. A súa chegada coincide co 25 aniversario da desaparición das irmás Giraud, dúas nenas ás que semella que tragou a terra. Emma axiña descubrirá que os habitantes de Merlo gardan segredos inconfesables, algúns deles imposib...
    Disponible

    19,50 €

  • O EXÉRCITO DE FUME
    GAGO, MANUEL
    Principios de 1942. Galicia vive dúas guerras ocultas ao tempo. Na costa, nazis e aliados combaten no mar e nos portos polo dominio do Atlántico. No interior, a resistencia enfróntase teimuda ao poder de Franco. Ata que todo se cruza. Unha mestra recibe o seu primeiro destino nunha distante aldea da Costa da Morte. Un guerrilleiro de sona acepta a misión máis perigosa. E un pin...
    Disponible

    22,50 €

  • FÓRA DE SI
    DE TORO, SUSO
    Tras visitar o seu pai na residencia, o neurocirurxián Ricardo Marzoa está sobrepasado, fóra de si, pésalle en exceso todo o que leva ao lombo: moitos anos, moitas vidas que pasaron polas súas mans e, tamén, algunha morte recente. Está atravesando un mome ...
    Disponible

    17,95 €


01 02 03 04 05 06 07